Os paros e concentracións que estaban convocados para mañá na empresa do telemarketing EXTEL na Coruña quedaron desconvocados logo de acadarse, na reunión de hoxe entre o Comité e a Empresa, un acordo que mellora as condicións laborais dos traballadores e traballadoras afectadas polo peche do departamento de Retención Xenérica Pymes.
A CGT, como o resto de sindicatos presentes no Comité de Empresa, agradece o apoio prestado polos traballadores e traballadoras coa súa salientable participación nas mobilizacións convocadas. Unha vez máis, grazas á mobilización de todos e todas, se ten conseguido facer que a empresa se teña que sentar a dialogar e se logre acadar un acordo que mellora as condicións que se nos tiñan imposto a moitos dos traballadores e traballadoras.
Sección Sindical da CGT en EXTEL na Coruña
Máis información: Blog da CGT en EXTEL