Despóis da farsa do acto de conciliación no SMAC, no que a empresa Atento propuxo «rebaixar» as sancións de 60 a 43 días (mantendo a cualificación como moi grave), @s traballador@s decidiron continuar coas mobilizacións para enfrontarse á prepotencia da empresa e contra esta represión que está a desenvolver contra @s compañeir@s que non se deixan acocotar pola patronal.
Por iso, o próximo xoves, día 4 de agosto, a CGT da Coruña volve convocar unha concentración contra as sancións diante do centro de traballo (Juan Flórez, 89), ás 20:00 horas.
Ademáis de concentracións en todos os centros de Atento do resto de España, Barcelona, Lleida, Valencia, Madrid, Sevilla, León…), @s traballador@s en loita están a recibir a solidariedade de outras cidades, que se están a concretar en concentracións diante de oficinas ou tendas de Telefónica-Movistar (Pontevedra, Vigo, Valladolid, Pamplona, Burgos, etc).
Comité Local da CGT da Coruña