Hoxe, ás 13 horas, un nutrido grupo de compañeiros e compañeiras de CGT concentráronse ás portas do edificio BCA, no Polígono da Grela na Coruña, onde ten as súas instalacións a empresa SYKES, do sector do telemarketing, que a pasada semana despediu a catro representantes sindicais da Confederación.

A concentración, combativa e ruidosa, ocupou por espacio dunha hora a entrada principal do edificio, coreando consignas reclamando a readmisión dos compañeiros despedidos e o fin da represión sindical contra a CGT.

As mobilizacións continuarán co calendario de paros previstos para tódolos mércores do presente mes de marzo, entre as 13 e as 14 horas.

Comparte esta entrada ...