post

A CGT de Galicia apoia a Marcha do persoal precario das Administracións Públicas

A CGT de Galicia apoia a Marcha do persoal precario das Administracións Públicas que terá lugar o xoves, 16 de marzo en Compostela, por canto esa mobilización ten como obxectivo declarado denunciar unha situación de inxustiza o paro e a precariedade laboral, vivamente sentida por toda a afiliación da CGT.

A loita contra o paro, a precariedade e a explotación laboral representan reivindicacións principais que definen a acción sindical e social da CGT, aprobada reiteradamente nos seus Congresos e desenvolvida nas mobilizacións sostidas desde sempre por esta organización, incluídas varias Folgas Xerais.

A loita contra o paro, a precariedade e a explotación laboral compromete a toda a clase traballadora e, en particular, a toda a afiliación e militancia da CGT, independentemente da modalidade ou contido do seu contrato laboral ou da súa situación de emprego. Tanto o "paro" como a "precariedade laboral" ou a "explotación laboral" son danos e violencias que e implican a todos os traballadores, sexa como realidade inminente, sexa como ameaza omnipresente.

Neste aspecto, dita loita non pode, nin debe sectorializarse, segregarse ou illarse, sexa simbólica ou realmente, da loita común cotiá en defensa  dos intereses da clase traballadora e esta sectorialización compromete a eficacia da mobilización emprendida.

Por iso, o chamamento da CGT non se fai exclusivamente aos traballadores precarios da Administración Pública, nin sequera a todos os traballadores do devandito sector, senón a todos aqueles traballadores que poidan acudir a unha mobilización que a todos implica.

A Coruña, 14 de marzo de 2017

CGT de Galicia

 

post

[Vigo] 17M Folga do Telemarketing. Concentración en Unísono

Coincidindo coa folga de 24 horas convocada para o próximo venres 17 de marzo, convocámovos a unha concentración sindical diante da empresa Unísono (rúa Gran Vía 114) de 11h a 13h.

Con esta acción, desde a CGT, queremos denunciar a precariedade á que estamos sometid@s por parte das empresas para as que traballamos: baixos salarios, EREs, modificacións substanciais, sancións, nula formación, imposibilidade de conciliar a nosa vida laboral e familiar, presión e demáis penurias que diaramente padecemos.

O convenio colectivo é en gran parte responsable desta situación. levamos máis de dous anos de negociación nos que a CGT está intentando cambiar as cousas. É necesaria a implicación das traballadoras e traballadores do sector para transformar esta situación. Só a organización, a solidariedade e o apoio mutuo permitirá alcanzar os nosos obxectivos.

PARTICIPA E ACTÚA

O 17 DE MARZO TOD@S Á RÚA

VÉMONOS ÁS 12:00 NO OBELISCO

OUTRO CONVENIO É POSIBLE

TI TES MOITO QUE DICIR

 

post

[Vigo] Novo calendario de mobilización – Eroski

Novo calendario de mobilizacións Eroski:

✔️día 21 marzo no familia de San Andrés de 11 a 13 horas.
✔️día 24 marzo no Eroski de Mos sanguiñeda de 11 a 13 horas.
✔️ día 31 marzo en Eroski economato de Citrà¶en de 11 a 13 horas.

Iniciamos esta campaña de mobilizacións en solitario e despois catro accións realizadas unense UGT e CIG.
Celebramos esta unidade de acción, máxime cando temos en contra ao sindicato represor e brazo executor da empresa FETICO que unha vez máis traizoa aos traballadores e considera que non debe de loitar contra o despedimento de sete compañeiros e pedír a súa readmisión. é vergoñoso que se chamen sindicato, viven do medo e a obligacion a afiliarse a que estan sometidos os novos contratados.

 

post

17 de marzo. Folga do telemárquetin en todo o estado e performance no Obelisco da Coruña

Coincidindo coa folga de 24 horas convocada para o próximo venres, 17 de marzo, vonvocámosvos a unha acción protesta contra a patronal do sector na Coruña ese día ás 12:horas. Consistirá nunha performance na que amosaremos as precarias condicións laborais que padecemos: representaremos na rúa cómo é unha xornada laboral de calquera traballador ou traballadora do telemárquetin, para que se coñeza qué se agocha detrás de cada chamada.

Con esta acción, desde a CGT queremos denunciar a precariedade á que estamos sometid@s por parte das empresas para as que traballamos: baixos salarios, EREs, modificacións substanciais, sancións, nula formación, imposibilidade de conciliar a nosa vida laboral e familiar, presión e demáis penurias que diaramente padecemos.

O convenio colectivo é en gran parte responsable desta situación. levamos máis de dous anos de negociación nos que a CGT está intentando cambiar as cousas. É necesaria a implicación das traballadoras e traballadores do sector para transformar esta situación. Só a organización, a solidariedade e o apoio mutuo permitirá alcanzar os nosos obxectivos.

PARTICIPA E ACTÚA

O 17 DE MARZO TOD@S Á RÚA

VÉMONOS ÁS 12:00 NO OBELISCO

oUTRO CONVENIO É POSIBLE

TI TES MOITO QUE DICIR

CGT Sector telemárquetin A Coruña

 

post

[Correos da Coruña] Denuncia da CGT ante a Valedora do Pobo máis de 1.000 contratos a dedo

O pasado día 7, e aproveitando a visita do Presidente Estatal de Correos, Javier Cuesta Nuin, a Santiago de Compostela, persoal de Correos do sindicato CGT veñen de presentar unha denuncia ante a Valedora do Pobo por contratación irregular en Correos. Calculan que en ano e medio o número de contratos efectuados por Correos a persoal de fora de bolsas da contratación e sen mediar níngún tipo de proba selectiva obxectiva pode chegar aos 1000 contratos. O que supón 1 de cada 7 contratos eventuais realizados.

A denuncia ven motivada pola excesiva contratatación a persoal eventual de xeito irregular. Coa excusa de non encontrar candidatos/as nas bolsas de contratación internas Correos esta a utilizar a figura do «idóneo» para cubrir contratos eventuais e leva ano e medio formalizando contratos a persoal enchufado, e seleccionado a dedo sen mediar ningún tipo de proba de selección coñecida e transparente, tal como é a obriga de calquera organismo público. Desde CGT queremos lembrar que a última vez que Correos abriu as bolsas á cidadanía foi no 2012 (xa van 5 anos), e que se lles foi solicitado en diferentes ocasións que as abriran, para poder ter un número de persoas necesario para cubrir as ausencias, etc…

Xa no mes de outubro, e ante denuncia na inspección de Traballo da provincia da Coruña, Correos tentou argumentar que isto era debido a desaxustes organizativos puntuais, e que eran casos extraordinarios, feito que o noso sindicato puido probar que non era asi, contabilizando, nesa altura de ano 2016, mais de 600 contratos a persoal que non pasara ningún tipo de proceso selectivo transparente, sobre un total de pouco mais de 3000 contratos temporais no 2016, o que ven sendo mais do 15%, ou dito de outra maneira 1 de cada 7 contratos na provincia da Coruña neste ano foi feito a unha persoa que non pasou ningún tipo de proceso selectivo. Este feito motivou que en novembro de 2016 a inspección de Traballo da Coruña impuxera unha SANCIÓN GRAVE EN MATERIA DE CONTRATACIÓN LABORAL. Desde a CGT podemos afirmar que xa son máis de 1000 os contratos efectuados por ese irregular procedimento, xa que esta forma de contratar non diminuiu, se non que máis ben aumentou nos últimos meses, debido as necesidades de contratación de Correos para levar adiante as entregas de notificacións pola tarde.

Desde o nosos sindicato CGT esiximos en diferentes ocasións a Correos que abrise as bolsas de contratación á cidadanía, ou en todo caso, que acudise aos sistemas públicos de contratación, nunca recibindo resposta ás nosas suxerencias. Feito que tamén recolle a inspección de traballo como sancionable na súa resolución. Hoxe quixemos volver facer esta reivindicación aproveitando a visita á dirección de zona do presidente estatal, Javier Cuesta Nuin, e recordarlle que nos parece indecente que efectúe recortes no servizo postal público mentres recibe o séptimo salario público máis elevado, chegando até 178.388.18, o que nos parece unha desfachatez nunha empresa que arroxa perdidas de 32 millóns de Euros.

Desde a nosa organización esixiremos responsabilidades internas na dirección de zona, e agora comunicamos este feito á Valedora do Pobo para que estude as posibles responsabilidades que poidan ter as persoas que decidiron contratar de este xeito irregular. Queremos chegar ao fondo  de este asunto e pedir as responsabilidades pertinentes ás persoas que autorizaron a utilización de diñeiro público para contratar, e tamén  cales foron os criterios de selección que  se seguiron  para contratar a  esas persoas.

Sección Sindical da CGT de Correos na provincia da Coruña

 

post

CONVOCATORIA COMITÉ LOCAL DO SINDICATO

Infórmase a todos os afiliados do Sindicato de Oficios Varios de Vigo, da convocatoria dun Comité Local do Sindicato, que se celebrará o vindeiro xoves día 13 de Marzo, e que comezará ás 5:30h da tarde no local do sindicato, coa seguinte orde do día:

ORDE DO DÍA:

✔️ Nomeamento de Mesa.

✔️ Informe das distintas Seccións Sindicais.

✔️  1º de Maio.

✔️  Varios.

Na confianza de que se produza a máxima asistencia e participación de toda a afiliación e dos representantes das distintas Seccións Sindicais, recibide un fraternal saúdo.

 

post

[Vigo] Acción sindical no Eroski de Marín

Continuamos coa nosa andaina de mobilizacións contra os despidos da empresa Eroski na área de Vigo. Despois de recorrer as tendas de Vigo recabamos neste centro de Marín onde nos manifestamos diante da súa porta en protesta polos abusos e demandando a readmisión das compañeiras e compañeiros despedidos. Seguimos!

 

post

[Vigo] Calendario de mobilizacións Marzo

Relación das accións sindicais programadas para este més:

✔️ 7 marzo: Concentración diante  do Eroski de Marín.
✔️ 14 e 17 marzo: Concentracións diante de mobles CyL.
✔️ 15 marzo: Concentración  diante da porta de Citroà«n  apoiando aos compañeiros de CLECE.
✔️ 17 marzo: Convocatoria de folga realizada pola CXT para os 100.000 traballadores de telemarketing.

A cita máis importante sempre é na trincheira da confrontación social.