O ano 2007, entre outras cousas, pode calificarse, coma os anteriores, pola división sindical; pero por diversos motivos, consideramos, que o mellor, este ano, pódense dar as condicións para que a unión se produza.
Recentemente, CCOO anunciou, próximas mobilizacións,UGT e o Sindicato Libre para non ser menos e ser máis, fixeron unha improvisadafolga no mes de decembro, a CIG considera que hai motivos máis que suficientes para facer unha folga; e en CGT tenemos clarísimo de que dende fai anos sobran os motivos para facer mobilizacións para recuperar o perdido e non perder máis.
Por outro lado, os traballadores, sabemos que sen unión non se consigue nada, e que o que non chora non mama; e que nas empresas que loitan polos seus dereitos conséguense avances.
Polo tanto,se tódolos sindicatos temos claro que a movilización é necesaria, e os traballadores teñen claro que sen estas non se consiguen avances, aparentemente danse tódalas condicións para que os sindicatos se unan e con eles tódolos traballadores; pois se isto é así imos cara adiante.
A cuestión é se os sindicatos teñen suficiente capacidade de dialogo para conseguir o que os traballadores tanto necesitamos; deixar os protagonismos, escuros intereses e rencillas aparte, e traballar polo colectivo.
Dende CGT, consideramos que tal vez esteamos ante unha oportunidade única, e que non debemos de deixar de aproveitala; polotanto dende Pontevedra imos a dar o primeiro paso, e comprobar a vontade do resto de sindicatos provinciais, CONVOCANDO A XUNTA DE PERSOAL DE PERSOAL FUNCIONARIO xa que temos representación nela e INVITANDO ao resto de sindicatos con representación en persoal laboral a que se realice a CONSTITUCIÓN DO COMITÉ DE EMPRESA, no que tamén estará CGT con voz e buscando a unión dos sindicatos provinciais para tentar resolver os problemas de tódolos traballadores de Pontevedra.

OS TRABALLADORES NECESITAMOS UNIDADE SINDICAL

Comparte esta entrada ...