post

Primeiro de Maio na Coruña

A CGT, xunto cos sindicatos CUT e o Sindicato da Elevación convocan manifestación na Coruña o próximo 1º de Maio, Día Internacional do Traballo. A manifestación terá a súa saída da Praza de Pontevedra ás 12:30 horas e terá o apio de diversas organizacións sociais da cidade.

A manifestación terá o lema "Contra a explotación, a represión e o saqueo: a loita é o único camiño", e con el os convocantes queremos facer un chamamento de mobilización contra a situación que o pobo traballador está a padecer no momento actual: as reformas laborais castradoras de dereitos, a represión da disidencia e o proceso privatizador e saqueador do público, como a Seguridade Social e o Sistema Público de Pensións.

CUT, CGT e SE fan un chamamento ás súas afiliacións, simpatizantes e cidadanía en xeral a que se manifesten amosando o seu rexeitamento da situación e a reivindicación de que hai que revertila para conseguir unha vida merecente de ser vivida.

O Comité Local da CGT

 

post

A CGT da Coruña apoia a manifestación polas pensións do día 16

A CGT da Coruña acordou apoiar a manifestación que, en defensa das pensións públicas, terá lugar o próximo luns, 16 de abril, convocada por MODEPEN (Movemento en Defensa das Pensións Públicas) e que partirá do Obelisco ás 20:00 horas.

Para a CGT, a defensa dun sistema de pensións público, solidario e que garanta os ingresos suficientes para levar unha vida digna, é prioritaria. Para nós é unha obrigación de toda a sociedade o sostemento daquelas persoas que xa contribuíron abondo á riqueza e ao benestar xeral, e iso só se pode facer desde un sistema público e non desde a privatización e o beneficio capitalista.

A CGT da Coruña convoca a toda a súa afiliación, simpatizantes e pobo en xeral á participación nesta e nas vindeiras mobilizacións.

A LOITA É O ÚNICO CAMIà‘O

Comité Local da Coruña da CGT

 

 

post

I Xornadas Libertarias 2018 – CGT Pontevedra

Organizadas pola CGT-Pontevedra, terán lugar nesta cidade durante o mes de abril as I Xornadas Libertarias 2018, baixo o lema "A rúa en pe … A loita contra a política económica e social do goberno continúa". Todos os actos terán lugar na Sala VerSus (r/ Gerardo Álvarez Limeses, 12) ás 20:00h (agás o 19 abril, que escomenzará ás 19,30h), co seguinte programa:

17 abril – "Defensa do Sistema Público das Pensións". Ponente: Xavier Pérez Dávila – MODEPEN

19 abril – «Traballo e dignidade». Proxección: "Doli, Doli, Doli … coas conserveiras. Rexistro do traballo", de Uqui Permui. Ponente: Isabel Montenegro, presidenta das Kellys Unión Galicia.

23 abril – "Defensa da Sanidade Pública". Ponente: Marea Branca de Pontevedra

25 abril – "A loita anarcosindicalista pola igualdade". Ponente: Miguel Ángel Cuña

27 abril – "1º de Maio (Chicago, 1886 – Pontevedra, 2018). Comentarios actuáis á crónica ‘El crimen de Chicago" de Ricardo Mella". Ponente: CGT Pontevedra

1º de MaioManifestación – Praza da Ferrería, ás 12:45h. Convoca: CGT Pontevedra

 

Comité Local de CGT-Pontevedra