A Sección Sindical da CGT en "Bernardo Alfageme, S.A." e as traballadoras desa Empresa en Vilaxoán, na antigua "Conservas Peña, S.A.", decidiron mostrar o seu apoio e solidariedade coas traballadoras de "Conservas Cuca" que hoxe, coma elas, sofren a incertidume do mantemento dos seus postos de traballo

Coñecedoras como son, por experiencia propria, da importancia que ten para a defensa do tecido industrial de Vilagarcía de Arousa a implicación de toda a sociedade da comarca, decidiron participar na manifestación prevista para este venres ás 19 h. en Vilagarcía de Arousa e fan un chamamento para que toda a cidadanía acuda á mesma en apoio das súas compañeiras e para esixir que se manteña a actividade Conserveira en Vilaxoán.

CGT-Arousa

Comparte esta entrada ...