Crónica do seguimento da xornada de Folga Xeral do 29 de setembro na cidade e comarca da Coruña:

29 de Setembro. 00:00
Dende as 21 horas, varios piquetes de militantes da CGT percorren as rúas e os polígonos industriais.
No polígono de Sabón, fronte á empresa Inditex-Zara, un grupo numeroso de traballadores en folga consiguen paralizar os cambios de quenda de traballo na factoria e a entrada de camións, cun seguimento prácticamente total do paro.
Na quenda de noite de Correos, o paro xeral é secundado por un grande número de traballadores, os máis novos e precarizados, con cifras sempre superiores ao 50%
Fronte á entrada da empresa Atento, do sector do telemarketing, se concentra un piquete de CGT, informando aos escasos traballadores que tentan entrar na empresa para a quenda de noite.
Non hai incidentes.

29 de Setembro. 05:30
Un piquete con presenza de traballadores de CGT se concentra na glorieta de acceso ao polígono de Sabón que se encontra case totalmente ocupada por unha numerosa presenza de efectivos da Guardia Civil, que impiden a accion dos piquetes.
Ás 6 horas, o piquete diríxese cara o interior do polígono para concentrarse de novo ante os accesos das diferentes empresas, e especialmente, da empresa Inditex-Zara. A actividade en Zara Logística é case nula.
Os autobuses que transportan traballadores aos polígonos industriais circulan case valeiros e con protección policial.
Durante a noite, non ten habido servizo de recollida de lixo nen ningún tipo de actividade portuaria.

29 de Setembro. 07:00
A cidade ten o aspecto dun domingo ou festivo, con moi pouco tráfico nas rúas e as vias de acceso ao centro da cidade.
Durante toda a xornada de paro xeral, non haberá actividade de transporte aereo nin ferroviario na cidade: ningún voo sairá nin chegará ao aeroporto de Alvedro, e nengún tren circulará polas estacións de San Diego e San Cristobal. Na Estación de Autobuses non hai apenas actividade.
O transporte urbano será moi reducido, con tan só os servizos mínimos do 25% en buses urbanos e taxis, e prevese que estará casi totalmente paralizado nas horas do mediodía, durante o transcurso das tres manifestacións que percorrerán o centro da cidade. A esta hora, un piquete está situado fronte ás cocheras da CTC (Compañía de Tranvías da Coruña – empresa municipal).
No porto, non hai ningún tipo de actividade, nin pesqueira nin comercial.
En xeral, o seguimento está a ser moi importante.

29 de Setembro. 07:30
Varios piquetes da CGT están concentrados na entrada de diferentes polígonos e empresas da cidade.
Frente a Inditex-Zara continúa o piquete que leva desde as 05:30 percorrendo o polígono industrial de Sabón (Arteixo-A Coruña). En Matogrande, un piquete de CGT se concentra no Edificio Proa, na principal vía de acceso ao polígono de Pocomaco, onde se encontran dependencias da Xunta de Galicia, xulgados e a empresa de telemarketing Eurocen. Os accesos ao polígono de Pocomaco están todos prácticamente pechados a pesar da numerosa presenza policial.
No centro da cidade, outro piquete de CGT se concentra fronte á entrada de Atento, e fronte á sé central da Xunta de Galicia en Monelos, outro piquete de CGT se encontra concentrado ante a porta de entrada de traballadores.

29 de Setembro. 08:30
Continúa sendo moi alto o seguimento do paro en Zara Logística e o resto do polígono de Sabón, dado que nas quendas da mañá apenas teñen entrado traballadores.
Noutros sectores, a estas horas, o seguimento é tamén moi notable: no INE supera o 90%; en Correos, o seguimiento, según os servizos, sitúase arredor do 75%.
Nas dependencias principais da Xunta de Galicia, o seguimento está en torno ao 50%.

29 de Setembro. 10:00
Actualizamos o seguimento do paro a estas horas en diferentes sectores que van iniciando a súa actividade:

– Educación.
O paro é total na Universidade con varios centros pechados e sen actividade docente algunha naqueles que están abertos. Non hai estudantes no Campus e o seguimento por parte do PAS é algo superior ao de PDI.
En ensino non universitario, o seguimento é maior en secundaria que en primaria e infantil, pero a afluencia de alumnos aos centros é moito menor, tanto en ensino público como en concertado.

– Telemarketing.
O seguimento do paro en empresas deste sector, como Atento, Sykes ou Eurocen, está en torno ao 50%.

– Comercio e Hostelería.
Varios piquetes percorren diferentes zonas comerciais (Praza de Lugo, Juan Florez, …) da cidade e ante a súa presenza moitos comercios baixan as persianas e pechan.

Ás 12,30 partirá dende a Praza de Portugal, a manifestación convocada pola CGT da Coruña e que acabará ante a Delegación do Goberno.

Comparte esta entrada ...