Acto no monolito dedicado ás vítimas da represión na Folga Xeral da Coruña de 1901

 

Ofrenda floral aos mortos na folga de 1901

O vindeiro domingo, día 31de maio, ás 12:30 horas, no cemiterio de San Amaro da Coruña, terá lugar a tradicional ofrenda floral que cada ano ven organizando a CGT da Coruña en lembranza dos obreiros e obreiras asasinados, vítimas da represión, durante a folga xeral (a coñecida como folga dos "consumeros") que tivo lugar na cidade da Coruña os días 30 e 31 de maio e día 1 de xuño de 1901.
A homenaxe terá lugar no monolito que foi levantado polas sociedades obreiras coruñesas e sufragado por subscrición popular no ano 1906.
Ao seu término, farase outra ofrenda ante o conxunto escultórico situado na Avenida de Navarra en lembranza de tódolos represaliados polo franquismo.
Mais información sobre os sucesos de 1901: A folga de 1901, no blog Memoria Libertaria na Galiza

 

A CGT de Galicia edita «El crimen de Chicago»

SKM_C224e15050817260_0001A CGT de Galicia decidiu editar, o pasado Primeiro de Maio, a coñecida obra do pensador anarquista galego Ricardo Mella, «El crimen de Chicago», na que relata os acontecementos ocurridos naquela cidade americana en maio de 1886, nos que milleiros de traballadores foron á folga en demanda da xornad de oito horas e que desembocaron na cruel represión burguesa que levou á condea a morte de cinco traballadores e á cadea a outros tres nun infame xuízo. O libro recolle tamén os dircursos dos «Mártires de Chicago» e correspondencia da época. Read More

 

Crónica na manifestación do Primeiro de maio

????????Perto dun milleiro de persoas secundaron hoxe a manifestación convocada pola CGT, unitariamente coa CUT, STEG, SF e SE, e que tivo a saída, pouco despóis das 12:30, na praza de Pontevedra da Coruña.

A manifestación, a máis concurrida dos últimos anos malia o mal tempo, percorreu as rúas máis céntricas da cidade, estivo moi animada durante todo o seu transcurso, sendo os berros máis coreados «Obreiro despedido, patrón colgado», «Unión, acción, autoxestión», «O pobo ten dereito a pan, traballo e teito», «Violencia é non chegar a fin de mes», «A loita é o único camiño», «Queremos traballar, non mendigar»… e outras alusivas á situación actual.

????????

Ademáis da pancarta de cabeceira, houbo outras de diferentes organización e colectivos -maioritariamente implicados nas Marchas da Dignidade-; entre elas a da CGT, que rezaba «Contra a represión sindical e social».

O manifesto final foi leido por unha compañeira despedida no último ataque patronal en Atento na Coruña.

A militancia confederal reuníuse nun animado xantar de confraternización no local sindical.

CGT da Coruña

 

A CGT convoca paros en Atento e Extel

O próximo martes 5 de maio, os traballadores de Atento a nivel estatal e de Extel en Coruña e Zaragoza, están chamados a un paro dunha hora por quenda (de 00:00 a 1:00, de 12:00 a 13:00 e de 19:00 a 20:00 horas), para esixir que se poña fin ás deplorables condicións laborais ás que están sometidos: sancións, cambios correspondentes a capricho da empresa (sen tan sequera respectar os dereitos de conciliación das persoas con redución de xornada por motivos familiares), exhaustivo control do traballo con constantes auditorías e gravacións indiscriminadas, xornadas moi pequenas, uns salarios moi baixos, todo iso unido a unha constante inestabilidade laboral, só no último mes producíronse 17 despedimentos no centro de Atento na Coruña. Read More