Mañán, 23 de marzo, traballadoras da fábrica de Alfageme en Vilaxoán e a CGT concentraránse diante da Audiencia Provincial de Pontevedra, en defensa do seu posto de traballo e polo tecido industrial conserveiro na Arousa.

Fai cinco anos, en 2007, a Xunta de Galicia o Banco Popular e Novacaixa Banco, acordaron co grupo inmobiliario Promalar que este levara a cabo un monumental "pelotazo" urbanístico e un xigantesco fraude social: Pechar a conserveira Alfageme (propietaria nesa época de catro fábricas, en Vigo, O Grove, Ribadumia e Vilaxoán, que daban traballo a máis de 400 personas) para ‘liberar" ós seus solares do uso industrial que tiñan e dedicalos, principalmente o amplo terreno de Vigo, á especulación urbanística.
Ese fraudulento Plan -a todas luces corrupto e corruptor- foi apoiado, financieira, política e socialmente, polo Banco Popular e a actual Novacaixa Banco e polo goberno da Xunta de Galicia e polas centrais sindicais C.I.G. e U.G.T. O Banco Popular e Novacaixa Banco ‘prestaron" a Promalar máis de 30 millóns de euros, actuando de aval a Xunta de Galicia. CIG e UGT encargabanse de ‘convencer" ós traballadores de Vigo da conveniencia de malvender o seu posto de traballo.
Dende entón ata hoxe pasaron cinco anos. Cinco anos nos que as traballadoras de Alfageme en Vilaxoán e a CGT, realizaron decenas de concentracións, manifestacións e denuncias para denunciar o fraude que se estaba a cometer e que levaría á ruina non so a fábrica de Vigo senon á empresa enteira.
E chegamos a hoxe, marzo de 2012. Agora existe un grupo empresarial, Consorcio, disposto a reiniciar a actividade conserveira nas fábricas de Vilaxoán e Ribadumia, nos térmos esixidos pola CGT: ocupación de toda a plantilla de Alfageme na Arousa, respetando todos os seus dereitos económicos, sociais e laborais. Sen embargo, a última hora, cando xa todo parecía encamiñado para resolverse con ben, a Xunta de Galicia e os Bancos Popular e Novacaixa Banco, coa excusa da lentitude dos procesos xudiciais, bloquean a solución definitiva, ao non poñerse dacordo sobre o procedimento para liberar os avais de máis de 30 millóns de euros pactados en 2007.
Ante estos feitos, a CGT reclama:
Á Xunta de Galicia, que asuma a responsabilidade dos avais que firmaron en 2007 e anos posteriores. Que a existencia dun Informe da Asesoría Xurídica da Xunta que impediría a asunción desa responsabilidade, non é miás que unha burda excusa de mal pagador, peor xestor e irresponsable gobernante.
Ós acreedores bancarios principais (Banco Popular e Novacaixa Banco), que asuman a responsabilidade que lles toca por ter ofrecido préstamos millonarios a un proxecto inmobiliario que arruinaba catro centros de traballo.
Á Audiencia Provincial de Pontevedra, con absoluto respecto á independencia xudicial, que actúe coa celeridade necesaria e impida que se vulneren os dereitos de centos de persoas ao traballo e a unha vida digna; que resolva canto antes o recurso interposto polos propietarios de Alfageme polos créditos e avais, pois unha xustiza tardía e discrecionalmente lenta, non só non é xustiza senón que, en moitos casos, como o actual, impide a solución dos problemas.
Pola continuidade da actividade industrial en Alfageme-Vilaxoán e a defensa dos postos de traballo! Contra o paro, a precariedade e a exclusión social! Pola dignidade da clase traballadora fronte á especulación!

CGT-Arousa

Comparte esta entrada ...