Convocadas novas concentracións contra os despidos diante das portas da factoría :
1, 15, 18 e 22 de febreiro de 13:15 a 14:30
2 e 9 de febreiro de 21:00 a 22:00
A dirección de Citroà«n despediu, en menos dun mes, a tres afiliados da CGT. Demasiada coincidencia, como para crer que é froito da casualidade.
O día 25 de novembro, produciuse o primeiro despido dun compañeiro da CGT, a empresa argumentou que o sancionou por absentismo continuado. En realidade trátase de baixas por enfermidade sempre xustificadas.
Os días 17 e 20 de decembro a empresa despediu a dous traballadores máis, afiliados tamén á CGT, pola súa actividade sindical.
Estaba claro que, mais aló dos motivos legais esgrimidos para levar a cabo estes despedimentos, o que a Dirección buscaba era "concienciar" a toda a CGT, do único xeito que sabe facelo: represión e despidos.
O que en realidade aconteceu é que nas últimas eleccións sindicais a CGT gañou un laudo que establecía que todo o proceso electoral tiña tal cantidade de vicios graves que debía ser anulado na súa totalidade. Daquela e ante a posible paralización do proceso electoral, a dous días da votación, a empresa ofertou á CGT unha mellora nas súas relacións coa empresa, a cambio de renunciar á execución do laudo. A CGT dixo que NON. É precisamente por ter dito NON agora a empresa despide a tres compañeiros da CGT.
A EMPRESA trata de coidar a súa imaxe cara o exterior, transformándose dentro da fábrica e reprimindo a tod@s aqueles/as que loitan por unhas condicións de traballo mellores. O desafío dunha Sección Sindical sen tan sequera representación, non soamente fai abanear a transparencia do proceso de eleccións sindicais nesta empresa, se non que, aínda por riba, foi quen de dicirlle que NON á súa oferta nun "cambio" nas relacións coa CGT.
A Sección Sindical e a totalidade do Sindicato, vai loitar con todas as súas forzas contra este ataque non só pol@s compañeir@s despedid@s se non pola liberdade sindical de tod@s @s traballadoras/es desta empresa.