post

Navantia: hai que pasar á ofensiva en mantemento

Este chamamento figura no número 47 da Folla da CGT, que ven de ser publicada. Ademáis, neste número aparecen os seguintes temas:

  • A cuestión do cartucho: a decisión corresponde axs traballadorxs
  • Estamos sen calendario laboral
  • Que pasa coa suba do 2% no 2020?
  • Os líos dos novos ingresos
  • Silenzo cos compañeirxs de Sestao

Quen teña interés pode abrir ou descargar a Folla picando las ligazóns de embaixo.

Sección Sindical Unitaria da CGT en Navantia-Ferrol

 

post

24 de decembro, novo paro de 24 horas en Atento

OS PAROS DE DÚAS HORAS OS VENRES RETOMARANSE O 8 DE XANEIRO

Continúan as movilizacións iniciadas a finales de outubro para esixir a retirada da medida tomada por Atento de obrigar a volver a traballar no centro a un grupo de traballadores e traballadoras. Esta semana, e despois de ter coñecemento de que  a empresa incluíu unha nova claúsula ao acordo de traballo a distancia para quenes se incorporen a partir de agora ao teletraballo na que supedita o poder traballar nos domicilios aos datos que obteña, o Comité de Empresa convoca un novo paro de 24 horas o día 24 de decembro.

Para o Comité de Empresa esta clausula é un novo abuso da empresa, ao obrigar ás e ós traballadores a asinala para poder ir a traballar as suas casas e así non por en perigo a sua saúde.

Os e as traballadoras queremos denunciar que con esta nova clausula Atento pretende lexitimar a medida pola que levamos casi dous meses mobilizándonos e queremos recordar a Atento e o seu cliente Movistar que a nosa saúde está por riba de calquera interes empresarial, e que a partir do 8 de xaneiro continuaremos cos paros de dúas horas os venres, ao final das nosa xornadas, mentres continúen poñendo en perigo as nosas vidas.

O Comité de Empresa seguerá a esixir o teletraballo durante a pandemia para garantir a nosa saúde, É importante recordar que o traballo realizado no sector do telemárquetin se pode facer indiscutiblemente a distancia, tal e como está a realizar a maioría do persoal de Atento hai meses.

Comité de Empresa (do que forma parte a CGT) de Atento-A Coruña

 

post

Navantia: todos á mobilización en defensa dos empregos o 17-D

Os traballadores de Navantia debemos contribuír ó éxito da folga comarcal que está convocada para mañá nas comarcas de Ferrol, Eume e Ortegal, acudindo masivamente á cadea humana que unirá os concellos de Ferrol e Narón entre as 11:00 e as 13:00 h.

Coa escusa da pandemia, disparáronse os despedimentos, os peches, os recortes salariais e de dereitos, provocando un sufrimento brutal á nosa clase: os desafiuzamentos, as colas da fame, a fenda dixital ou os recortes en educación e sanidade golpean especialmente ós traballador@s máis vulnerables.

Tan só na nosa factoría, milleiros de empregos foron desmantelados nos últimos dous anos. Cando se entregue o AAOR-2 serán moitos máis. A perspectiva é moi dura. A destrución de emprego é un cancro que se estende por todo o Estado español, facendo moi difícil atopar traballo noutro lugar. Na nosa comarca, empresas coma Poligal, Noa, Cándido Hermida, Gamesa ou a central térmica das Pontes súmanse ó desastre de Navantia. A situación é similar no resto do Estado: Nissan ou Alcoa son só a expresión más avanzada dun proceso que afecta a toda a industria (automóbil, aeronáutica, electrointensiva, enerxética…) e, por tanto, ó resto dos sectores económicos.

Mentres despiden, pechan fábricas e recortan salarios e dereitos, a patronal e a banca non paran de esixir cartos públicos e de amasar beneficios. Alcoa (2.500 millóns en axudas do Estado en dúas décadas) ou o rescate multimillonario da banca son dous exemplos dun proceso sistemático e xeneralizado de parasitismo que a pandemia está a acelerar: os centos de miles de millóns de euros do escudo social anunciado polo goberno están indo a parar ós grandes capitalistas, xa sexa mediante axudas directas ou indirectas. Por exemplo, os ERTES están permitindo que as empresas non teñan que empregar os beneficios millonarios amasados ano tras ano (500.000 millóns só en 2019) en pagar salarios dos traballadores, a costa dun endebedamento do Estado que pagamos os traballadores.

Non hai cartos para implantar un subsidio de desemprego digno e indefinido para tódolos parados, pero si os hai para a banca é as grandes empresas. Isto non é inevitable. É unha decisión dos capitalistas para manter e aumentar os seus beneficios a costa da vida da clase obreira. ¡É un proceso global de ataques contra a clase obreira, sen precedentes dende os anos 30 do século pasado!

A experiencia do goberno de PSOE e Unidas Podemos está a demostrar os límites do parlamentarismo para defender os intereses dos traballadores. A loita (mobilización nas rúas, paralización da produción, folgas xerais…) é o único camiño. Hai que unificar as forzas do conxunto dos traballador@s para así poder defender os intereses da clase obreira fronte ós intereses da clase empresarial, que son absolutamente incompatibles cos nosos. A xornada de mañá ten que ser o inicio dun proceso ascendente de mobilización no que o seguinte paso sexa a convocatoria dunha folga xeral en Galiza a comezos do vindeiro ano, como preparación dunha Folga Xeral en todo o Estado para antes do verán.

¡Defendamos cada posto de traballo!

Sección Sindical Unitaria de CGT en Navantia-Ferrol

 

post

A desmobilización permanente en Navantia

Acaba de publicarse o número 46 da Folla da CGT e ven encabezada cun artigo sobre o rexeitamento da maioría sindical do chamamento feito polos representantes da Industria Auxiliar a un paro de 24 horas para o día 27. Además desta desvergoña sindical, a Folla contén un comentario sobre canto fillo de put hai neste país (26 millón din os que os queren fusilar).

Coma sempre, quen teña interés en ler a folla, pode descargala premendo nas ligazóns de embaixo.

Sección Sindical Unitaria de CGT en Navantia-Ferrol

 

post

Movilizaciones en Banco Santander

El Banco Santander lleva inmerso en diferentes procesos de reestructuración de plantilla mediante Expedientes de Regulación de Empleo desde el 2013. En todos los EREs llevados a cabo hasta la fecha entre esa fecha y la actualidad, unidos a los del extinto Banco Popular, se han destruido más de 15.000 empleos.

Una herramienta que debería ser para casos excepcionales la está utilizando el Banco de manera sistemática para la destrucción de miles de puestos de trabajo, algo que ninguna otra empresa del sector ha hecho a pesar de atravesar las mismas situaciones de mercado.

En la actualidad nos vemos inmersos en un proceso por el que se pretenden llevar por delante, en el mejor de los casos, 4.000 puestos de trabajo, ello sin olvidarnos de la precarización de las condiciones laborales de quienes sean externalizados a empresas de servicios.

Dichas externalizaciones suponen una utilización fraudulenta de la legislación vigente, dado que llevarían a otras empresas tareas que actualmente se realizan en el Banco y que son parte fundamental del negocio bancario, pero su externalización supondría un ahorro de costes para la entidad, así como una precarización en las condiciones de lxs compañerxs externalizadxs.

A esto le sumamos unas deplorables condiciones de salida ofertadas, lo que pone de manifiesto que para el Banco Santander los beneficios están claramente por encima de las personas. Y no olvidemos que son precisamente las personas las que con su esfuerzo y dedicación diaria hacen que esos beneficios se incrementen año a año.

Por estos motivos CGT consideramos que ha llegado el momento de salir a la calle a reivindicar la defensa de todos y cada uno de los puestos de trabajo. Porque aquí no sobra nadie y todxs unidxs debemos mostrar al Banco Santander que Galicia se opone a sus políticas de destrucción de empleo. Porque la precarización del sector bancario redundará negativamente en toda la comunidad gallega.

Este sábado 12 de diciembre a las 12.00 nos vemos en el Cantón Grande de A Coruña y en el cruce de Colón de Vigo unidxs en la lucha por los puestos de trabajo del sector bancario.

 

 

post

O Buzón Rebelde de Correos da Coruña

Acaba de saír publicado o boletín da CGT de Correos da Coruña cun contido de actualidade:

  • Outro exame, outro nadal, e todo -covid á parte- segue igual
  • Folga de sábados
  • Consolidación insuficiente
  • Remate do acordo plurianual
  • Automatización = explotación
  • Correos Exprés con condicións penosas
  • Loitas e mobilizacións
  • Motos eléctricas, Covid na Coruña… e moito máis

Quen estea interesado pode descargar ou ler o boletín picando nas ligazóns de embaixo.

Sección Sindical da CGT en Correos-A Coruña

 

post

Nova agresión de Navantia contra os traballadores da Industria Auxiliar

Este é o título do artigo de portada da Folla da CGT número 45 que publica a Sección Sindical Unitaria en Navantia e que explica unha nova agresión da empresa contra os dereitos dxs compañeirxs da IA. Ademáis, a Folla contén o seguinte:

  • Apoio á concentración polas pensións e contra o Pacto de Toledo
  • Sentenza gañada pola CGT sobre os xuros dos atrasos das asimilacións
  • Unha nova arbitrariedade nos novos ingresos
  • Prohibición a membros do Comité a acceder a dependencias da factoría
  • Horas sindicais de novembro utilizadas polxs nosxs delegadxs

Coma sempre, quen estea interesado, pode abrir ou descargar a Folla premendo nas ligazóns de embaixo.

Sección Sindical Unitaria da CGT en Navantia-Ferrol

 

post

7 de decembro, paro de 24 horas en Atento

CONTINÚAN OS PAROS DE DÚAS HORAS OS VENRES INDEFINIDAMENTE

            Como continuación do calendario de mobilizacións iniciado o pasado 26 de outubro para esixir a retirada da medida tomada por Atento de rescindir unilateralmente os contratos de traballo a distancia a un grupo de traballadoras, e despois de que a empresa decidira a pasada semana obrigar a traballar no centro a outro grupo, o Comité de Empresa, do que forma parte a CGT, convoca un novo paro laboral de 24 horas o día 7 de decembro, ademais de continuar con paros de dúas horas ao remate da xornada os venres.

Con esta nova xornada de loita os e as traballadoras queremos denunciar a irresponsabilidade de Atento, que pon en risco a nosa saúde e a das nosas familias, obrigándonos a acudir ao  centro de traballo en Juan Flórez. O seguimento (que esperamos sexa masivo) desta folga pretende amosarlles a Atento e ó seu cliente Movistar que o persoal laboral vai seguir mobilizándose ata que deixen de poñer en perigo as nosas vidas e as do noso entorno. Desgraciadamente, no tocante a riscos laborais estas empresas están abusando das e dos traballadores aproveitando a inoperancia das medidas preventivas implantadas polas administracións públicas, que permiten que se dean situacións coma esta sen poñerlles freo de inmediato.

O Comité de Empresa seguerá a esixir o teletraballo durante a pandemia para garantir a nosa saúde, É importante recordar que o traballo realizado no sector do telemárquetin se pode facer indiscutiblemente a distancia, tal e coma está a realizar a maioría do persoal de Atento hai meses.

Sección Sindical CGT Atento Coruña

 

post

Prazas de Navantia: unha auténtica cacicada

Onte pola tarde, Navantia publicou as listas provisorias do exame teórico-práctico das tres especialidades pendentes (Asistencia á dirección, Bacharelato e Mecatrónica) da convocatoria de prazas de operarios e empregados júnior 2019.  

Finalmente, Navantia excluíu a 4 persoas que nese exame sacaron a nota suficiente para obter praza (que é o que recollen as bases), pero que non obtiveron o "visto e prace" dun psicólogo contratado por Navantia para facer algunhas entrevistas persoais telemáticas (entrevista que non aparece por ningures nas bases, e que tampouco se lle fixo a tódolos candidatos). Noutras palabras: Navantia viola as bases da convocatoria.  

Este nivel de nepotismo empresarial son, infelizmente, habituais no sector privado. Pero que ocorran nunha empresa pública é gravísimo. Neste senso, a CGT defendeu na permanente do comité de Ferrol a convocatoria inmediata dunha asemblea xeral para abordar co conxunto dos traballadores/as toda esta situación, proposta que lamentablemente non saíu adiante.  

Pero non se trata só de loitar para solucionar este caso. Hai que impedir que isto volva a repetirse. Trátase de acabar con tódalas irregularidades, escurantismos e arbitrariedades que se producen nas contratacións de Navantia, e que, no caso das prazas de titulados universitarios, veñen de lonxe.  

Non hai nada que inventar. Navantia é unha empresa pública. Por tanto, debe seguir os procedementos transparentes e obxectivos propios da Administración pública.  

Mentres a SEPI, matriz de Navantia, convoca prazas de titulados universitarios rexidas polo principio de igualdade, mérito e capacidade, Navantia exclúe xente por motivos escuros que oculta trala escusa do secreto clínico dun psicólogo. Ou por exceso de coñecemento, como pasou nas prazas de universitarios júnior.  

A CGT vai facer todo o que estea na nosa man para loitar contra esta cacicada e para que a arbitrariedade desapareza de Navantia, deixando paso a uns procesos de ingreso transparentes e nos que haxa unha igualdade de oportunidades real conforme ós principios de igualdade, mérito e capacidade, e de non discriminación entre homes e mulleres, como corresponde a unha empresa pública.  

Sección Sindical Unitaria de CGT en Navantia-ferrol