post

Ante a situación dos novos ingresos en Navantia

O que está a pasar cos novos ingresos non hai por onde collelo. As eivas son de todo tipo, dende cuestións de fondo até detalles. As principais son estas:

  1. Tódolos contratos serán eventuais.
  2. Titulados universitarios: As probas son totalmente subxectivas (dinámica de grupo e entrevista persoal). Non hai ningunha proba obxectiva.
  3. Operarios e empregados: Os acordos da Comisión central de Emprego recollen (acta do 30 de abril, páx. 3) que poderán presentarse titulados de FP ou persoas con experiencia profesional. Os acordos de Ferrol violan isto e esixen titulación e experiencia. Se a isto lle sumamos que para a maioría das prazas se veta a quen teña máis de 3 anos de experiencia, está claro que se quixeron limitar severamente as posibilidades dos traballadores da Industria Auxiliar.
  4. Nivel de exclusión intolerable: Tanto polo recollido no punto anterior como polos problemas da aplicación informática (que permitía inscribirse en varias especialidades) e por non haber período de subsanación de erros.
  5. Unilateralidade e ocultismo por parte de Navantia: Negativa inicial a publicar as listas de non admitidos en operarios e empregados júnior; posteriormente, información abstracta sobre o motivo da non admisión. Esixencia dunha cláusula de confidencialidade como condición para entregarlle ó comité as listas cos nomes e apelidos completos (Cartagena publícaas en Internet). Negativa a comunicar os criterios de análise das reclamacións presentadas. Negativa a publicar as listas das prazas de universitarios júnior e,por tanto,inexistencia de periodo de reclamacións. A CGT denunciou á empresa pola cláusula de confidencialidade. Estudados os outros aspectos pola nosa asesoría xurídica, opina que só caben recursos individuais das persoas afectadas.
  6. Subcontratación do proceso: Ademais do feíto en si, a empresa elixida ten serios problemas para realizar o seu labor.
  7. Navantia pretende que sirva o chamado meeting day da primavera.

Por se todo isto non fose dabondo,hai que sumar outras dúas cousas:

a) Os comités das factorías non pintan nada nas chamadas prazas corporativas.

b) Está habendo contratacións a dedo, tanto TS (cousa, por desgraza, habitual) como non TS,o que representa un grave retroceso na limpeza das contratacións. O artigo 27 do convenio di: «Na Comisión Central de Emprego desenvolverase un Plan de Emprego no que se definirán os criterios de incorporación e modalidades de contratación das entradas que se produzan en plantilla durante a vixencia do presente convenio». Por tanto, OS CONTRATOS A DEDO VIOLAN O CONVENIO porque non cumpren os criterios establecidos. Se CCOO quere demostrar que as criticas lanzadas o 13 de xaneiro contra a empresa por estas contratacións son honestas, e non unha operación cosmética (os contratados a dedo xa estaban dentro) para rebaixar o gran malestar dos seus afiliados, debería apoiar que se tomen medidas legais contra a violación do convenio.

Para a CGT, as bases das convocatorias deben ser outras:

  • Convocatoria pública de tódalas prazas; o comité de empresa debe impugnar xudicialmente os ingresos que non cumpran este requisito e esixir ó novo goberno que lles poña fin e sume esas prazas ás convocatorias regradas. Contratos fixos, como CCOO e UGT dixeron que serían cando pediron o si ó convenio.
  • Probas obxectivas en tódotos casos. Non á entrevista persoal, vía para os enchufes.
  • Posibilidade de optar ás prazas por titulación ou experiencia profesional.
  • Simplificación do proceso eliminando o límite máximo de 3 anos de experiencia, que ademais é de dubidosa legalidade, por discriminatorio. A CGT non tiña aínda asesoría xurídica en Ferrotterra cando a empresa e o anterior comité asinaron a convocatoria de 2019, pero xa anunciamos que impugnaremos xudicialmente calquera nova convocatoria que conteña esta limitación (e non impugnamos a de 2019 porque a nosa asesoría opina que a estas alturas xa non podemos).
  • Axilización do proceso pedindo, como ocorre nalgunhas oposicións, a demostración do cumprimento dos requisitos só ás persoas que aproben o primeiro exame; en caso de que algunha non os cumprise,quedaría excluida e correría a lísta. Aínda que isto provocase un aumento do número de persoas que se examinan, sería preferible ó enguedello e o atasco que estamos a ver.
  • Convocatoria de prazas por protesións,non por ese invento da «especialidade».
  • Publicación de listas de admitidos e non admitidos, e período de subsanación de erros en tódolos casos.
  • Artellar medidas para que se coñeza de inmediato se unha solicitude está ben cumprimentada, ben sexa por poder entregarse en persoa ou porque a aplicación informática funcione. É inaceptable que 942 persoas tosen excluídas por taita de documentación e que ademais tarden case tres meses en enterarse, non se lles díga que documentos lles faltan e non teñan posibilidade de aportalos.
  • Realización do proceso por persoal de Navantia. Participación sindical.

Dada a situación dos novos ingresos,caben dúas opcións: 1) parchear e seguir; ou 2) reiniciar o proceso. Para a CGT, o cúmulo de defectos e/ou irregularidades desta convocatoria é inaceptable, razón pota cal debe REINICIARSE SOBRE UNHAS NOVAS BASES QUE GARANTAN A IGUALDADE DE OPORTUNIDADES, A OBXECTIVIDADE E A TRANSPARENCIA. Ademais,esas novas bases deben recoller tódolos aspectos porque se estamos neste punto tamén é por asinar deixando cousas sen definir. En calquera caso, A PRINCIPAL RESPONSABILIDADE É DA DIRECCIÓN DE NAVANTIA, POLO QUE DEBEN RODAR AS CABEZAS DOS QUE ESTÁN A ARGALLAR ESTA DESFEITA.

E non esquezamos que O QUE SE  NEGOCIA NAS CINCO COMISIÓNS SON MATERIAS  DE CONVENIO  E, POR TANTO,O  COMITÉ Â ESTÁ  OBRIGADO TANTO A INFORMAR ÓS TRABALLADORES SOBRE AS NEGOCIACIÓNS COMO A SOMETER A  UNHA ASEMBLEA XERAL A  DECISIÓN DE ASINAR OU NON.

Sección Sindical Unitaria da CGT en Navantia-Ferrol

 

 

post

Nº 8 da Folla de Navantia

Acaba de saír en Navantia de Ferrol o número 8 da «Folla da CGT«, cos seguintes contidos, sempre de interés:

  • Salarios de miseria na industria auxiliar
  • O problema da carga de traballo
  • Queremos unha Asemblea Xeral

Quen teña interés en ler a «Folla», pode facelo picando na ligazón que hai embaixo.

Sección Sindical Unitaria da CGT en Navantia-Ferrol

 

post

Unha nova agresión contra Navantia

Ante a noticia publicada hoxe por un medio dixital, segundo a cal a Armada baralla a posibilidade de construír o BAM-IS nun estaleiro privado, a CGT quere manifestar que, de materializarse tal posibilidade, sería un novo golpe a Navantia como empresa pública.

Na xuntanza que os comités de empresa de Navantia-Fene e de Navantia-Ferrol manterán hoxe cos grupos parlamentarios de Galiza, a CGT vai preguntar por este aspecto e esixirlle ós grupos de esquerda un compromiso firme de defensa do carácter público de Navantia.

Navantia está moi degradada por culpa do proceso de privatización indirecta que representa a subcontratación. Esa degradación está aumentando despois do plan, co abandono da actividade en toda unha serie de talleres e o aumento da subcontratación incluso en áreas decisivas como Enxeñería, esa mesma área que, na súa publicidade, a dirección de Navantia non cansa de proclamar como "core".

A subcontratación non só significa unha degradación das condicións laborais dos traballadores (sen ir máis lonxe, a semana pasada fíxose pública unha oferta de emprego da compañía que gañou a licitación do soporte informático na nosa ría que ofrece 15.000 euros brutos anuais, o que significa un salario neto de menos de 1.000 euros mensuais), senón que tamén degrada a Navantia como empresa.

A día de hoxe, Navantia xa non pode construír un buque por si soa. E polo camiño que leva a área de Enxeñería, queda moi pouco para que tampouco poida deseñalo. A subcontratación é o problema de futuro máis grave que afronta Navantia.

O 15 de decembro de 2014, Pedro Sánchez visitou Navantia-Ferrol. Nas hemerotecas poden lerse as súas afirmacións asegurando que o PSOE ía "facer unha aposta decidida desde as administracións en canto gobernemos pola reindustrialización da comarca de Ferrol".

Cinco anos (e varias eleccións xerais) máis tarde do previsto, pero esas palabras teñen agora unha oportunidade de ouro de converterse en realidade, empezando porque o Estado utilice as súas propias empresas para os seus encargos e continuando por cumprir os investimentos anunciados na modernización das instalacións.

https://www.lainformacion.com/empresas/la-armada-explora-un-segundo- astillero-navantia-rescate-submarinos-bam/6539373/

Sección Sindical Unitaria da CGT en Navantia-Ferrol

 

post

Atento fai USO das súas comparsas para publicitar a súa propaganda

El  día 24 se publicó en  el centro de trabajo un  panfleto escrito por Atento y firmado por USO, que representa el sello de su alianza y que recoge el contenido del acta de infracción de Inspección que la empresa recibió a principios de mes. Las alianzas son así, si una recibe una carta la comparte con la otra; sin complejos.

Aunque se hacen llamar sindicato, han pasado del pasteleo con la empresa a hacer una ostentación bochornosa de ese pasteleo, y en la práctica esto implica que han renunciado a la defensa de lxs trabajadorxs. Parece que las liberaciones tienen un precio y hay que pagarlo colocándose, sin sombra de duda, del lado de quien nos oprime y nos explota a diario.

Ahora entendemos mejor por qué tanta insistencia en defender a la empresa y en que no servía de nada firmar «no conforme» los escritos de cambios de libranza porque eran «legales y correctos», por qué abandonaron las movilizaciones diciendo que iban a  solucionar el  conflicto por la vía administrativa pero luego no hicieron nada, o por qué afirman sin rastro de vergà¼enza que la culpa de los conflictos laborales la tenemos lxs trabajadorxs.

Nos reconforta pensar que, al menos, reconocen públicamente que Inspección ha sancionado a la empresa por modificar las jornadas y libranzas en Navidad indebidamente, y que se equivocaban cuando defendían a Atento ante la inspectora en la aplicación incorrecta del art. 26 del convenio. La parte menos buena es que, en esta deriva, no tenernos muchas esperanzas de que en el futuro vuelvan a asumir la responsabilidad de representar a quien les corresponde, aunque por parte de la CGT seguiremos intentando romper alianzas que perjudican tanto a todxs,  y  buscando la unidad para defender los puestos de trabajo y la dignidad  laboral en la empresa.

Sección Sindical de CGT en Atento – A Coruña

 

post

Nº 7 da Folla da CGT de Navantia

Saíu o número 7 do boletín da CGT de Navantia e, como sempre con contido interesante:

  • A CGT denuncia a Navantia pola cláusula de confidencialidade.
  • Navantia quere represaliar ao persoal da UTE de mantemento.
  • Reclamación de carga de traballo.
  • Cómputo do tempo dos pases.
  • Retribucións 2020.
  • Falta de información sobre as reclamacións nos novos ingresos.

Pódese ler a Folla picando na ligazón de embaixo.

Sección Sindical Unitaria da CGT en Navantia-Ferrol

 

post

Atento non podía modificar as xornadas do 24 e 31 de decembro

Como defendió la CGT desde el principio, Atento actuó al  margen de la normativa (además de su notoria mala baba en el asunto) cuando decidió unilateralmente modificar las  libranzas las semanas de Nochebuena y Nochevieja  a parte de la plantilla del CAT.

La Inspección de  Trabajo  nos  ha  dado  la  razón: sanciona  a  Atento por haber usado como artimaña el art. 26 del convenio (que está para otra cosa) para poder ahorrarse unos eurillos en pluses y adaptar nuestro horario a su antojo como si fuésemos chicles en lugar de personas con vidas que vivir y conciliar con el trabajo.

Ya está bien de resignación y de aceptar sin cuestionamientos cualquier ocurrencia de la empresa  disfrazada  de  legalidad.  Es  nuestra responsabilidad sindical poner freno a los abusos de Atento y no mirar para otro lado o, incluso, actuar como cómplices de su racanería.

Esta resolución de Inspección refuerza nuestra postura inicial y, con el mismo convencimiento, acudiremos a los juzgados para intentar evitar que Atento repita atropellos como este. Es una lástima que haya quien dedique todos sus esfuerzos a confundir y confabular en lugar  de centrarse en combatir las injusticias de Atento porque, de remar todxs en la misma dirección, podíamos haber resuelto sindicalmente (y de manera más ágil, eficaz y satisfactoria) esta sobrada empresarial.

Sección Sindical de CGT en Atento-A Coruña

 

post

Manifestación en defensa das pensións na Coruña

A CGT, xunto cos sindicatos CUT, PROSAGAP, SE, SF e STEG, acordou convocar varias mobilizacións en Galicia o próximo 30 de xaneiro, xoves, co lema "DEFENDAMOS AS PENSIÓNS". Na Coruña, convócase na Praza de Portugal, ás 19:30 horas, para saír en manifestación cara a Delegación do Goberno.

O capitalismo quéreo todo e agora quere facer negocio coas nosas xubilacións. Por iso non é suficiente que este ano o goberno decidirá facer un incremento consonte ao IPC, senón que é necesaria a blindaxe permanente do sistema público de pensións, que garanta os ingresos suficientes e dignos para todas e todos. Por iso, independentemente da recente suba, ímonos movilizar porque "GOBERNE QUEN GOBERNE, AS PENSIÓNS DEFÉNDENSE".

Comité Local da CGT da Coruña

 

post

Fartxs de precariedade en Extel

Por ahora poco o casi nada ha sido lo que hemos notado con la nueva empresa, bueno sí: más cartulinas de brillantina pegadas en las paredes y «los nombres de equipos»Â  en colorines. Pero lo realmente importante no ha cambiado,seguimos soportando la misma precariedad.

No solo estamos sometidxs a un ritmo de trabajo inhumano, y a una presión constante,a mayores tenemos que sufrir:

  • Bajos salarios y congelados
  • Mierda por todos lados
  • Falta de formación/información
  • Aplicaciones como Telco
  • Equipos obsoletos
  • Gritos y malas formas de clientxs
  • Temperaturas extremas
  • Puestos que se caen
  • Y un largo etcétera …

Por lo que nos han traslado las representantes de ABS la semana pasada, lo que les importa – al igual que al resto de empresas del sector-, son sus números y sus balances.

En la CGT lo que nos preocupa son las personas; no vamos a comprar ningún discurso que suponga someternos todavía más, obligándonos a asumir más carga de trabajo y control, que suponga empeorar aún más nuestras condiciones laborales.

Estos últimos años, nos han hecho creer que la precariedad es un estado que debemos de asumir con normalidad  en  nuestras  vidas, cuando en absoluto lo debe de ser. Ante esto nosotrxs reivindicamos  dignidad, lucha y solidaridad.

¡Que no te vengan con cuentos!

Sección Sindical de CGT en Extel-A Coruña

 

post

Novo número do Boletín de CGT en Navantia

Publicouse o número 6 da Folla da CGT en Navantia de Ferrolterra, que ten o seguinte e interesante contido:

  • Artigo do Diario de Ferrol de xullo de 2016, no que os sindicatos chamados maioritarios, daquela si, denunciaban as irregularidades nas contratacións de novo persoal.
  • Posición da CGT sobre as cláusulas de confidencialidade que pretenden restrinxir a información a algún membros do Comité.
  • Compromiso do novo goberno sobre Navantia Ferrol.

Quen queira pode ver o Boletín picando na ligazón de embaixo.

Sección Sindical Unitaria de CGT en Navantia-Ferrol