Unipost mobilízase de novo
A CGT de Unipost-Galicia convoca unha manifestación o próximo venres, 16 de decembro, que sairá da Praza de Abastos de Compostela ás 19:00 horas, percorrerá o centro da cidade e rematará nunha concentración na Praza do Obradoiro.
O acto será unha protesta polo vencemento do pagamento da extra de Nadal, ademáis de reclamar o aboamento de todo o que se adébeda aos traballador@s e contra o fraccionamento que veñen sofrindo na recuperación das cantidades atrasadas.
UNIPOST, PAGA O QUE DEBES!
BASTA DE EXPLOTACIÓN LABORAL!
CGT de Unipost-Galicia
#APobrezaEnerxéticaMata
Manifestación contra a pobreza enerxética
Numerosos colectivos, sindicatos e organizacións sociais acordamos convocar una manifestación o día 21 de decembro que visibilice a situación de pobreza enexética que sofre unha boa parte da cidadanía,
a atitude inmesericorde das suministradoras eléctricas e a inoperancia do estado que deixa desamparados as persoas nesta situación de grave risco para a saúde e mesmo para a súa vida.
Hiperxel retira íntegramente a sanción imposta á nosa compañeira.
Contra a represión á solidariedade, Lola liberdade!
O pasado domingo, 27 de novembro, a compañeira da sección sindical da CGT na Deputación de Barcelona, Lola Gutiérrez, foi encarcerada pola policía grega por axudar a un refuxiado kurdo a viaxar a Barcelona.
A compañeira declarou actuar como o fixo toda a súa vida, «por convicción política e solidariedade», un caso máis no longo historial dunha activista exemplar na loita polos dereitos sociais.
A pesar da rebaixa na petición de delito do xuíz, a policía grega ha utilizado o uso de prerrogativas especiais e mantena aínda entre reixas por considerala un «perigo para o estado». Desta forma quérese facer escarnio e humillación coa compañeira e que sirva como exemplo para outros solidarias que crean que as persoas valemos máis que as leis represoras dos estados.
Queremos mostrar o noso rexeitamento pola detención de Lola e á vez facerlle chegar nosa máis enérxica protesta por como se está alargando todo este proceso, que impide que a nosa compañeira poida volver a casa.
É por todo iso que lle pedimos que faga as xestións necesarias para que Lola Gutiérrez sexa liberada de inmediato e póñase fin a esta situación absolutamente
Asemblea do Sector do Comercio da Alimentación
Hoxe, nas asembleas do Sector do Comercio da Alimentación celebradas en Vigo e Pontevedra foi ratificado, en ambas, o preacordo para a firma do convenio provincial. Desconvocase a folga prevista para o 5 e7 de decembro.
En breve, faremos unha valoración de dito convenio punto por punto.
@redesCGTvigo
Hoxe, todxs fumos #EmilioCao
Este sábado todxs a manifestación en solidariedade con Emilio Cao
Comunicado sobre o preacordo do convenio Comercio de Alimentación – Pontevedra
Onte de madrugada a mesa de negociación chegou a un principio de acordo cos empresarios para a firma do convenio de Comercio de alimentación de Pontevedra: Este acordo será levado á asemblea do domingo 4 para ser ratificado polos traballadores e  traballadoras e desconvocar a folga.
O acordo chegou unha vez a patronal retiro a súa intención de negociar a conxelación da antigà¼idade, o acordo é por 4 anos con subidas salariais de 2016 e 2017 do o,1% e 2018 e 20119 do 1’5% e 16 días de vacacións no período de verán.
Pensamos que acordo alcanzado apenas redunda en revertir as precarias condicións laborais, de manterse o calendario de mobilizacións podíase conseguir melloras reais e tan necesarias no social como no económico para as traballadoras do sector.
@redesCGTvigo