Os Sindicatos e a patronal do sector do metal da provincia de Pontevedra, veñen de firmar as táboas salariais para o ano 2008. estas táboas seguen a sen corrixir as irregularidades denunciadas pola CGT e que obrigaron a una das asinantes a presentar o Conflicto Colectivo.
O artigo 55 do Convenio Provincial do Metal, di textualmente: «O plus de transporte incorporase o salario base en partes proporcionais durante a vixencia deste Convenio, extinguíndose completamente na data 31/12/2008…»
Este era o acordo asinado, mais a hora de levalo a practica reinterpretouse beneficiando a unha das partes, a patronal. En lugar de pasar o plus de transporte proporcionalmente o salario base, foron pasando a cantidade que a patronal determinou.
O incremento do salario base, según o acordado, para o ano 2007 é o IPC mais 1.5% e para o 2008 o IPC mais 1%, mentres co plus de transporte tan so incrementase no IPC. Tendo en conta estes datos neste intre a cada traballador se lle adeuda unha cantidade superior os 44 euros e os eventuais próxima os 47 euros. gracias os nosos representantes, elixidos para velar polos nosos intereses, cada un de nos deixou de percibir unhas 7000 das antigas pesetas.
GRUPO 5 NIVEL A
2007
SALARIO/MES = 1135.99
DEBERÍA COBRAR = 1139.08
2008
SALARIO/MES = 1204.98
DEBERÍA COBARAR = 1205.04
GRUPO 6 NIVEL A
2007
SALARIO/MES = 1050.95
DEBERÍA COBRAR = 1054.03
2008
SALARIO/MES = 1115.51
DEBERÍA COBARAR = 1115.57
CONVOCAMOS A TÓDOLOS TRABALLADORES DO SECTOR A UNA ASAMBLEA INFORMATIVA, O XOVES DÍA 31 DE XANEIRO, AS 19:30 NO LOCAL DO SINDICATO, RÚA URZÁIZ Nº 73 ENTRECHÁN-DEREITA. TELÉFONO 986431476