24 e 31 de decembro: folga en Extel Coruña

FB_IMG_1450186254952As traballadoras e traballadores subcontratados por Movistar a través da empresa Extel – Adecco, están chamados a secundar dúas novas xornadas de protesta, con paros de 24 horas os días 24 e o 31 de decembro, para reclamar unhas condicións laborais dignas.

Así mesmo, a CGT ten convocada unha concentración ante a sede da nova tenda de Movistar que abriu na praza de Pontevedra, o 24 de decembro ás 12 horas, para denunciar públicamente as constantes agresións ás que esta multinacional somete aos seus traballadores e traballadoras.

A situación no centro de Extel na Coruña é insostible: sancións desorbitadas de ata 47 días de emprego e soldo, por non tentar vender aos clientes que chaman ao 1004, presión desmedida, berros por parte dos superiores, imposibilidade de conciliar a vida laboral e familiar, modificacións substanciais, salarios conxelados e nulo diálogo co Comité de Empresa e os representantes dos traballadores.

Sección Sindical da CGT da Coruña en EXTEL

 

Unipost continúa a incumprir cos seus traballadores

IMG-20151215-WA0001De novo, a empresa Unipost volve saltar o pagamento da extra de Nadal aos seus traballadores e traballadoras, incumprindo todos os acordos establecidos nese senso e decidindo de xeito unilateral un calendario de pagamentos.
Na reunión celebrada en Barcelona o día 15 de decembro, a empresa ten comunicado que volverá a fraccionar a paga de Nadal en 4 prazos do 25%: o 5 de xaneiro (aínda que sen garantir); o 5 de abril, coa nómina de marzo; o 5 de maio coa nómina de abril; e o 5 de xuño, coa nómina de maio (abonando nesta última os xuros de mora).
A empresa asegurou o pago íntegro da nómina de decembro no vindeiro 5 de xaneiro e asegurou que dende o primeiro de xaneiro asumirá a recuperación do 2,5% das táboas salariais.
A CGT solicitou á empresa o pagamento íntegro da totalidade da paga e non vai a consentir máis retrasos. Acudirá novamente aos tribunais para que paguen canto antes. Asemade, a CGT lembra á empresa que o acordo vixente, no seu punto 6, afirma que a empresa aboará a paga de Nadal en tempo e forma, polo tanto volve a incumprir.
Ademais, a CGT recorda que existe unha comisión de seguimento encargada de velar polo cumprimento íntegro do acordo dado o compromiso firmado por Unipost-UGT-USO. Pese a ser eles os asinantes do acordo que establece o pagamento no día 15 de decembro, a UGT e USO solicitaron á empresa «que dea algo da paga», admitindo o incumprimento empresarial.

Sección Sindical da CGT en UNIPOST