Do día 3 ao 6 de xuño de 2010, a Federación Sectorial de Limpezas e Mantemento do Sindicato CGT celebra en Vigo o seu Primeiro Congreso Federal. Durante o Congreso, delegacións vidas de todo o estado, están a debater sobre a situación laboral e social dos/as traballadores/as que prestan servizos tan importantes para a cidadanía como a limpeza de edificios e locais, limpeza viaria, recollida de lixos, xardinaría, depuración e reutilización de augas residuais, recuperación, tratamento e eliminación de residuos urbanos e industriais, etc.

Marcaranse as pautas a seguir na Negociación Colectiva destes sectores, inmersos nestes momentos nunha redución considerable dos orzamentos que as distintas administracións públicas e empresas privadas dedican á prestación destes servizos, o que está xa producindo un empeoramento da calidade do servizo público que prestamos e, nalgúns casos, recortes de persoais que prexudican aos/as traballadores/as e aos/as cidadáns/as.

Trataranse temas como a formación e cualificación profesional do sector en xeral e dos/as Representantes de CGT nas empresas, e as próximas Eleccións Sindicais, onde esperamos que CGT aumente a súa representatividade e poida seguir levando aos/as traballadores/as a súa mensaxe de reivindicación e de loita social necesaria, por que con salarios, en moitos dos sectores indicados, por baixo dos 1000€ ao mes non se pode ser conformista.

O Sindicato de Limpeza e Mantemento de Vigo (SLMV), actúa como anfitrión nesta importantísimo acto da FELM. O feito de celebrar en Vigo o seu primeiro congreso estatal, da idea do apoio e da confianza que a totalidade dos Sindicatos de Limpeza e Mantemento do estado teñen no Sindicato de Limpeza e Mantemento de Vigo. Sindicato de recente creación, pero cun forte crecemento e implantación no seu Sector. Valga como exemplo o feito de acadar a maioría absoluta na empresa concesionaria da limpeza no centro de traballo de PSA Peugeot-Citroà«n.



Comparte esta entrada ...