O luns, 28 de novembro, as traballadoras e traballadores do sector estamos chamados a unha xornada de folga de 24 horas en todo o Estado, como continuación ás mobilizacións iniciadas pola CGT hai varios meses polo bloqueo na negociación do convenio e para esixir un convenio que garanta unhas condicións laborais dignas, nun sector no que a maior parte dos contratos son a tempo parcial, os salarios son miserables e a estabilidade laboral e a conciliación familiar, inexistentes
Durante a xornada de loita as traballadoras e traballadores darán a coñecer as súas lamentables condicións laborais e as súas reivindicacións a partir das 12 en diversos puntos da cidade (Praza de Pontevedra, Obelisco, Praza de España, Catro camiños -diante do Corte Inglés-, diante da estación de autobuses e nas Conchiñas). Tras a repartición terá lugar unha comida-charla na que as traballadoras e traballadores do sector poñerán en común os seus problemas.
Sector de Telemárquetin – CGT da Coruña