O vindeiro martes, 20 de abril, ás 19:00 horas, na Escola de Artes e Superior de Deseño "Pablo Picasso" da Coruña (Rúa dos Pelamios, nº 2), terá lugar a inauguración da Exposición sobre as Pedagoxías Libertarias que está a organizar a Confederación Xeral do Traballo (CGT) da Coruña.

Esta Exposición consta de 15 paneis, nos que se ofrece un percorrido polas diferentes teorías libertarias sobre educación e recupéranse algunhas das numerosas experiencias que ao longo da historia se levaron a cabo e seguen a se desenvolver.
Complétase a Exposición con dous paneis especificamente relacionados coas experiencias galegas que foron deseñados por alumnos/as da Escola de Artes "Pablo Picasso" en colaboración coa CGT da Coruña.
A Exposición enmárcase dentro das Xornadas sobre Pedagoxías Libertarias que contarán cos seguintes actos:

  • Conferencia do recoñecido historiador Eliseo Fernández baixo o titulo "A Escola Racionalista na Galiza" (o día 22 de abril, ás 19:00)
  • Proxección do documental de Adolfo Dufour «Viva la Escuela Moderna»Â  que será seguida dunha charla-debate sobre «Ferrer i Guardia e as pedagoxías antiautoritarias» (o día 23 de abril, ás 19:00).

A Exposición permanecerá aberta ao público de luns a venres, de 10 a 14 horas e de 16 a 19 horas, ata o día 27 de abril.

Mais información en:

Blog Memoria Libertaria na Galiza

Folleto Exposición Pedagoxías Libertarias na Coruña

Comparte esta entrada ...