A CGT, xunto con outras organización sindicais, convoca ós traballadores e traballadoras de Correos a unha manifestación "Contra o apagón postal. Pola viabilidade de Correos", que terá lugar en Pontevedra o próximo xoves, día 8 de abril.

Ó longo destes días a CGT ten convocadas manifestacións polo mesmo motivo en diversas cidades e provincias, como a anunciada na Coruña para o día 9.
A manifestación de Pontevedra sairá ás 12:30 horas dende a Xefatura Provincial de Correos na r/ Oliva e rematará diante da Subdelegación do Goberno, na Alameda.
O Comité Local de CGT-Pontevedra

Comparte esta entrada ...