O venres 19 continuamos coas mobilización contra os despedimentos e os peches sen comunicación ao comité de tres tendas Hiperxel do grupo Iberconsa. Saimos de novo en caravana de protesta dende o hiperxel de Torrecedeira (10:30h)  e iremos ao centro de rúa Urzaiz e remataremos na tenda Hiperxel de Dobrada .
A Coruña. Paro de 24 horas en Extel
Extel, empresa do grupo Adecco e subcontrata de Telefónica-Movistar presentou unha Modificación Substancial Colectiva de Condicións de Traballo.
O pasado 11 de maio, iniciouse o período de consultas polo que Extel pretende aplicar unha modificación substancial colectiva que afecta a 857 traballadoras e traballadores en todo o estado, sendo na Coruña 334 afectadas e afectados.
Segundo manifesta a empresa, a causa que motiva esta medida, é a comunicación por parte de Telefónica do cambio de horario comercial de atención ao cliente, que pasará a ser de 9:00 a 22:00 horas, de luns a domingo.
Centos de traballadoras e traballadores verán modificados os seus horarios e xornadas, nun sector, o de telemárquetin, caracterizado pola precariedade laboral.
Para a CGT esta medida obedece unicamente a un intento da empresa de destruír traballo estable, que levará implícito o impedimento de conciliación da vida laboral e familiar para aquelas traballadoras e traballadores que se vexan na necesidade de aceptar os novos horarios e quendas expostas.
Ante este ataque á clase traballadora, a CGT, xunto con CIG, convoca unha folga de 24 horas para o vindeiro xoves 18 de maio e unha concentración ás 12:00 horas ante as portas do centro de traballo, no edificio Proa (R/ Enrique Mariñas s/n), en Matogrande.
Sección Sindical da CGT en Extel-A Coruña
A Coruña. Nova concentración en Atento en solidariedade con Fredie
A CGT da Coruña convoca concentración, mañá martes, ás 20:00 horas, diante do centro de traballo que a empresa Atento ten na rúa Juan Flórez da Coruña, Esta concentración, está motivada pola sanción de 60 días de emprego e soldo ao compañeiro Alfredo Jorge (Fredie), de Madrid.
Con esta sanción, Atento volve a usar a política do medo contra os que se resisten a tragar co sen "bo facer" laboral. Con este ataque desta empresa experta en precariedade condena ao traballador aínda máis á miseria, provocando que non se podan aumir as facturas mási básicas (aluguer, mantenza, luz, auga, gas, etc.).
Este novo ataque á CGT non vai quedar impune nin vai cambiar nada na acción do noso sindicato, e, por suposto, non nos vai calar.
60 DÍAS SEN COBRAR, TERRORISMO EMPRESARIAL!
TODOS SOMOS FREDIE!
[Vigo] Comunicado: situación laboral en Faurecia.
As seccións sindicais de UGT, CCOO e CGT queremos explicar un pouco o esperpento vivido estes días na fábrica de Faurecia, sobre o cal mantivemos un respectuoso silencio ata o seu desenlace, pero visto que algúns non se cansan e sempre teñen un rato para adicarnos unhas pregarias e como temos a sensación que alguén quere vendernos fume… imos aló:
O día 4 de maio de 2017 mantivemos coa Empresa e resto de seccións sindicais a primeira reunión para desenrolar o Plan de accións acordado en Convenio. Nesta xuntanza presentamos un borrador serio e ben elaborado onde se define como debe traballar o mesmo, que é o que tocaba ese día. Para a nosa sorpresa a CIG le, unha vez máis, as "ocorrencias" que presentaron no Convenio, as cales, se pouca cabida tiñan nun Convenio, menos no plan de accións. Pese a elo, a Empresa contéstanos a todos que recollía as propostas e que daría resposta na vindeira reunión convocada para o día 19 de maio.
Pois ben, un rato despois de rematar a reunión a CIG convoca folga por incumprimentos en materia de saúde laboral e ritmos de traballo, dende logo, rachando calquera proceder lóxico de negociación: reivindicar ou solicitar e esperar a que, polo menos, che digan que non para convocar.
Así a todo, nós continuamos ao noso e sen meternos no que facían outros, posto que, ao igual que nós dixemos que seguiriamos a nosa propia axenda e actuariamos cando o consideraramos oportuno tampouco nos iamos meter no que fixeran outros.
Pois ben, o luns 8 de maio fomos chamados a unha reunión coa Dirección e 2 Directivos de RRHH de Faurecia a nivel España, na que pretendían convencernos de que sacaramos un comunicado condeando á folga e de que acudiramos a unha reunión que ía haber o día seguinte na delegación de traballo coas seccións sindicais convocantes da mesma para chegar a un acordo… Obviamente negámonos ante ambas posibilidades porque, en primeiro lugar, entendemos que, por moi mala relación que haxa, non é cuestión nosa criticar unha acción que tomen contra a Empresa, e, en segundo lugar, porque non tiña nin pés nin cabeza. A seguir valoramos a situación, en canto a saúde laboral, e reiteramos que o reforzo de loxística non pode ser retirado unilateralmente, debendo permanecer como ata o de agora ata que no plan de accións se lle atope un novo posto ou se lle dea máis carga de traballo. En concreto, centrámonos na primeira posibilidade, suxerindo a creación dun posto novo de aprovisionamento de caixa kitting para respaldos liña 1, o cal podería mellorar a ergonomía desta liña e repercutir beneficiosamente na restructuración global de tarefas entre coxíns e respaldos e loxística asociada. Ademáis, instamos, unha vez máis, á Empresa a actuar sin maior dilación en rebaixar as alturas dos retornos de loxística liña 1, posto que hai espazo ocupado por dinámicos baleiros ou infrautilizados que pode ser utilizado para redistribuir o resto de mercadoría de xeito que se poidan habilitar retornos máis ergonómicos.
Así chegamos ao 9 de maio, onde estes representantes da CIG e da CUT, preocupados pola saúde laboral, sobre todo, pola "súa", reuníronse cos que consideraban "ilegal" a Folga. Pois ben, despois de varias horas de dura negociación chegaron a un acordo que solucionará a Saúde Laboral e os ritmos de traballo "dunha hostia dunha vez". En versión telegráfica, os "compañeiros" conseguiron 2 bloques: o bloque 1 e o bloque 2, e, en versión extendida, crear un Grupo de Traballo que, ao parecer, está no artigo 29 dalgún Convenio no que se analizarán e acordarán a viabilidade dunha serie de puntos, é dicir, que xa lles contestarán, como lles dixeron o 4 de maio.
Polo demáis, dicir que os que tachaban o plan de accións de parche non nos van impoñer nada, nós seguiremos co noso calendario e coas nosas propostas, e non imos permitir que as "ocorrencías" e "caprichos" de ninguén poidan adiar ou entorpecer o normal funcionamento do PLAN DE ACCIÓNS, o cal, QUEREMOS QUE FUNCIONE E SIRVA PARA MELLORAR A SAÚDE DOS TRABALLADORES E TRABALLADORAS DESTA EMPRESA.
Ourense, 12 Maio: IV Marcha Laranxa de Unipost
O próximo 12 de maio a CGT convoca a tod@*s @*s traballador@s de Unipost en Galicia a participar e dar visibilidade aos problemas que están a sofrir, cunha nova MARCHA LARANXA que comezará as 20:00 horas na Subdelegación do Goberno e percorrerá as rúas de Ourense, e que será a CUARTA tras as xa realizadas en Santiago de Compostela, Pontevedra e A Coruña. Por iso, pedimos a participación de tod@*s a este acto reivindicativo e onde sacaremos á rúa os atropelos de Unipost cara ao seu persoal.
Comité Local CGT Ourense
A CGT de Galicia fai un chamamento para participar na manifestación das Marchas da Dignidade do día 27 de maio en Madrid
As Marchas da Dignidade, das que forma parte a CGT, volven a Madrid o día 27 de maio. Unha vez máis, encheremos as rúas de Madrid para manifestar o noso rexeitamento da situación actual, para reclamar a derrogación da Reforma Laboral, para pedir a liberdade de todos os condenados por protestar e o sobreseemento dos procesados e sancionados, para reclamar rendas suficientes, para esixir traballos dignos en condicións dignas, para volver berrar PAN, TRABALLO, TEITO E DIGNIDADE.
As Marchas de Galicia conseguiron negociar que haxa tren a Madrid. Está prevista a saída ás 07:50 horas da Coruña, pasando por Compostela (saída 08:20) e Ourense, de onde sairá ás 09:00 horas, con chegada ás 14:00 horas a Chamartín e volverá á noitiña, con saída de Chamartín ás 22:00 horas. Para os compañeiros de Ferrol, Lugo, Pontevedra e Vigo haberá autobuses que os achegarán ás estacións do tren.
Para que isto sexa posible é imprescindible encher os trens e hai que facelo antes do día 20. Hai que pagar todas as prazas, se ocupen ou non, polo que levar o tren medio baleiro sería inviable.
Consideramos que é unha oportunidade única para levar a Madrid os problemas dos sectores e das empresas, onde nos encontraremos con compañeir@s do resto de España, tanto da CGT como doutros movementos.
Para anotarse, están hábiles os teléfonos seguintes:
- Zona A Coruña, Ferrol, Lugo e Compostela (Santi – 654 629 190, Ángel-696 903 890)
- Zona Vigo (Costoya 661 402 997 )
- Zona Pontevedra (MIguel 627791 645)
Os afiliados da CGT, nos locais do sindicato.
O DÍA 27, TOD@S A MADRID!
UNIFICANDO LOITAS!
PAN, TRABALLO, TEITO, DIGNIDADE E IGUALDADE!
A CGT, por petición de En Marea, reúnese conxuntamente co resto dos sindicatos para ser informados da súa proposta de moción de censura
En Marea anuncia a intención de levar a cabo unha moción de censura contra o executivo do Partido Popular tras os últimos acontecementos relacionados coa corrupción política e xudicial
Tras a petición de reunión de En Marea, a Confederación Xeral do Traballo de Galicia (CGT) acudiu na tarde de hoxe ao Auditorio de Galicia para ser informada da proposta de moción de censura que están a promover contra o goberno de Mariano Rajoy.
CGT agradece a deferencia e escoita con atención as explicacións que xustifican esta iniciativa política pero, á vez, pon de manifesto que a forza transformadora da sociedade está na loita da xente e non no parlamentarismo. CGT considera que non se pode abandonar a mobilización porque é a única garantía para transformar o modelo social e recuperar as conquistas que nos foron arrebatadas nos últimos anos.
Do mesmo xeito, CGT expuxo a nosas reivindicacións máis importantes nestes momentos, como a necesaria e urxente derrogación das dúas últimas reformas laborais (PSOE e PP), a derrogación das leis "mordazas", a garantía dun Sistema Público de Pensións, a defensa dos Servizos Públicos e do Común como dereitos esenciais das persoas, a anulación dos procesos penais e administrativos de todas as persoas represaliadas por exercer o dereito á protesta e, por suposto, a recuperación do poder adquisitivo da Clase Traballadora.
Por outra banda, é evidente e totalmente noxenta a trama de corrupción que estableceu o partido gobernante actual, polo que esperamos que a maioría social reaccione coa mobilización na rúa para botalos, o que non desculpa os episodios de corrupción de gobernos anteriores, de gobernos autonómicos e municipais igualmente noxentos e delituosos.
Calquera iniciativa que vaia na dirección de botalos non será rexeitada pola CGT, só que cremos que é a resposta da sociedade no seu conxunto, coa mobilización colectiva, a que debe ser o motor do saneamento que se pretende e que CGT entende como urxente e necesario.
A reunión transcorreu con parámetros de cordialidade e respecto mutuo.
Compostela, 02 de maio de 2017
[Vigo] Convocatoria mobilización Hiperxel*5maio
Este venres 5 de maio temos concentracion diante do Hiperxel (Iberconsa) de dobrada ás 11h polo peche de tres tendas sen previo aviso e o despedimento de tres traballadoras. A patronal desta empresa esta presionando para que as traballadoras asinen as liquidacións, citándoas ás agachadas , de noite e nos locais pechados onde non hai nin luz.
[Vigo] Manifestación 1 de maio 2017
PANà€°TRABALLOà€°TEITOà€°IGUALDADE
A CGT chama este 1 de Maio a todas as persoas, organizacións e colectivos sociais, ás persoas migrantes, ás pensionistas, ás estudantes, ás mulleres, ás desafiuzadas das súas casas e dos seus empregos, ás represaliadas por loitar, á clase traballadora en xeral, a Manifestarse desde a dignidade de clase para exercer o dereito á protesta que pretenden eliminar, a través de Sentenzas condenatorias para quen loita e Sentenzas do máximo tribunal español (o Tribunal Supremo), que legalizan o esquirolaje empresarial cando as persoas traballadoras convocan Folgas para defenderse das agresións empresariais.
Esiximos neste 1 de Maio:
✔ï¸A derrogación das dúas últimas Reformas Laborais
✔ï¸A derrogación das leis Mordaza e a Amnistía Social para todas as persoas encarceradas, procesadas, despedidas dos seus empregos ou multadas por loitar.
âœ”ï¸ A Renda Básica como garantía de supervivencia
✔ï¸O Non rotundo ao pago da Débeda ilexítima.
✔ï¸Os Servizos Públicos como Dereitos Esenciais das persoas
✔ï¸Empregos estables con salarios e condicións dignas.
O 1 de Maio a CGT esta nas rúas, en confluencia cos movementos sociais e colectivos en loita ou coas súas propias enerxías e xentes, reivindicando un cambio de modelo social baseado na repartición da riqueza, o apoio mutuo, a igualdade e a autoxestión.
Vémonos o 27 nas marchas