A CGT, ante a intención da empresa de abrir un proceso de modificación sustancial das condicións de traballo (son máis de 1.000 traballador@s afectad@s, 52 no centro de traballo da Coruña), decidiu a convocatoria de dous paros de 24 horas os días 28 e 31 de outubro.
A CGT ven sostendo, durante a negociación, que non queda probada a causa aducida por Atento, que se escuda en Movistar, e que unha axuste como o que queren impoñer non ten por qué levar aparelladas peores condicións laborais para ninguén.
Coincidindo cos paros, a CGT convoca concentracións diante da tenda de Movistar na Praza de Pontevedra, ás 19:00 horas. Coas mobilizacións a CGT esixe a retirada das inxustificadas modificacións, que implican perdas de salario cambios de turno a persoas en pluriemprego, rotacións de 9 días de traballo seguidos e imposición de quendas partidas, incluidos sábados e domingos, a compañeir@s que teñen redución de xornada por coidado de familiar, impedindo calquera forma de conciliación.
Comité Local da Coruña da CGTÂ