Os traballadores e traballadoras afectados polo convenio provincial da limpeza de edificios e locais da provincia de Pontevedra non saen de súa sorpresa. Cada vez que Rosa (UGT), Tránsito (CIG) e Violeta (CCOO) se xuntan algo impredecible pode pasar. Primeiro foi a marabilla de preacordo a que chegaron en maio (tan lamentable foi que nin se puxeron dacordo no que dicía), e agora pretenden tapar a súa incompetencia convocando nada máis e nada menos que unha folga indefinida no sector. Pero que oculta este novo exercicio de irresponsabilidade? En primeiro lugar ninguén pode negar que a acción sindical de CGT no sector da limpeza basease fundamentalmente na movilización (aí están os conflictos, gañados pola mobilización no metro de Madrid, en Barcelona ou en Sevilla neste ano 2008). Unha vez sentada esta premisa pasemos a analizar a convocatoria de folga que se lles propón aos traballadores e traballadoras:

1. Cando, onde, e quen convocou aos traballadores e traballadoras para que decidiran algo tan importante como unha folga indefinida? Ninguén. Así esta convocatoria de folga sae das cúpulas sindicais sen ter en conta a opinión dos traballadores/as. Hai que ter en conta que si a opinión dos traballadores e traballadoras, que son os que ao fin e ao cabo van hacer a folga, é importante nunha folga dunha xornada, que se pode decir dunha folga indefinida. é máis como se enteraron os protagonistas da folga da súa convocatoria? Pola prensa. Lamentable. Faise un chamamento á posta en práctica da arma máis importante que teñen os traballadores fronte a patronal este chamamento non só non se lles consulta, senón que se lles comunica a través da prensa. Inaudito. A falla de consulta aos interesados invalida por si sola esta convocatoria.

2. Cales son as necesarias medidas de axitacilón e concienciación previas que se desenvolveron para preparar dun xeito serio a convocatoria dunha folga ifefinida? Ningunha. Que quere decir isto? Está claro, as organizadoras, convocantes da folga non lles preocupa o máis mínimo que ésta sexa un éxito ou un fracaso. Estamos simplemente ante unha xogada táctica que pretende lavar a cara ás eminentes negociadoras do preacordo de maio ante o fiasco que a súa incompatibilidade provocou.

3. A semana pasada as negociadoras e os seus sindicatos (CIG, UGT e CCOO) se enchían a boca ao falar de que coa folga ía quedar paralizada a limpeza na factoria de Citrà¶en. Como cambian as tornas. Cando a CGT se enfrontou á sinatura do preacordo de convenio berreaban a través dos seus panfletos para que as empresas de limpeza de Citrà¶en acadaran un convenio propio. Que lles pasou neste último mes?

4- A folga convocada pretende (so a nivel teórico) lograr que se asine o preacordo de convenio pactado en maio por negociadoras e patronal. Isto é, as negociadoras pretenden embarcar aos traballadores e traballadoras a unha folga indefinida para que se asine un preacordo que nos mellor dos casos é pésimo e no peor é lamentable. outra vez xógase e pretende utilizarse aos traballadores e traballadoras dos sector.

5. Porqué agora unha folga indefinida? Simplemente para esconderse, para facer deixadez da súa responsabilidade na sinatura dun preacordo que nos sindicatos das propias negociadoras é posto como exemplo do que non se debe facer nunca: asinar algo que non se entende.

Por primeira vez nos últimos 20 anos a CGT non vai apoiar unha movilización, porque nin se convoca para defender os intereses dos traballadores, nin se convoca con visos de éxito, nin se convoca por un obxectivo que requira o esforzo que se nos pide, en suma porque non é unha movilización obreira…
Fronte ao sindicalismo de élites, asembleas de traballadores e traballadoras. Fronte as decisións de 3 liberadas, participación obreira. Non á folga dos liberados, que paren elas. Negociación das subas para este ano e novo inicio da negociación do convenio, e aí si falaremos de folga.


Sindicato da Limpeza de Vigo

Comparte esta entrada ...