CGT da Coruña
Por uns procesos de ingreso en Navantia obxetivos, transparentes e xustos
Entre as moitas desfeitas e irregularidades cometidas pola dirección de Navantia nos procesos de convocatoria de prazas de novos ingresos, unha das máis escandalosas foi a exclusión dunha aspirante ás prazas de universitarios júnior 2019 por "exceso de madurez persoal e exceso de coñecemento profesional". Isto é especialmente grave nunha empresa pública, que debería rexerse por un principio de non discriminación.
A excluída presentou unha demanda, cuxo xuízo inicialmente se fixou para o pasado marzo e que agora está previsto para mañá xoves 21 de outubro ás 12:15 en Ferrol.
Para reivindicar uns procesos de ingreso en Navantia obxectivos, transparentes e xustos, a CGT realizará unha:
Concentración diante dos Xulgados de Ferrol
Xoves 21 de outubro ás 12:00 h.
Sección Sindical Unitaria de CGT en Navantia-Ferrol
La Campana (VI Época) nº 53 – Para decir lo que en verdad ocurre
Ha salido un nuevo número, nº 53, de la revista semanal La Campana (VI Época, 19 10 2021), editada por CGT-Pontevedra. Sumario:
Editorial: "El gasto militar y la colaboración del gobierno en crímenes de guerra se camufla en los Presupuestos Generales del Estado"
Lucha sindical y social: "Folga de 245 horas no Telemarketing. A CGT convoca folga en Abai", por Larri // "Por un tren que vertebre o territorio e arrefríe o planeta", por Larri // "Inocultable traspié de las convocatorias por el Sistema Público de Pensiones, que a todos debería hacernos reflexionar", por Colectivo Justo Fierro
Actualidad: "Por qué la cumbre climática de Glasgow será tan banal y prescindible como todas las anteriore", por Ricardo Colmeiro // Juana Ruíz secuestrada y presa en Israel sin causa ni delito", por Remedios // Arrestados 3 miembros de la Federación Anarquista de Turquía // Cuatro fallecidos y 21 desaparecidos en el naufragio de una patera en el Estrecho de Gibraltar", por David Soliño
Voces libertarias (Letra A): "Anarquismo", por La Campana
Reseña de cine: "El corazón de la tierra" de Antonio Cuadri, por Osmundo Barros
Poesía: "Vida o muerte", por Voltairine de Cleyre
Memoria libertaria: Urania Mella / y 2, por M. Genofonte
NOTA: Todos los números de La Campana, actuales y pasados (1980 – 2021) pueden leerse y descargarse, en la web www.revistalacampana.info. Para mayor información e-mail: lacampanapdf@gmail.com
El Comité Local de CGT-Pontevedra
A CGT de Ferrolterra apoia a concentración do xoves 21 en defensa dun transporte público e de calidade
Este vindeiro xoves, día 21, haberá unha nova concentración dos usuarios e usuarias da liña de buses Ferrol-A Coruña, que están sendo maltratados (non hai outra maneira de calificalo) polas decisións tomadas pola empresa Monbús, decisións que non se toman pensando no benestar dos usuarios/as, senón nos beneficios dos propietarios e accionistas da empresa.
Tamén cabe denunciar a actitude cómplice da Xunta do PP, que, tras adxudicarlle o servizo a Monbús, agora tolera que a empresa maltrate ós pasaxeiros e pasaxeiras, con situacións tan inaceptables como deixalos tirados de forma repetida.
O problema prexudica especialmente ás persoas que utilizan a liña, especialmente traballadores/as e estudantes, tanto da universidade como do ensino medio.
Esta situación vén sumarse ó penoso estado do transporte ferroviario entre a nosa comarca e A Coruña, que leva anos sometido a unha degradación consciente por parte dos diferentes gobernos.
Todo isto responde a un interese en fomentar o transporte individual fronte ó transporte colectivo, para así beneficiar ás grandes empresas, xa sexan as petroleiras, as automobilísticas ou os propietarios da AP-9, cuxa concesión foi prorrogada ilegalmente polo PP para que seguisen amasando cartos; algún día saberase a cambio de que, pero nolo podemos imaxinar.
A Confederación Xeral do Traballo chama a tódolos traballador@s e estudantes de Ferrolterra a acudir á concentración prevista para este xoves 21 ás 8 da tarde no edificio da Xunta.
Basta de abusos das empresas privadas!
Por un transporte público e de calidade ó servizo da cidadanía!
CGT en Ferrolterra
Folga e concentración en Abai – A Coruña
Sección Sindical de CGT en Abai – A Coruña
O de Navantia non ten nome
Hoxe houbo unha reunión empresa-comité sobre as convocatorias de prazas en marcha.
A primeira preocupación da CGT foi a publicación dos dous horarios de exame e as profesións correspondentes a cada un deles, ademais do lugar da súa realización. Â
A resposta da empresa foi inaudita: ¡que o horario do exame de cada profesión o tiña que establecer os vogais do tribunal correspondente e, por tanto, había que esperar a que se reunisen! E isto a catro días laborables da data do exame! Â
A CGT argumentou que o papel dos vogais era a elaboración e corrección dos exames, non a organización dos aspectos prácticos dos mesmos, que as profesións tiñan que ser agrupadas de determinada maneira (a fin de garantir que as persoas inscritas en dúas puidesen examinarse de ambas) e que os vogais nada sabían deste aspecto, e que o lóxico era que os horarios se decidisen na Comisión de Emprego entre empresa e comité. Â
Non houbo maneira. A empresa non se moveu da súa postura. Pero horas máis tarde tivemos coñecemento de que a empresa enviou onte un correo a tódolos vogais indicando a que hora sería o exame de cada especialidade. Isto xa non ten nome. Ou mellor dito, si o ten: INDECENCIA.
Hai que ter moi mala baba para, estando establecidos xa os horarios, non querer publicalos. Esta é unha proba máis de como trata Navantia ós aspirantes. Ou mellor dito, de como os MALTRATA, e o fai DE FORMA SISTEMÁTICA E DELIBERADA. Os aspirantes non se merecen isto.
Moito vídeo, moita foto en redes sociais, moito vender imaxe de cara á opinión pública, pero a auténtica cara da xefatura de RRHH de Navantia é a que demostran estes feitos: un total desprezo polos traballadores e traballadoras.
Navantia ten que publicar os horarios e o lugar dos exames XA!
E o PSOE e Unidas Podemos deberían empezar a preocuparse polas falcatruadas que, no seu nome, organizan uns responsables de RRHH que non desentoarían nada cun goberno do PP-Vox. Â
Sección Sindical Unitaria de CGT en Navantia-Ferrol
A Folla da CGT en Navantia-Ferrol
Acábase de publicar o número 79 da Folla da CGT, a publicación da Sección Sindical Unitaria da CGT en Navantia-Ferrol. Neste número, o contido é o seguinte:
- Non é normal o proceso para acordar o teletraballo
- Calendario de mobilizacións en ElectroRayma
- Denuncia á Inspección por non publicar o escalafón
- Cambiar as bases dunha convocatoria de xeito retroactivo: unha trangallada
- Reunión coa empresa sobre convocatoria de prazas
- Xornadas abusivas en Carenas (Bahía de Cádiz)
Pódese descargar ou abrir este número picando nas ligazóns de embaixo.
Sección Sindical Unitaria da CGT en Navantia – Ferrol
Prazas de ingreso: a que espera Navantia?
A semana pasada saíu publicado que Navantia convocará antes de final de ano novas prazas de ingreso nas factorías de Fene e Ferrol.
- Prazas de operarios-empregados sénior: Estamos a unha semana da data fixada para o primeiro exame (xoves 21), que se celebrará case un ano despois do período de inscrición, a consecuencia, entre outras cousas, da anulación das primeiras listas provisorias polas irregularidades cometidas por Navantia na súa elaboración.
Pero a pesar de que hai xa máis de quince días que se decidiu que habería dous horarios de exame (a fin de garantir que as persoas inscritas en dúas profesións poidan examinarse de ambas, como a CGT reclamou insistentemente), Navantia aínda non fixo públicos cales van ser eses horarios nin que profesións se examinarán en cada un deles. Isto é unha total falta de consideración coas persoas que se van examinar, que se merecen algo máis de respecto.
Hai persoas que terán que pedir permiso no traballo. Hai persoas que virán de fóra da comarca. ¿Non se merecen saber se o seu exame vai ser a primeira hora ou a media mañá? A que espera Navantia para publicalo? Por que o mantén oculto? Xa de paso, non estaría de máis que anunciase tamén o lugar das probas. - Prazas de bombeiros (técnicos de emerxencias): O total de inscritos foron 118 (76 nas prazas júnior e 42 nas sénior). O prazo de inscrición rematou hai seis semanas. Vai sendo hora de que a empresa publique a lista provisoria de admitidos e non admitidos, para que o proceso poida continuar.
No canto de facer filtracións interesadas sobre convocatorias futuras, mellor sería que Navantia se ocupase de axilizar as convocatorias que están en marcha, que na ría de Ferrol avanzan a paso de tartaruga a consecuencia do boicot abertopor parte da empresa.
Sección Sindical Unitaria de CGT en Navantia – Ferrol
O 20 de outubro paramos AbaiGROUP
A Sección Sindical da CGT en Abai-A Coruña fíxonos chegar o seguinte comunicado da Sección Estatal:
La CGT hace un llamamiento a la huelga de 24 HORAS en los centros de Madrid, Málaga, Zaragoza y A Coruña.
Los ataques a los derechos de las personas trabajadoras por parte de ABAIGROUP son continuos. Desde el primer día que tomaron las riendas, de lo que era hasta hace poco eXTEL, sus esfuerzos se han concentrado en dilapidar los acuerdos existentes en los distintos centros de trabajo, siempre con la finalidad de empeorar y machacar.
Sin ningún tipo de escrúpulo no han cesado en presionar cada día más a Ixs trabajadorxs, no les ha importado que tengamos que trabajar sin la formación más básica o que cambiemos de un departamento a otro sin ningún tipo de justificación, así como imponer de forma unilateral nuevos criterios que afectan a las retribuciones variables.
La CGT no está dispuesta a que ABAI siga así, y la mejor manera de expresar nuestra capacidad de lucha es que el 20 de octubre todxs colguemos los cascos.
Debemos luchar colectiva y solidariamente, el 20 octubre tenemos la oportunidad de demostrarle a la dirección de la compañía que no somos marionetas, nuestras vidas valen más que sus beneficios.
Si nos golpean, nosotrxs respondemos
Na Coruña, a mobilización, ademáis do paro de 24 horas, concretarase nunha concentración o mesmo 20 de outubro, ás 12:00 horas, diante do edificio da empresa en Matogrande.
Nuevo tañido de La Campana (nº 52) para alertar conciencia social
Ha salido un nuevo número, nº 52, de la revista semanal La Campana (VI Época, 12 10 2021), editada por CGT-Pontevedra. Sumario:
Editorial: Una vez más, la institucionalidad política desprecia una causa popular: El Congreso rechaza la LP contra la privatización de la sanidad pública
Lucha sindical y social: "Inxenuidade ou acción sindical", por Larri // "A loita serve!", por Larri // "Cinco corporaciones sindicales negocian el cierre de Airbus en Puerto Real"
Actualidad: "El mecanismo de equidad intergeneracional o cómo recortar las pensiones sin recortarlas", por Germinal Cerván // "La OMS actualiza niveles considerados peligrosos de contaminación del aire", por Ramón Rodríguez // "Seis millones de personas sufren exclusión social severa", por AL La Campana
Reseña libros: "Prometeo contra Leviatán", de Costas Despiniadis, por Roberto Pradas Sánchez-Arévalo
Reseña de cine: "Titane", de Julia Ducournau, por Osmundo Barros
Poesía: "Una amarga historia", de Forugh Farrojzad
Memoria libertaria: "Urania Mella / 1 … tocando contra la guerra y el fascismo en tu piano de paz, pan y solfeo … – M. Genofonte
NOTA: Todos los números de La Campana, actuales y pasados (1980 – 2021) pueden leerse y descargarse, en la web www.revistalacampana.info. Para mayor información e-mail: lacampanapdf@gmail.com
El Comité Local de CGT-Pontevedra