post

Atento A Coruña: permisos retribuidos a partir do primeiro día laborable

En sentencia de 13 de febrero de 2018, el Tribunal Supremo reconoce el derecho a hacer uso del permiso por fallecimiento de familiares, licencia de matrimonio y nacimiento de hijos a partir del primer día laborable posterior, si cualquiera de los hechos causantes ocurren Durante días no laborables.

Cuando desde la CGT tuvimos noticia de que Atento incumplía la sentencia, presentamos denuncia ante Inspección de Trabajo, que nos ha dado la razón y requiere a la empresa a que «proceda al reconocimiento de este derecho desde la fecha en que se dictó la sentencia, el 13 de febrero del 2018, en relación a todos los trabajadores del centro de trabajo que hayan perdido el disfrute de  licencias de matrimonio, nacimiento de hijos y fallecimiento de familiares,  por coincidirles con días de libranza o vacaciones. En fecha 30 de octubre deberá remitir un informe en el que se indique los días en que se pactan para el disfrute de las licencias que no se disfrutaron en su momento con los trabajadores afectados, su incumplimiento supondrá el inicio de expediente sancionador».

Si es vuestro caso, y la empresa os ha denegado el permiso por esta causa y antes del 30 de octubre no os ha contactado para pactar el uso de los días de permiso, podéis contactar con cualquier delegado o delegada de la CGT.

Sección Sindical de CGT en Atento da Coruña

 

post

Finaliza sen acordo o proceso de negociación de vacacións en Atento-A Coruña

Como era de esperar, la negociación de vacaciones 2020 ha sido breve. Vista la postura de la empresa en la primera reunión del  3 de octubre, en la que de inicio Atento imponía unos mínimos (sus plazos, sus cupos, sus reservas a adjudicarnos las vacaciones), lo de hoy ha sido rápido.

Lo único que la empresa aceptaba modificar de sus exigencias de partida son sus plazos, y solo los relativos a nuestras solicitudes, que para dar respuesta a ellas ya lo harán cuando les venga en gana, suponemos que ciñéndose a los dos meses de antelación que marca la normativa. Os recordamos que en la negociación del pasado año Atento se comprometía a contestarnos en menos de un mes si las solicitábamos en sus plazos.

Nuestra petición -reiterada y ya realizada el pasado año- de que sus cupos se faciliten por número de personas y no en porcentajes, con objeto de dar transparencia a los mismos y a toda la planificación, ni siquiera ha recibido respuesta (solo cuando se la recordamos nos han dicho N O).

De lo que no se olvidan es de mantener la posibilidad de imponernos períodos de vacaciones a quienes -por múltiples motivos no  podamos organizar nuestra vida ciñéndonos a sus planificaciones.

Con este panorama la CGT no firma un acuerdo. No  vamos  a  ser cómplices de un sistema opaco ni de permitir que Atento imponga vacaciones a nadie y, en definitiva, que se nos restrinjan más nuestros derechos en esta materia.

Secciión Sindical de CGT en Atento-A Coruña

 

post

Traballadorxs das Pontes: temos que recuperar a nosa voz

Estamos a vivir nosa comarca un momento crucial para xs traballadorxs: unha empresa do oligopolio enerxético, Endesa, ten secuestrado o noso futuro e provoca a vulneración dos nosos dereitos laborais, abocando ao paro e miseria vital de milleiros de nós sen asumir ningún tipo de responsabilidade sobre a situación que está a provocar.

Mentres o negocio lles foi rendible, aproveitaron a situación ata o fondo, dun xeito voraz, cobizoso e depredador do medio natural. Agora que comeza a non haber negocio, ameazan co abandono para poder ir roubar a outros lugares, quizás outros países, aínda sen explotar.

Para a CGT isto é inadmisible, Endesa e o resto de empresas que se beneficiaron todos estes anos son responsables dos postos de traballo que agora están en perigo e calquera solución de futuro pasa polo establecemento de plans sustentables que aseguren unha transición xusta con postos de traballo sen perdas de dereitos, postos de traballo sostibles, non precarios e de calidade.

Nesta conxuntura, non esquecemos o papel das institucións e dxs políticxs, cómplices durante tantos anos das empresas, ás que permitiron campar ás súas anchas e que fomentaron a esquilma da natureza de xeito ilimitado.

O mellor xeito de combater estes abusos mafiosos é a organización dos traballadorxs e iso debemos facelo de forma autónoma e tomando o control na defensa dos nosos dereitos.

Non é só un problema do persoal de Endesa. O emprego nas empresas auxiliares está en grave risco. Non podemos ceder, nin permitir, ningunha agresión contra os postos de traballo. Precisamos organizarnos ante as lóxicas de lucro incesante da patronal. Diferenciarnos doutros espazos que intentan monopolizar as loitas e as transforman en banderíns de enganche electoreiros. Temos a capacidade para construír unha ferramenta de loita con vida propia, baseada na solidariedade e no apoio mutuo, de xeito que nós sexamos donxs das nosas decisións con independencia das institucións e dos poderes políticos.

POR UNHA TRANSICIÓN XUSTA!

POLA DEFENSA DOS POSTOS DE TRABALLO!

Comité da CGT da Coruña

 

post

[A Coruña] As aberracións de Atento: vacacións para o 2020 e seguintes

Ayer 3 de octubre estábamos citadas por la empresa -junto al resto de sindicatos- para mantener una reunión con el fin de llegar a un acuerdo para organizar las vacaciones del 2020. Nada más lejos de la realidad. Comenzaron la reunión marcando territorio, con prepotencia cínica y nulo respeto. Nos plantan de entrada sus mínimos que sí o sí debemos tragarnos, pasando por alto todo lo acontecido con las vacaciones de este ano y obviando cualquier alusión al conflicto colectivo que el comité de empresa, por unanimidad, acordó presentar, y cuyo juicio está señalado para el 10 de diciembre.

Ni tan siquiera lo disimulan. Tienen la clara intención de volver a la carga con imposiciones: sus plazos, sus cupos, sus reservas a adjudicarnos las vacaciones (de nuevo y a pesar de…) a quien ose organizar su vida al margen del yugo de Atento. No sabemos todavía que nos depararán esta vez sus despreciables maniobras pero el mensaje que nos lanzan es evidente: dividirnos y desgastarnos, conseguir que cada cual -con la esperanza de resultar agraciada o agraciado- corra a solicitar las vacaciones cuando y como Atento quiere.

Veremos cómo se desarrollan los acontecimientos, pero si el mensaje de Atento es insultante el nuestro tiene que estar a la altura, no permitiendo que nos atropellen de esta manera y haciendo frente a sus desprecios. Si ahora cedemos a sus ofensas conseguirán que nuestras vacaciones venideras sean las que ellos decidan año tras año, eliminando cualquier atisbo de acuerdo mutuo.

Por CGT, si en algún momento Atento cambia radicalmente el rumbo y está dispuesta a negociar y no a hacer su negocio, estaremos y haremos nuestra parte que es procurar un acuerdo provechoso para los intereses de todxs.

Sección Sindical de CGT en Atento-A Coruña

 

post

[Ferrol] Folga da Industria Auxiliar de Navantia. Resposta a algúns «argumentos»

Na loita de clases pasa como nas guerras: a primeira vítima é a verdade. Temos un conflito laboral e temos a correspondente campaña de intoxicación coa que as empresas queren contribuír á derrota dos traballadores.

Falacia nº 1: Os despedidos son malos profesionais. Incluso hai o rumor de que terían un expediente aberto por esta razón, o cal non é certo. Pero en calquera caso: se son tan malos profesionais, ¿por que nas cartas de despedimento se alegan motivos económicos e de futura falta de ocupación? Algúns despedidos xa levan uns cantos anos no mantemento. De feito, algúns pasaron a fixos esta primavera e un ascendeu hai poucos meses. ¿Alguén pode crerse que un pirata empresarial como Ramón Franco fai fixos e ascende a malos profesionais? ¿Ata agora sabían traballar e de repente deixaron de saber? Por outra banda, Indasa readmiteu ós seus despedidos.

¿Recuperaron a profesionalidade no piquete da porta ou como foi a cousa? Estes despedimentos non teñen nada que ver coa profesionalidade dos afectados, que ademais tampouco é unha responsabilidade individual do traballador, senón que depende moito das ferramentas de que dispoña a empresa ou da formación que dea, formación que na UTE brilla pola súa ausencia. ¡Pero se nin sequera ten soldadores homologados! Pero non por falta de cualificación dos traballadores, senón por non gastar cartos.

Falacia nº 2: O contrato das compañías non é para o mantemento, senón de auxilio a Navantia. Habería que ter o contrato, pero en calquera caso, ¿cal é a realidade? ¿Quen realiza a maioría do mantemento, por exemplo dos guindastres? Todos sabemos que a UTE. Non vale agarrarse a unha posible formalidade.

Falacia nº 3: Baixada na carga de traballo. Ademais de que os traballadores da UTE proceden de Ferrovial, que conseguira o contrato nunha época de pouca carga de traballo, hai máis argumentos contra esta falacia. Incluso nunha situación de gradas baleiras, o mantemento é necesario porque unha máquina parada tende a estropearse. É máis, os períodos sen carga de traballo son precisamente os máis indicados para realizar operacións de mantemento de gran calado porque as máquinas non son necesarias para a produción.

Á parte da difusión destas fake news, o bando pro-empresarial recorre a unha táctica moi vella: o "divide e vencerás". A maneira de dividir é sementar prexuízos que poñan a uns traballadores contra outros.

Prexuízo nº 1: Xa houbo máis despedimentos e non se fixo nada, ¿por que hai que facer algo por estes? É certo, xa houbo despedimentos noutras compañías (por exemplo, Maessa) e non se fixo nada. Pero isto pode ter múltiples razóns. Por exemplo, que o comité da compañía non quixese facer nada. ¿Pero que non houbese batalla contra os primeiros despedimentos xa ten que significar que todos os que veñan detrás teñen que resignarse? As empresas difunden este prexuízo porque queren unha actitude submisa ante as súas agresións antiobreiras, porque saben que, se esta folga do mantemento se gaña, isto animará a outros traballadores a dar a batalla en defensa dos seus dereitos.

Outro truco habitual é presentar a outros traballadores como "privilexiados", a fin de que a rabia non se dirixa contra os responsables das malas condicións laborais (ou sexa, os empresarios), senón contra os traballadores con mellores condicións. Habitualmente se usa para crear divisións entre os traballadores das empresas principais e os subcontratados (ó que en moitos casos axuda a actitude da burocracia sindical das empresas principais, que pasa dos problemas dos traballadores subcontratados). No caso desta folga, se usa contra outros traballadores da IA, "culpables" de ter unha condición laboral máis favorable: o dereito de subrogación, que favorece unha maior estabilidade no emprego. ¿Hai que tender á igualdade nas condicións laborais? Por suposto, ¡pero por enriba, non por embaixo! Que uns traballadores melloren contribúe á mellora dos demais. ¿Favorecería a estabilidade do emprego na IA que as empresas anulen na práctica o dereito de subrogación? Todo o contrario. Hai que ter claro que calquera avance dun colectivo de traballadores favorece ó resto. E tamén que calquera retroceso prexudica ó resto.

Prexuízo nº 2: Se non hai carga de traballo, é normal que os despidan. Esta idea o único que fai é dificultar a loita contra a precariedade. E, por certo, os que menos deben contribuír a difundila son os traballadores da principal porque estarán contribuíndo a que alguén teña a tentación de facer o mesmo con eles.

Os traballadores avanzamos ou retrocedemos como clase. Se a tendencia é á mellora, todos acabamos mellorando. Se a tendencia é ó empeoramento, todos acabamos empeorando. Por tanto, todo traballador con conciencia de clase debe contribuír á vitoria desta folga, que mañá cumpre a súa segunda semana.

Neste senso, A CGT PROPÓN CONVOCAR UNHA ASEMBLEA XERAL DE TÓDOLOS TRABALLADORES DA FACTORÍA PARA DEBATER UN CALENDARIO DE MOBILIZACIÓNS QUE EMPECE POR UNHA CONCENTRACIÓN NA PORTA E VAIA AUMENTANDO A PRESIÓN PROGRESIVAMENTE.

COA SITUACIÓN QUE TEà‘EN OS AAOR, ESTAMOS SEGUROS DE QUE SE A DIRECCIÓN DE NAVANTIA, QUE É A MAN QUE MECE O BERCE, VE FIRMEZA POR PARTE DO COMITÉ DE EMPRESA DA

PRINCIPAL, A VITORIA É POSIBLE. Unha firmeza que ademais sería o coherente nunha folga que está convocada por CIG, CCOO, UGT e MAS.

Sección Sindical Unitaria da CGT en Navantia-Ferrol

 

post

Concentración ferroviarios en Compostela

A situación das principais empresas do Sector Ferroviario en España, RENFE e ADIF, segue sendo caótica; camiñando a pasos axigantados cara á precariedade, a externalización de todos os servizos e unha máis que deficiente prestación do servizo de transporte encomendado a estas empresas.

CGT como sindicato representativo con ampla implantación nestas dúas empresas leva anos denunciando a situación, promovendo mobilizacións e loitando para reverter a programación dexenerativa á que as distintas Direccións das empresas co guión implantado polo Ministerio de Fomento, están a levar a cabo.

Á falta de interventores e maquinistas que reiteradamente denunciamos desde esta organización en RENFE, súmase agora a desastrosa xestión do persoal en ADIF con constante falta de persoal para atender o servizo, lévanos á desaparición de postos de traballo en detrimento de a calidade e prestacións aos viaxeiros.

En Galicia, desde o pasado 19 de setembro, a Estación de Santiago de Compostela non hai traballadores de ADIF na quenda de noite. Os viaxeiros que chegan e saen desde esta estación, entre as 23 e as 7 horas, non atoparan nas súas instalacións persoal de ADIF que lles atenda ante calquera incidencia, aínda cando durante este horario realizan a súa chegada e saída trens de viaxeiros dos trens Alvia a Madrid así como de media distancia a Vigo, Coruña e Ourense. ADIF da o mesmo tratamento á estación con maior número de viaxeiros en Galicia que a calquera dos seus apeadeiros.

Esta situación tamén se produce tamén na terminal de mercadorías da Coruña recortando as actividades nesta estación na quenda de noite. Aínda que o ministerio de referencia faga constantemente declaracións da súa intención de potenciar o transporte de mercadorías por ferrocarril, a realidade é que recorta os servizos ás empresas que pretendan transportar as súas mercadorías por este medio.

CGT na súa constante acción de denuncia promove unha concentración de traballadores/as o día 4 ás 10 horas na estación de Santiago de Compostela, en protesta pola acción da empresa. Animamos ás asociacións sociais, plataformas en defensa do público e o ferrocarril, e ao resto da cidadanía a que se una a nosotr@s, pois o futuro do servizo de transporte por tren afecta de maneira directa a to@s.

Esta concentración vén enmarcada nun Plan de Acción global que desembocará nunha gran concentración fronte ao ministerio de Fomento o próximo día 17 e complementada con novas mobilizacións.

Loitamos por un ferrocarril público, social e sustentable, polo cesamento do proceso privatizador e externalizador que se está levando a cabo no sector, polo cumprimento das normativas laborais e os acordos que empresa e traballadores levaron a efecto.

  Galiza,  ao 3 de setembro de 2019.