Unha reclamación de cantidades da compañeira desemboca no despedimento, vulnerando o dereito fundamental de tutela xudicial efectiva.

 

María Jesús traballaba na empresa de limpeza Galeserga, subcontrata de Dalphi-metal, esta empresa deixou de pagarlle o seu salario a mediados de2009, ante o cal a compañeira, como é lóxico, reclamou ditas cantidades. O xulgado resolve a favor da traballadora, condenando a ambas empresas a reintegrarlle as cantidades adebedadas e que por xustiza lle corresponden. Previamente, ante a situación de falta de solvencia de Galeserga, a traballadora é subrogada á empresa Star, aló polo mes de xaneiro de 2010.

A empresa Star, do ex-dono de Limpezas A Guía, famosa e gran coñecida de Inspección de Traballo, comeza unha campaña de apercibimentos mediante burofax contra a traballadora o mesmo día que se vai de baixa, e ao reincorporarse de novo, tras ter que esgotar as vacacións, comunícaselle un despido por baixo rendemento. Dende CGT entendemos que en realidade se trata dunha clara persecución e represión por ter reclamado ante os tribunais e, aínda por riba, gañar dita batalla ás empresas.

Esiximos a inmediata readmisión da compañeira despedida.

 

Concentración xoves 28 de xullo 10:00 am diante da empresa DALPHI METAL TRW (Camiño do Caramuxo nº35, Vigo)

 

 

Sindicato de Limpeza e Mantemento de Vigo

CONFEDERACIÓN XERAL DO TRABALLO

Comparte esta entrada ...