As candidaturas da CGT foron as listas mais votadas nas eleccións sindicais que onte se celebraron tanto na empresa do sector do telemarketing Eurocen como en Zara Loxísitica do grupo Inditex, dúas das maiores empresas da cidade.

Na empresa Eurocen, do sector do telemarketing, a lista da CGT foi a candidatura mais votada, obtendo tamén o maior número de delegados, con 8 delegados. Tamén se celebraron votacións para a elección dos membros do comité de empresa de Zara Loxística do Grupo Inditex. Tamén neste caso, a candidatura da CGT foi a lista que obtivo un maior apoio entre os traballadores e traballadoras, resultando elixidos 7 delegados.

Estes resultados amosan o crecemento do apoio entre a clase traballadora a unha acción sindical que enfronta con firmeza os ataques do capital e dos gobernos. Os traballadores e traballadoras teñen apostado con forza pola CGT e por un modelo sindical distinto que, dende o seu carácter asembleario e combativo, seguirá a traballar na defensa dos dereitos da clase obreira apostando pola autoxestión e a solidariedade.

Comparte esta entrada ...