A Sección Sindical da CGT convocou a tódolos traballadores e traballadoras de Atento na Coruña para o vindeiro mércores 5 de setembro a unha xornada de paros de dúas horas por quenda en protesta polos despidos que se suceden nos diferentes centros de traballo da empresa. Se no mes de Marzo foron 200 os despedidos na plataforma da Coruña (logo declarados improcedentes nos xulgados) agora foron 25 compañeiros e compañeiras despedidos na plataforma de Atento en Valencia. Contra a política deslocalizadora de Atento, contra os abusos patronais, os traballadores e traballadoras respostan a esta nova agresión coa folga, en defensa dos seus postos de traballo e dos seus dereitos.