O pasado 11 de novembro, máis de 200 traballadores do telemarketing saíron en manifestación polas rúas da Coruña en defensa dun convenio digno,  secundando a convocatoria da CGT dunha xornada de folga de 24 horas.

Conscientes de que esta folga é o primeiro paso para conseguirmos un convenio xusto, agardamos que sirva para espertar conciencias e que a vindeira vez sexamos todos os traballadores  os que saiamos á rúa berrando ben alto que non somos mercadoría, senón que estamos dispostos a actuar contra cada abuso patronal e a conquistar mellores condicións laborais no sector do telemarketing.
Facendo click na seguinte ligazón podes ver un video da TVG recollendo a saída da manifestación: Video TVG

Comparte esta entrada ...