Ante a noticia publicada hoxe por un medio dixital, segundo a cal a Armada baralla a posibilidade de construír o BAM-IS nun estaleiro privado, a CGT quere manifestar que, de materializarse tal posibilidade, sería un novo golpe a Navantia como empresa pública.
Na xuntanza que os comités de empresa de Navantia-Fene e de Navantia-Ferrol manterán hoxe cos grupos parlamentarios de Galiza, a CGT vai preguntar por este aspecto e esixirlle ós grupos de esquerda un compromiso firme de defensa do carácter público de Navantia.
Navantia está
moi degradada por culpa do proceso de privatización indirecta que representa a
subcontratación. Esa degradación está aumentando despois do plan, co abandono
da actividade en toda unha serie de talleres e o aumento da subcontratación
incluso en áreas decisivas como Enxeñería, esa mesma área que, na súa
publicidade, a dirección de Navantia non cansa de proclamar como "core".
A
subcontratación non só significa unha degradación das condicións laborais dos
traballadores (sen ir máis lonxe, a semana pasada fíxose pública unha oferta de
emprego da compañía que gañou a licitación do soporte informático na nosa ría
que ofrece 15.000 euros brutos anuais, o que significa un salario neto de menos
de 1.000 euros mensuais), senón que tamén degrada a Navantia como empresa.
A día de hoxe, Navantia xa non pode construír un buque por si soa. E
polo camiño que leva a área de Enxeñería, queda moi pouco para que tampouco
poida deseñalo. A subcontratación é o problema de futuro máis grave que afronta Navantia.
O 15 de
decembro de 2014, Pedro Sánchez visitou Navantia-Ferrol. Nas hemerotecas poden
lerse as súas afirmacións asegurando que o PSOE ía "facer unha aposta decidida
desde as administracións en canto gobernemos pola reindustrialización da
comarca de Ferrol".
Cinco anos (e varias eleccións xerais) máis tarde do previsto, pero esas palabras teñen agora unha oportunidade de ouro de converterse en realidade, empezando porque o Estado utilice as súas propias empresas para os seus encargos e continuando por cumprir os investimentos anunciados na modernización das instalacións.
https://www.lainformacion.com/empresas/la-armada-explora-un-segundo- astillero-navantia-rescate-submarinos-bam/6539373/
Sección Sindical Unitaria da CGT en Navantia-Ferrol