Desde a súa orixe a Unión Europea é un proxecto económico que busca un mercado europeo unificado e a proxección das súas multinacionais e dos seus capitais cara ao exterior. Agora o noso novo desafío é convertérmonos nunha superpotencia mundial. Para isto necesitamos aumentar o territorio baixo o noso control, o cal, explica a ampliación cara ao este e os acordos de libre comercio que estamos asinando. E ademais, precisamos ser un poder político e militar de primeira orde.
Así, o Tratado de Lisboa persegue:
Reforzar a Unión Europea neoliberal para competir no mundo.
-O crecemento económico é o grande obxetivo da UE (art. 3)
-O principio de competencia aparece como rector da Unión (protocolo nº 6) -A Unión traballará para eliminar os «obstáculos» ao libre comercio mundial (art. 10A e 188B)
-Garántese a libre circulación de capitais (art. 56 e 57-3)
-Ademais, proponse coma obxectivo da Unión a estabilidade de prezos (art. 3), que será o único obxectivo do Banco Central Europeo (art. 108)
-Apóstase pola liberalización e interconexión do mercado enerxético (art. 1176A) -a nova estratexia da Unión (Europa Global: competindo no mundo) persegue «manter a súa competitividade no mercado omundial intensificando o seus esforzos co fin de crear oportunidades para as súas empresas en terceiros países. Para construír empresas fortes a UE tamén deberá crear un entorno máis favorábel ás empresas dentro das súas propias fronteiras». -Os servizos públicos quedan suxeitos ás normas da competencia (art. 86 e 87)
-Xunto ao Tratado, pénsase aprobar a Carta de Dereitos Fundamentais. Aínda que na teoráie é xuridicamente vinculante, na práctica aplicaranse as lexislacións dos países membros. É unha carta neoliberal pois non recoñece o dereito ao traballo nin ao emprego, senón o xenérico «dereito a traballar», ou porque o dereito á seguridade social e aos servizos sociais é substituído polo «dereito de acceso ás prestacións de seguridade social e aos servizos sociais».
-A Carta non será adoptada polo Reino Unido, o cal, abre a porta a unha rebaixa aínda maior dos dereitos fundamentais.
Axilizar a toma de decisións nunha Unión Europea de 27 membros.
-Os países máis ricos (Alemaña, Francia, Reino Unido) terán máis peso mediante o novo sistema de toma de decisións.
-Créase a figura de «Presidente do Consello Europeo e Alto Representante da Unión para Asuntos Exteriores».
-Avánzase na UE a «varias velocidades» na que os menos poderosos terán cada vez menos capacidade de decisión. Isto posibilítase a través da aparición dun maior número de «cooperacións reforzadas» é dicir, ámbitosnos que distintos países poden avanzar. O euro (que non está circulanto entre todos os estados membros) sería un exemplo.
-Redúcense os ámbitos nos que existe dereito de veto polos estados, aínda que estes non chegan á Política Exterior e de Seguridade Común.
-Auméntanse os ámbitos nos que existe dereito de veto polos estados, aínda que estes non chegan á Política Exterior e de Seguridade Común.
-Auméntanse os ámbitos nos que as decisións serán tomadas na UE e non a nivel estatal.
-Aínda que o Parlamento europeo aumentou as súas funcións segue cumprindo un papel subalterno fronte ao Consello e á Comisión, organismos, que manteñen a maioría do poder lexislativo e executivo. A súa vez, o Banco Central Europeo non ten ningún control popular.
-Afírmase a libre circulación da cidadanía europea (art. 18) dentro do marco de peche de fronteiras á inmigración exterior.
-Non obstante, froito das presións da cidadanía, créanse ferramentas novas de participación popular, como son a posibilidade dunha iniciativa cidadá (só sobre a aplicación dos Tratados aprobados, e tras recoller máis dun millón de sinaturas nun número significativo de estados membro (art. 8B) e certa capacidade de veto concedida aos Parlamentos nacionais (art. 33-3).
-Este tratado non se someterá a referendo popular en ningún país, nin sequera entre os que rexeitaron o proxecto de Constitución Europea do que este Tratado é fillo, agás Irlanda por imperativo legal.
Poder militar para amparar o euro
-Auméntanse os gastos militares (art. 27-3)
-Poténciase tamén a pertenza á OTAN (art. 27-7)
-Apóianse ademais os «ataques preventivos» (art. 28)
Un gran proxecto coma o da Unión Europea: converterse nunha sperpotencia implica que temos que realizar algúns sacrificios. A Unión Eurpoea é un proxecto que produce crecemento e riqueza, pero que destrúe o entorno, aumenta as desigualdades sociais, recorta as liberdades e que ten un crecente carácter militarista.
Crea riqueza porque a UE é na actualidade o primeiro bloque económico do mundo. A UE ten a segunda moeda máis importante do planeta, en pugna co dólar na consecución da hexemonía, e posúe un amplo abano de multinacionais presentes en todo o planeta e que son as principais investidoras en moitas rexións, por exemplo, América Latina.
Destrúe o entorno pois a construción da UE implica un distanciamento cada vez maior entre os lugares de produción e consumo que son conectados a través das grandes infraestruturas de transporte e de conexión enerxética. Isto implica miles de Km2 de asfalto e formigón; o incremento das emisións de CO2 á atmosfera (causantes do cambio climático); ou, a segmentación do territorio, o cal, ameaza aínda máis a biodiversidade. Ademais, a UE é a segunda emisora de gases de efecto invernadoiro do planeta en termos absolutos (o 24%) e per cápita.
Aumenta as desigualdades xa que o control da inflación e do déficit son obxectivos da UE, pero non o é a erradicación do paro e da precariedade. A Unión non comtempla o dereito a un ingreso básico universal ou o dereito de voto.
Isto reflíctese nas cifras, pois, no seo da UE máis dun terzo da poboación activa está está en situación precaria: 19 millóns de parados, 21 millóns de contratos precarios, 33 millóns a tempo jparcial e un número crecente de asalariados sen papeis (inmigrantes e nativos). Cómpre engadir tamén a manifesta inferioridade salarial das mulleres respecto dos homes que é dun 28% ou que a UE deporta ou rexeita a 500.000 persoas cada ano.
Recorta as liberdades xa que en Bruxelas hai 15.000 lobbystas dedicados a presionar para que as lexislacións que emanen da Unión sirvan aos intereses dos grandes capitais. Ademais a participación popular, como se sinalou anteriormente, está ideada para permitir que as decisións se tomen de forma máis áxil. Por último, podemos esquecer que, co auxe do terrrismo, tivemos que diminuír as liberdades individuais da poboación para protexela.
Ten un carácter altamente militarista. Ao aparecer tropas da Unión en distintos lugares do globo (Líbano, Kosovo, Haití, Sudán…), estase creando un sistema de posicionamento vía satélite en todo o mundo que terá aplicación militar (o Galileo). Os «euroexércitos» cada vez están mís dotados e teñen maior capacidade de intervención exterior, e alén disto, aprobouse a «Doutrina Solana» pola cal a Unión pode intervir militarmente en calquera lugar do planeta na defensa dos seus intereses.
Sen dúbida estes sacrificios merecen a pena, pro iso contamos co teu apoio e o de toda a cidadanía europea.