CGT Galicia http://www.cgtgalicia.org/8-de-xaneiro-paros-en-extel-e-atento-na-coruna/ Export date: Mon Apr 21 15:08:48 2025 / +0000 GMT |
8 de xaneiro: Paros en Extel e Atento na Coruña.![]() Con estos paros, os traballadores e traballadoras van a dicir alto e claro: Basta!. Cansos de padecer infinidade de abusos por parte de Movistar-Extel-Atento, os traballadores e traballadoras afirmamos que non somos mercadoría en mans destas multinacionais que só procuran millonarios beneficios a baixos custes salariais. A cobiza de Telefónica-Movistar non ten límites, presionando mais que nunca, e isto, se non o paramos, vai a ir a máis. É tempo de lles plantar cara, é hora de nos defender coa única ferramenta que temos os traballadores e traballadoras, a Folga. O sector do telemarketing non está en crise. As subcontratas cada día ven engordadas as súas contas de multimillonarios beneficios, mentres a nós cada vez nos costa mais chegar a fin de mes, ao que hai que engadir a constante presión que estamos a sufrir. O 8 de xaneiro temos a oportunidade de demostrar, todas e todos xuntos, que non estamos dispostos a seguir tragando, que somos persoas e non meros números. Todos os traballadores e traballadoras de Extel e Atento na Coruña estamos chamados a deslogarnos, baixar á rúa e concentrarmonos ante as portas das empresas. En Atento, coincidindo cos horarios de paros, haberá concentracións no acceso á empresa, na rúa de Juan Florez. No caso de Extel na Coruña, se realizará unha cadea humana que rodeará o Edificio Proa, amosando a toda a cidadanía que non estamos dispostos a que nos pisoteen mais. A continuación, nos reuniremos diante do hotel Attica, para partir en Manifestación ata a porta principal do Edificio Proa. Os nosos dereitos non se negocian e loitaremos con eles custe o que custe. Levántate, loita, participa e rodea a túa empresa. Faite oir ! Seccións Sindicais de CGT en Extel e Atento na Coruña |
Post date: 2014-01-03 22:54:14 Post date GMT: 2014-01-03 21:54:14 Post modified date: 2014-01-03 23:10:16 Post modified date GMT: 2014-01-03 22:10:16 |
Export date: Mon Apr 21 15:08:48 2025 / +0000 GMT This page was exported from CGT Galicia [ http://www.cgtgalicia.org/wp ] Export of Post and Page has been powered by [ Universal Post Manager ] plugin from www.ProfProjects.com |