convocatoria asamblea 07/07/2012Convócase unha asamblea xeral do S.O.V. para o Sábado 7 de Xullo as 10:30 h ata 14.00 h e a partir das 16.30h ata remate.
Compañeir@s nestes tempos que estamos a vivir o fusilamento dos dereitos que conquistara a clase obreira sucédense a diario. Estamos a presenciar a implantación dun novo sistema que sepulta o anterior estado, mal chamado, do benestar. Este novo sistema que esta a nacer rebaixa as condicións de vida da maioría da poboación á miseria, escravitude, alienación e inseguridade cotiá. Mais tamén a represión esta a golpear ás persoas e organizacións que argallamos a resistencia. É evidente o avance desta estratexia absolutamente totalitaria.

Agora, que ninguén se equivoque, non se salva nin a veciña do 5º. Estamos tod@s no mesmo saco. Unha vista atrás ensínanos que a clase obreira conquistou dereitos cando se organizou sen xerarquías, de xeito autónomo e asambleario. Sen confundir unha asamblea obreira cunha, mal chamada asamblea, digamos burguesa. Mentres que na asamblea burguesa as decisións tómanse por votacións, con escaso ou ningún debate, descualificando e insultando, e facendo submis@s votantes ás consignas dun líder ou outro; nas asambleas obreiras non existen líderes, cada quen decide por si mesm@, tómanse as decisións mediante o pacto libre entre iguais, sen fuxir do debate respectuoso e construíndo a colectividade humana que avanza nas súas relacións fraternais pese á dureza das condicións inimigas.

A incursión nas asambleas de elementos provocadores ou cun interese alleo á propia asamblea (liderazgo, partidismo político, egoísmo, ansias de poder, ou calquera outro) veu a dar ao traste coas aspiracións liberadoras da clase obreira. O exemplo dos sindicatos maioritarios como CC.OO, UXT, CIG e a súa cada vez máis visíbel impotencia, pese á grande afiliación que teñen, deberíanos bastar.

O anarcosindicalismo e a súa forza liberadora ten demostrado que forma parte da resistencia por un mundo novo coa súa teima do fin da explotación do ser humano polo ser humano. Mais para que ese cambio comece a achegarse necesita da participación activa de toda a afiliación. É a asamblea de toda a afiliación onde se decíde todo. Tamén é a asamblea onde respiramos a nosa fraternidade e avanzamos nas nosas relacións e proxecto liberador e de loita.
Por todo elo e máis chamamos á participación masiva nesta asamblea. Pola nosa parte a CGT vimos de facer un chamado pola súa intención de convocar unha folga xeral para ó próximo outono. Xa é hora de que as nosas reivindicacións e ideas fagámolas tod@s xunt@s, en asamblea para que non se quede todo en palabras polas esquinas da cidade ou os campos.

Orde do día da Asamblea Xeral do SOV

1 Elección de mesa
2 Lectura e aprobación, si procede, da acta anterior
3 Propostas de expulsión por incumprimentos graves de estatutos, congresos, e acordos de Asambleas por parte de afiliados do sindicato, previamente notificados.
4 Información do Pleno de sindicatos de FL de Vigo celebrado o 6 de Xuño de 2012 e propostas para cubrir as secretarías vacantes da F.L.
5 Estado de contas da FL de Vigo e medidas a tomar polos impagos dos gastos común da F.L. por o sindicato de limpezas.
6 Varios

Recibide un fraternal saúdo libertario e anarcosindicalista.

En Vigo a 20/06/2012

Asdo: Manuel López Pardiñas,
Sº Xeral do SOV da CGT de Vigo

Comparte esta entrada ...