Unísono é unha empresa do sector do telemarketing que non respecta a ningún órgano xudicial, nin a Inspección de Traballo, nin ós seus traballadores e os seus representantes sindicais.
Fai pouco o Tribunal Supremo dictou sentenza firme confirmando unha sentencia da Audiencia Nacional na que daba a razón á CGT no tema das pausas de visualización de datos (PVD) e recoñéce dita orden xudicial un descanso de 5 minutos por hora de traballo polo que os traballadores ián ter dez minutos de descanso máis. Pois ben a empresa só recoñece cinco dos dez minutos.
A Sección Sindical da CGT de Vigo puxo unha denuncia á Inspección de Traballo e dicha autoridade laboral danos a razón e obliga a empresa a execución inmediata da sentenza. Dicha resolución administrativa foi comunicada pola empresa ós seus representantes sindicais dez días máis tarde de recibila polo departamento de Recursos Humanos.
Agora mesmo tras unha entrevista esta mañán coa Inspectora de Traballo, a empresa vai a esperar que se reúna a Comisión de Interpretación para analizar dicha sentenza e despois a Inspección de Traballo  dará a órde a empresa de execución inmediata da empresa.
Neste tempo a empresa estivo moi entretida desprestixiando a acción sindical dos sindicatos ó día da Folga Xeral así  coma sancionando e despedindo traballadores sen importarlles o esforzo das traballadores/as  e aumentándolles un 3 por cento a retención do IRPF nas nóminas dos seus subordinados para amosar a sua autoridade.
Xa no mes de setembro a empresa despediu a 34 traballadores das campañas de Iberdrola e Vodafone Help Desk pois ben deu a palabra o seu Comité de Empresa nunha visita relámpago do seu máximo accionista, que non habería máis despidos, pois ben tardou dous semanas en comunicar o fin de obra da campaña de Iberdrola deixando a outras 34 familias máis  no paro.
Dende hai dous meses a empresa están sancionando e acosando laboralmente os seus axentes, especialmente na campaña de Voz e Datos de Orange, aplicándolles sancións por disminución voluntaria da productividade e neglixencia no traballo dos seus traballadores sen aportar probas nin informar o seu Comité de Empresa nin os traballadores os baremos de calidade para ditos indicadores.
Ademais de non hai un plan de formación individualizado da empresa para dichos axentes como di nas comunicións das sancións a empresa que hai ditos reforzos e a conducta destos traballadores non mellora porque estos métodos producen un aumento do estado de ansiedade e nerviosismo dos seus traballadores.
A situación da empresa é un auténtico caos aínda non sabemos que pasou coas pulgas e os métodos para fumigalas, tampouco temos un plan da empresa para combatir o exceso de monóxido de carbono nun centro. Os traballadores viven un auténtico pasadelo con nerviosismo, chinches, sancións, goteras e mentres esta empresa aumenta os seus ratios de beneficios.
Esperamos dende este Sindicato unha reunión de carácter urxente coa directora de Unísono Vigo para que nos aclare a situación da empresa.
Informarvos que teremos o vindeiro día 21 de outubro un paro dunha hora pola mañá de 12 a 13 horas e pola tarde de 18 a 19 horas por un Convenio máis digno e contra a política represora de Unísono Vigo coa posibilidade dunha xornada de Folga de 24 horas o vindeiro día 11 de novembro (algunha Sección Sindical no Comité de Empresa estase pensando secundar a Xornada de Folga 24 horas).
Dende a Sección Sindical de Unísono Vigo contamos con toda a militancia para estas concentracións.