Onte, 18 de novembro, a CGT, xunto con outras organizacións sindicais, convocou a tódolos traballadores e traballadoras de Corrreos a realizar paros de tres horas por quenda de traballo, nunha xornada de mobilización pola viabilidade de Correos como servizo público, contra o «apagón postal» e contra os recortes que pretende o goberno nesta empresa pública. Asemade, tivo lugar una combativa concentración diante da entrada principal da Xefatura Provincial de Correos no centro da cidade da Coruña, que rematou arrodeando o edificio, cortando o tráfico en manifestación.

Podes ver un vídeo da manifestación facendo click nas seguintes ligazóns:

Cgt Correos A Coruña rodeando Correos

Cgt Correos A Coruña rodeando Correos_2

Mais información e fotografías no Blog da Sección Sindical de CGT – Correos na Coruña

Comparte esta entrada ...