CGT Galicia http://www.cgtgalicia.org/26-m-pontevedra-defensa-das-pensions-e-da-sanidade-publica/ Export date: Thu Jan 30 22:02:38 2025 / +0000 GMT |
|||
26 M Pontevedra - Defensa das Pensións e da Sanidade PúblicaDe novo éste sábado 26 de maio de 2018 a CGT de Pontevedra apoia e participa activamente das convocatorias anunciadas respectivamente por MODEPEN en Defensa do Sistema Público das Pensións e pola MAREA BRANCA DE PONTEVEDRA en Defensa da Sanidade Pública. Por acordo das organizacións implicadas neste chamamento (entre elas a CGT de Pontevedra) ámbalas dúas concentracións terán lugar físicamente de modo unitario, este sábado 26 de maio, na Praza de Ourense, entre ás 11,30 e 12,30h respectivamente ata ás 13:00h. A continuación o texto que a CGT repartirá na concentración: Á clase traballadora de Pontevedra …. a todas as víctimas da irracionalidade do capitalismo salvaxe … en Defensa do Sistema Público das Pensións, actuáis e futuras, e da Sanidade Pública: De novo éste sábado 26 de maio de 2018 a CGT de Pontevedra apoia e participa activamente das convocatorias anunciadas respectivamente por MODEPEN en Defensa do Sistema Público das Pensións e pola MAREA BRANCA DE PONTEVEDRA en Defensa da Sanidade Pública. Por acordo das organizacións implicadas neste chamamento (entre elas a CGT de Pontevedra) ámbalas dúas concentracións terán lugar físicamente de modo unitario, este sábado 26 de maio, na Praza de Ourense, entre ás 11,30 e 12,30h ata ás 13:00h
- Porque estamos de novo diante dunha brutal ameaza económica e social contra as nosas pensións actuáis e futuras, contra os nosos dereitos e dignidade … - Porque, unha vez máis, estamos diante do anuncio dun fraude xigantesco que intenta reducir á nada décadas de loitas e conquistas sociais, en favor de Sistemas Privados de Pensións que nada bo garantizan aos pensionistas … - Porque estamos frente ao saqueo dos fondos da Seguridade Social e a agresión sistemática do poder adquisitivo e dignidade dos pensionistas …
Porque a agresión que sofre a Sanidade Pública a mans dos poderes que rixen o Estado e as súas administracións é cada día que pasa máis noxenta. Recortes, situación precaria dos traballadores e traballadoras interinas, peche de camas, incrementos nas listas de espera, colapsos nas urxencias, aposta do goberno por un modelo sanitario privado que beneficia ás multinacionais … sobran os motivos para a mobilización da cidadanía na defensa dunha sanidade pública, universal, gratuita no momento da prestación e de calidade. Por estas razóns, a CGT de Pontevedra co-participa, se suma e apoia a actual convocatoria de MODEPEN e Marea Branca: ¡Participa e loita pola Defensa do Sistema Público de Pensións! ¡Participa e loita pola Defensa da Sanidade Pública! ¡O sistema da Seguridade Social somos todos e, entre todos e todas, o defendemos!
Comité Local da CGT de Pontevedra |
|||
Post date: 2018-05-25 13:12:31 Post date GMT: 2018-05-25 12:12:31 Post modified date: 2018-05-25 13:12:31 Post modified date GMT: 2018-05-25 12:12:31 |
|||
Export date: Thu Jan 30 22:02:38 2025 / +0000 GMT This page was exported from CGT Galicia [ http://www.cgtgalicia.org/wp ] Export of Post and Page has been powered by [ Universal Post Manager ] plugin from www.ProfProjects.com |