O Comité de CGT Pontevedra-Arousa informa de que a Plataforma Local das Marchas da Dignidade de Vilagarcía (da que forma parte a CGT Pontevedra-Arousa xunto con outras organizacións sindicais, sociais e políticas), dispón un Autobús da dignidade para acudir a manifestación de este sábado, 21 de marzo, en Madrid. O autobús sairá cara a Madrid o mesmo 21 de marzo, ás 5,30h de mañán, dende a praza do Concello de Vilagarcía. Regreso ás 21,30h. Últimas anotacións, no teléfono 628685445 ou ben no correo electrónico cgt@cgtpontevedra.com
21M: Autobus Dignidade, Pontevedra
O Comité de CGT Pontevedra-Arousa informa de que a Plataforma Local das Marchas da Dignidade, de Pontevedra (da que forma parte a CGT-Pontevedra xunto con outras organizacións sindicais, sociais e políticas), dispón un Autobús da dignidade para acudir a manifestación de este sábado, 21 de marzo, en Madrid. O autobús sairá cara a Madrid o mesmo 21 de marzo, ás 6 de mañán, dende a Estación de Autobuses. Regreso ás 21,30h. Últimas anotacións, no teléfono 628685445 ou ben no correo electrónico cgt@cgtpontevedra.com
Nota de prensa da CGT de Galicia
Ante as noticias aparecidas o día de hoxe en diversos medios de comunicación que informan da presentación, como candidato a la alcaldía de Vigo, de Miguel Ángel Cabaco, secretario de Acción Social da CGT de Vigo, a CGT de Galicia manifesta o seguinte:
a) A CGT non avala nin apoia ningunha candidatura electoral.
b) Os Estatutos de la CGT prohiben expresamente a utilización das siglas do sindicato na promoción de ningunha candidatura política e establecen os mecanismos de incompatibilidade entre os cargos sindicais e os membros de candidaturas e organizacións políticas.
c) A CGT tomará as medidas necesarias para facer que se cumpran os Estatutos da organización de forma inmediata.
A Coruña, 11 de marzo de 2015
Resultados en Galicia das eleccións sindicais en RENFE e ADIF: A CGT pasa de 6 a 8 delegados, con presencia en todas as provincias galegas
O día 3 de marzo celebráronse unhas novas eleccións sindicales en Adif e Renfe Operadora. Os compañeiros e compañeiras do Sector Ferroviario da CGT de Galicia renovaron o apoio dos traballadores e traballadoras ferroviarias á labor sindical combativa, de clase, e de firme defensa dun ferrocarril público e social que veñen desenvolvendo dende xa hai anos.
Logo deste proceso electoral, a CGT contará con representación nos catro comités provinciais e contará con 8 delegados e delegadas (fronte aos 6 delegados/as cos que contaba ata o de agora), que se reparten como segue:
Na Coruña, a CGT terá un delegado en Renfe e outro en ADIF, o mesmo resultado que na provincia de Pontevedra. En Ourense, haberá dous delegados da CGT por ADIF e un por Renfe, mentres que en Lugo, haberá un delegado da CGT por ADIF.
A nivel de todo o estado, a CGT aumenta os votos pasando dun 12,5% a un 15,5%, converténdose na terceira forza sindical en Adif. En Renfe, a CGT mantén a súa representatividade, constituíndo a única alternativa real aos sindicatos institucionalizados e corporativos.
A CGT tendrá 2 representantes no Comité Xeral (CG) de ADIF e 2 representantes no Comité Xeral de Empresa (CGE) de Renfe Operadora.
Mais info: Páxina de Facebook do Sector Ferroviario da CGT de Galicia. (https://www.facebook.com/sectorferroviario.cgtgaliza )
Mobilizacións contra os despedimentos no Hospital POVISA de Vigo.
Os compañeiros e compañeiras da CGT no Hospital POVISA de Vigo continúan as mobilizacións contra os despedimentos. Estas mobilizacións foron acordadas pola maioría do comité de empresa e polas seccións sindicais de CGT, CIG, SGPS, CCOO e UGT.
Dende o pasado luns 2 de marzo, se están a realizar concentracións fronte á entrada de Urxencias. O vindeiro venres, 6 de marzo está prevista unha concentración fronte ao edificio da Xunta de Galicia e a partir das 20 horas unha manifestación unitaria das organizacións sindicais CGT, CIG, SGPS, CCOO y UGT en contra dos despedimentos. O percorrido da manifestación será dende a Praza dos Cabalos ata a Porta do Sol.
Mais info: Blog da Sección Sindical da CGT no Hospital Povisa de Vigo (http://cgthospitalpovisa.blogspot.com.es/ )