"Vigo debe facer, como tódolos demais, un esforzo de productividade significativo ano tras ano, reducir os seus gastos fixos e aumentar a súa productividade" Christian Streiff No mes de setembro o actual Director Xeral presentaba a estratexia do grupo nos vindeiros anos, o chamado CAP 2010. O fin é facer de PSA Peugeot Citroà«n o constructor de automóbiles mais competitivo de Europa, e mais rendible para os accionistas. Os puntos principais son:

  • Un plan de competitividade para reducir os costes: reducción dos costes fixos do 30%, reducción dos costes de loxística do 10%, aplicación o 100% do programa de eficacia industrial "Convergencia" a fins do 2007 e aumento de 20 puntos da taxa de utilización das capacidades industriais.
  • Unha calidade de productos e servicios mellorada: división por dous do numero de incidencias de calidade e por tres o prazo de resolución de incidencias.
  • Unha ferramenta industrial altamente competitiva: implantación do "sistema de producción PSA", extensión da base industrial e de compras en países emerxentes,…
  • Para a CGT tratase dun plan perigoso para os salarios, o emprego e a economía local. A Dirección do Grupo fala de producir e vender 4 millóns de vehículos ata o 2010, pero sen aumentar a plantilla. Máis ben todo o contrario, tan só en Francia vanse destruír 4800 empregos este ano. Máis coches con menos xente. O que traerá un maior deterioro das condicións de traballo e de vida. O programa de eficacia industrial "Convergencia" persegue robotizar os traballadores para que sexan efectivos o 100% no seu posto. Queren rematar cos tempos "mortos" (100% tempo efectivo). Pretenden mellorar a calidade e reducir os incidentes. Máis empeorando as condicións de vida dos traballadores non é como van acadar esta mellora na calidade. A calidade do producto é proporcional a calidade de vida do productor. Queren reducir nun 30% os gastos fixos. Entre os gastos fixos están os salarios e empregos. Co cal é previsible un aumento das subcontratacións, entre outras medidas coma a reducción de plantilla e a precarización, aínda maior, no emprego (42% eventuais en Citroà«n). Esta política é negativa para todos aqueles traballadores que dalgún xeito dependan do sector da automoción. A Dirección vai aumentar a compra de compoñentes en países emerxentes pasando dun 10% en 2005 ata un 45% no 2010. Coa conseguinte perda de man de obra que vai conlevar. O traslado da producción a Marrocos da fabrica que Prevent ten na nosa cidade e o peche da mesma, é un primeiro exemplo. A deslocalización que tan nefastas consecuencias tivo para o sector de compoñentes noutras zonas do Estado (Delphi, Sas-abrera, Lear , Valeo, etc..) gracias o Cap. 2010 achegase a nosa comarca. O beneficio neto do grupo no primeiro semestre do 2007 foi de 492 millóns. ¿Tamén van a aplicar a reducción os beneficios dos accionistas?, coidamos que non. A CGT en PSA-Vigo, ante o paulatino deterioro das condicións de traballo e de vida, ven realizando dende o día 10 de Setembro, marchas de protesta a saída da quenda de maña no interior da fabrica.

    Comparte esta entrada ...