[25F * A Coruña] Marchas da Dignidade
Voltamos ás rúas en defensa das pensións e dos servizos públicos. Punto de encontro e concentración das Columnas Galegas coa praza chea de xente berrando #PanTeitoTraballo
A acampada pola xustiza social continua en Vigo
Continua medrado o campamento reivindicativo na praza do Concello, para nós  a «Praza da Xustiza Social»
O Venres, 3 de marzo, celebraremos actividades lúdico-reivindicativas. Ás 11:30 da mañá, farase o xuízo ao Meco cunha previa pequena lectura presentación aludindo aos valores da loita, solidariedade, etc. Tamén contaremos con actuacións para as máis cativas.
Antes, o lúnes 27, hai reunión coa Xunta para plantexarlle as nosas propostas e inquedanzas sobre as deficiencias do Albergue Municipal, os desfiuzamentos na cidade de Vigo e sobre o desamparo institucional que sofren as máis de 80 persoas que actualmente viven sen teito no que cobixarse.
[Vigo] Caravana protesta en 5 centros de Eroski 23-02-2017
Caravana protesta en cinco centros de Eroski en Vigo. Repartimos información sobre os 5 despidos realizados por esta empresa e protestamos na puerta de cada centro.
O día 28 continuaremos con outra caravana  polo resto das tendas de Eroski en Vigo.
Campamento Solidario na praza do Concello de Vigo.
Levantouse un Campamento Solidario na praza do Concello de Vigo.
Acción consensuada na asemblea que participamos distintos colectivos sociais, sindicais e políticos da cidade. Acordamos levar adiante esta acampada para visibilizar a dramà tica situación na que esta inmersa unha parte da poboación.
Preténdese con esta mobilización, presionar ao alcalde e á corporación, para que reciban a unha comisión formada por varios compañeiras e compañeiros co propósito de poñer enriba da mesa tres cuestións:
– Desafiuzamentos.
– Funcionamento do albergue.
– Cidadáns sen teito e na rúa.
Pedimovos a toda a afiliación do sindicato, que pasedes polo campamento para mostrar a vosa solidariedade e apoio a esta acción. O compañeiro Juan Miguel estará acampado. Non vos esquezades de asinar a petición de apoio ás xustas peticións formuladas.
A CXT de Galicia chama a tomar as rúas da Coruña o 25F en defensa das pensións e dos servizos públicos
A manifestación do 25 de febreiro, convocada polas Marchas da Dignidade de Galicia na Coruña, dará prioridade á defensa das Pensións Públicas e a defensa dos Servizos Públicos como esenciais para todas as persoas.
A CGT de Galicia fai un chamamento a todos os traballadores e ao pobo galego en xeral para que participe nesta mobilización en defensa daquelas conquistas que, recoñecidas polo poder tras moita loita, sufrimento e, mesmo sangue, están a ser desmanteladas e expropiadas polos explotadores e os seus fieis servidores, os políticos de garda, para traspasalas a mans privadas e para encher os seus petos.
Así mesmo, a CGT de Galicia non pode esquecer a todas as persoas que, neste momento son reprimidas utilizando a lexislación chamada "democrática" como coartada. Reclamamos que todos aqueles encarcerados e procesados por loitar polo dereito de folga, o de manifestación, o de expresión ou o de protesta sexan liberados ou os seus procesamentos anulados. Non imos admitir sen máis que compañeiras e compañeiros que están a loitar polo de todos vexan partida a súa vida por estar en primeira liña de loita contra a inxustiza.
A CGT de Galicia chama a ocupar as rúas coruñesas o próximo 25 de febreiro e convida a participar a toda a clase obreira, en activo ou desempregada, a estudantes, pensionistas, inmigrantes, ás diferentes "Mareas", aos colectivos antidesafiuzamentos e a todas as persoas que sofren o feroz ataque desenvolvido contra a maioría social co pretexto da crise-estafa.
Para a CGT de Galicia non existen tempos mortos. Por iso é necesaria a unificación de todas as loitas. O sábado, 25 de febreiro de 2017 é un momento adecuado para levalo a cabo e vaticinamos que esta mobilización será un excelente preludio para a manifestación que terá lugar en Madrid o 25 de maio.
PAN, TRABALLO E TEITO!
CONTRA O DESMANTELAMENTO DAS PENSIÓNS!
POLO PÚBLICO, PORQUE É DE TODOS!
BASTA DE REPRESIÓN SINDICAL E SOCIAL!
CGT Confederal
A CGT oponse á instrumentalización dos axentes sociais do réxime con mobilizacións espectáculo para volver asinar un Pacto Social e outro novo Pacto de Toledo.
Os sindicatos do Pacto Social continuo, escondidos durante estes longos anos de crise-estafa, volven querer «ser necesitados» pola patronal e os partidos gobernantes, para tentar chamar a atención e que lles fagan un pouco de caso.
Tentárono en novembro pasado, con dous chamamentos á «mobilización», para «presionar» aos seus interlocutores, goberno por unha banda, na mesa do Pacto Social onde se discute o marco de relacións laborais e as pensións e, por outro, á patronal CEOE, coa que pretenden establecer referencias de incrementos salariais para a negociación colectiva. Read More
[Vigo] Acción Sindical no Eroski 17-02-2016
Hoxe, nova concentración no Eroski da rúa García Barbón en protesta pola onda de despedimentos  que está a levar a cabo esta empresa. A cal mentras se ufana da súa alta rentabilidade e publicita os seus excelentes resultados aduce causas económicas para estes despidos.
Seguimos na rúa, seguimos na confrontación social!
25 Feb: Dende Pontevedra, súmate á manifestación na Coruña das Marchas da Dignidade
A Plataforma Galega das Marchas da Dignidade acordou celebrar a manifestación xeral de "Pan, Traballo, Teito e Dignidade" e na "defensa das Pensións e dos Servizos Públicos", o sábado, 25 de febreiro, a partir das 12:00h, en A Coruña. Para organizar a movilización dende Pontevedra, a Plataforma Local, da que forma parte a CGT, acordou o seguinte:
Fletar un (ou máis) autobuses, con saída desde Marín (Parquing do porto, diante da Escola Naval, 9:45h) e Pontevedra (Pavillón de Deportes, 10:00h). O prezo do autobús por persoa é de 8 €, nun bus de 55 prazas.
Os teléfonos de contacto para reserva de plazas no autobús e abono do billete son: Marín (Javier, 699 64 45 01); Pontevedra (Miguel CGT, 627 791 645, e Damián CGT, 628 685 445). Tamén pode facerse a reserva, por correo electrónico: pontevedra@www.cgtgalicia.org.
A hora prevista de regreso e saída do bús de A Coruña é as 14,30, para chegar a Pontevedra-Marín ás 16,30h.
Comité Local CGT – Pontevedra
Pontevedra, 18 F: Defensa da Sanidade Pública
AÂ CGT de Pontevedra chama ós seus afiliados, simpatizantes e ó conxunto da sociedade pontevedresa a participar activamente este sábado, 18 de febreiro nunha nova edición da Marea Branca en defensa dunha sanidade pública, universal, gratuita no momento da prestación e de calidade. A concentración, convocada pola Coordinadora Antiprivatización da Sanidade Pública terá lugar en Pontevedra, Praza da Peregrina, ás 12,30h.
A agresión que sofre a Sanidade Pública a mans dos poderes que rixen o Estado e as súas administracións é cada día que pasa máis noxenta. Recortes, situación precaria dos traballadores e traballadoras interinas, peche de camas, incrementos nas listas de espera, colapsos nas urxencias, aposta do goberno por un modelo sanitario privado que beneficia ás multinacionais … sobran os motivos para a mobilización da cidadanía na defensa dunha sanidade pública, universal, gratuita no momento da prestación e de calidade.
Comité Local da CGT de Pontevedra
[Vigo] Acción Sindical na empresa Muebles CyL 16-02-17
De novo concentrámonos diante da entrada das instalacións da empresa Muebles CyL no Calvario (Vigo). Â Seguimos manifestandonos e demandando o abono das 7 mensualidades e las dúas pagas atrasadas que esta empresa adeudalles as/os traballadoras/es.
A loita esta na rúa.