Hoxe tiveron lugar as eleccións sindicais na empresa de telemarketing Atento, na Coruña. Nestas eleccións se renovaba totalmente o comité de empresa que pasa de estar conformado por 21 delegados e delegadas, a quedar en 17.

Tralo escrutinio, os resultados son os seguintes: a CGT é a segunda candidatura con maior número de votos, aumentando ata os 106, e mantendo os catro delegados/as cos que xa contaba no comité de empresa.

A lista máis votada, con 166 votos, é a de UGT ainda que perde votos e catro dos dez delegados que tiña. Quedan con tres delegados cada unha, as candidaturas de CCOO (que sube un delegado) e CIG (que perde dous delegados). Entra no novo comité, cun único delegado, a candidatura de USO.

Con estes resultados, a CGT recibe un maior respaldo por parte dos traballadores e traballadoras, o que conlevará un maior peso da CGT no Comité. Estos resultados reflicten o bo traballo realizado pola Sección Sindical nos últimos anos.

Parabéns aos compañeiros e compañeiras da sección sindical da CGT en Atento.

CGT A Coruña

Comparte esta entrada ...