A CGT da Coruña publica, cara a xornada de loita do próximo 29 de setembro, o seguinte manifesto:

Hai un ano, o 29 de setembro de 2010, todos os sindicatos de clase convocamos unha Folga Xeral en protesta polos plans do goberno de facer unha nova reforma laboral que atentaba contra os dereitos básicos dos traballadores. En Galicia, os sindicatos combativos convocamos outra Folga Xeral, en coincidencia con outras convocadas noutros territorios, o 27 de xaneiro pasado. Aquelas folgas xerais non servi-ron para parar a agresión do capitalismo máis salvaxe ás conquistas de máis de 100 anos de loita obreira; ao contrario, aquela agresión non era máis que o comezo dunha estratexia que aínda non chegou ao seu remate.

Coa colaboración dos gobernan-tes e partidos políticos, lacaios do capital máis cobizoso, coa pasividade cómplice dos sindicatos institucionalizados e co desconcerto da maioría dos traballadores, a situación non fixo máis que empeorar: cinco millóns de traballadores e traballadoras están no paro, dous millóns de familias están vivindo na miseria, centos de milleiros están perdendo as súas vivendas, os gobernos están recortando a educación e a sanidade públicas e nos din que aínda non estamos no peor. Como solución, os políticos só teñen unha receita: hai que apertarse o cinto. Pero nese apertarse o cinto nunca pensan no deles ou no dos poderosos; sempre son os máis débiles e desprotexidos os que teñen que facer o esforzo, mentres que os de sempre seguen gozando dos privilexios acadados co sangue e a suor do resto.

Dinnos tamén que a modifica-ción da Constitución axudará a saír do pozo no que estamos. Teñen a desvergoña de axitar diante dos nosos ollos unha Constitución que fala do dereito a un traballo digno, do dereito a unha vivenda digna, do dereito a unha pensión digna, do dereito á saúde e a educación, unha Constitución que non é máis que un papel mollado, un fraude que xa dura 30 anos. Outros din que isto se amaña cambiando de goberno, como se ao boi lle importara moito quen tira da corda ou quen usa a aguillada!

Pero a cuestión é moito máis profunda; as raíces do problema están nun sistema económico e social podre no que a maioría está dominada por unha minoría, un sistema no que a súa ba-se é a explotación dos máis polos menos, un sistema depredador e cobizoso no que a destrución dos recursos naturais é a base do crecemento económico, un sistema no que os medios de produción e consumo están en mans dos grupos de privilexiados. Por iso, calquera reforma que non ataque as raíces do problema non será máis que un parche para que este sistema de iniquidade continúe.

Para a CGT, só a transformación radical do sistema e a construción dunha sociedade xusta e igualitaria é a loita que paga a pena emprender: unha sociedade sen opresores e oprimidos, sen privilexios, con xustiza social, cunha distribución xusta e equitativa do traballo e da riqueza e coa utilización racional dos recursos.

Por isto a CGT mobilízase e fai un chamamento aos traballadores e á sociedade en xeral a que non se deixe arrebatar as conquistas que aínda nos quedan e que manifeste na rúa que xa es-tamos fartos de tanto ladrón, de tanto vividor e de tanto explotador e que non nos conformamos con recoller as migallas que sobran dos seus banquetes.
POLA XUSTIZA SOCIAL, VIVA A LOITA DA CLASE OBREIRA

A Coruña, 29 de setembro de 2011

Comparte esta entrada ...