A Coordinadora Antiprivatización da Sanidade Pública da Coruña ten convocada unha concentración diante do Centro de Especialidades do Ventorrillo o mércores, día 13, ás 12 horas. Â
A CGT da Coruña apoia esta mobilización e as que se fagan contra o contido da nova Lei de Sanidade presentada polo goberno de Feijóo. A desaparición de Áreas Sanitarias e, o que é peor, a entrada na sanidade pública de organizacións coma a Fundación Idis, entidade privada cuxo único interés é o lucro, así como o desmantelamento de varios CEIP e o incremento dos centros concertados, fan imprescindibles a mobilización.
A CGT da Coruña convoca aos afiliados que poidan asistir, así coma a simpatizantes e pobo en xeral a que acudan á concentración.
Máis información, picando aquí:Â https://defensasanidade.wordpress.com/2017/09/07/naturezaenperigo-7/#more-4682
Comité Local da CGT da Coruña