post

CGT Pontevedra – IX Xornadas Libertarias

Organizadas pola CGT-Pontevedra, coa colaboración da Sala VerSus e o Ateneo Libertario de Pontevedra terán lugar nesta cidade, do 28 novembro ata o 1 decembro, as IX Xornadas Libertarias, baixo o lema “Loitas colectivas dende movementos sociais migrantes, racializados e antirracistas contra o racismo de estado”. Todos os actos terán lugar na Sala VerSus (r/ Gerardo Álvarez Limeses, 12) ás 20:00h, co seguinte programa:

            Martes 28 novembro, 20,00h: Presentación do Sindicato Mantero, con Papalaye (mariñeiro e portavoz do Sindicato Manteros Barcelona).

            Mércores 29 novembro 20,00h: Proxección documental: Tombes de sorra (Catalunya, 2021, 31’, VOSE)

            Xoves, 30 novembro, 20:00h: Palestra: “Control, represión, expulsión: CIE e deportacións”, con Áurea Martín, membro do colectivo Tanquem els CIE (Barcelona)

            Venres 1 decembro, 20:00h: Presentación da campaña pola ILP “Regularización Ya”, con Kenia García, portavoz do movemento estatal “Regularización Ya”

            Comité Local de CGT-Pontevedra

 

post

Marcha en apoio á devolución da casa Cornide

A CGTda Coruña apoia a manifestación que o próximo sábado, 11 de novembro, percorrerá A Coruña, ás doce do mediodía, desde a praza de María Pita ata a mesma casa Cornide, na Cidade Vella.

Manifestamos así o noso apoio á reclamación da devolución, por parte da familia Franco, do inmoble, expoliado polo dictador a través de trampas legalizadas.

CGT da Coruña convoca á súa afiliación, simpatizantes e cidadanía en xeral a que saian á rúa ese día e que non sigan consintindo este latrocinio.

Comité Local da Coruña da CGT