post

Solidariedade coas despedidas no Hotel Bahía de Vigo

A CGT da Coruña fixo onte unha concentración en solidariedade coas traballadoras despedidas do Hotel Bahía de Vigo. A principios do mes de maio, a dirección deste hotel decidíu despedir a 23 camareiras de habitación e subcontratar a Nortempo, unha empresa de traballo temporal a realización destas tarefas.

Nesta ocasión concentrámonos ante o Hotel Blue da Coruña, que forma parte de Sercotel, a mesma cadea hoteleira que o Bahía, e que non se pode desentender das prácticas antilaborais dos seus socios.

A CGT da Coruña seguirá apoiando ás compañeiras de Vigo e non parará ata que sexan repostas con todos os dereitos laborais, sociais e salariais. Nin o Hotel Bahía, nin Nortempo, nin Sercotel terán descanso ata que o conflito se amañe.

SE TOCAN A UNHA TOCAN A TODAS!

HOTEL BAHÍA DESPIDE, SERCOTEL E NORTEMPO SON CÓMPLICES!

Comité Local da CGT da Coruña

 

post

CGT Pontevedra: Homenaxe ao doctor Luis Montes

Organizado pola CGT – Pontevedra tivo lugar este martes, 5 xuño, ás 20,00h, na Sala VerSus de Pontevedra o "Homenaxe ao doctor Luis Montes", médico, recentemente falecido, admirado defensor da sanidade pública, loitador contra as privatizacións e recortes e dende 2009 ata a súa morte Presidente federal da asociación "Derecho a Morir Dignamente". Luis Montes (Villarino de los Aires, 1949 – Madrid, 2018) foi acosado e perseguido inxustamente polas autoridades políticas e político-sanitarias da Comunidade de Madrid. O acto foi seguido por un numeroso público que desbordou a capacidade da propia Sala polo que tiveron que abrirse as portas para que todos os asistentes poidesen seguir de pé as intervencións dos ponentes: Ascensión Cambrón, Presidenta de "Derecho a Morir Dignamente" (DMD) – Galicia, Victor Pedreira, Psiquiatra, ex-xefe do Servizo de Psiquiatría en Pontevedra e Rodrigo Vázquez, representante da CGT e socio de DMD

 

Comité Local CGT Pontevedra

 

post

Caravana de concentracións polos hoteis de Vigo.

Comezamos a 4ª semana de mobilizacións cunha caravana de concentracións polos hoteis de Vigo e Coruña demandando a readmisión das 23 traballadoras despedidas do Hotel Baía de Vigo​.

O Director deste hotel, lonxe de achegarse a negociar unha solución, respondeu con ameazas de «peche patronal» e despedir ao resto do persoal, con denuncias por «agresión sonora» e encomendandose ao acoso policial ás traballadoras concentradas cada día na porta do hotel. Para aumentar a presión sobre o Hotel Baía, Nortempo e mandarlle unha mensaxe clara ao Director do hotel, ampliamos o campo de acción a todos os hoteis de Vigo que pertencen á federación de hoteis que preside o mesmo director. Non haberá tregua ata que readmitan ás traballadoras despedidas subrogandolas así a nova contrata de limpeza, Nortempo.

Ademais grazas ao apoio das e os compañeiros de CGT A Coruña estendemos a protesta a hoteis desta outra cidade galega onde Nortempo ten contratos de limpeza.

A cada ameaza ou agresión respondemos con máis mobilizaciones ata que consigamos as readmisións.

 

post

4ª semana de mobilizacións Hotel Bahía Vigo

Comezamos a 4ª semana de mobilizacións cunha caravana de concentracións polos hoteis de Vigo e Coruña onde Nortempo ten a contrata de limpeza. O cansancio non nos vai parar, nin as ameazas de «peche patronal» do director do Hotel Bahía nin o acoso policial nin as denuncias por «agresións acústicas». Non hai tregua ata que as 23 traballadoras do mantemento e limpeza do Hotel Bahía sexan readmitidas.

 

post

Concentración solidaria na Coruña coas traballadoras despedidas por Nortempo-Hotel Bahía en Vigo

A CGT concentrouse onte, ás 17:00 horas diante da porta do centro de traballo que Nortempo ten ao carón de Carrefour de Alfonso Molina, na Coruña para protestar polo despedimento, en Vigo, o pasado 7 de maio de 23 traballadoras do Hotel Bahía en Vigo.

Na concentración reclamouse a contratación, por parte de Nortempo, das compañeiras despedidas, xa que é Nortempo a adxudicataria da contrata dos servizos que prestaban as devanditas traballadoras. «Readmisión despedidas» foi o berro máis escoitado na mobilización, así como a lectura, varias veces, dun escrito onde se explican as circunstancias da situación.

Cando rematou a concentración, comunicouselle a viva voz a Nortempo que non ía ser a única visita.

Comité Local da CGT da Coruña