Contra os abusos empresariais, nova xornada de mobilización en Extel e Atento na Coruña

cartel extel atentoOs traballadores e traballadoras das empresas Atento e Extel na Coruña, subcontratas de Movistar, están chamados a secundar unha nova xornada de mobilización. O vindeiro luns, 5 de maio, están convocados paros dunha hora na quenda da mañá de 11 a 12 horas e na quenda de tarde, de 18 a 19 horas.  Esta nova xornada de loita da continuidade ás mobilizacións unitarias dos traballadores e traballadoras das contratas de Movistar, non só na Coruña, senón tamén no resto do estado español.

As sección sindicais da CGT están a impulsar a participación nestas mobilizacións, co obxetivo de manter a unidade dos traballadores e traballadoras, como se veu demostrando nos últimos meses, coa finalidade de dar a coñecer e loitar contra as agresións de Movistar e as súas contratas.

As agresións empresarias e a abusiva presión á que están sometidos os traballadores e traballadoras son os mesmos nas distintas plataformas destas empresas que traballan para Movistar:  modificacións sustanciais con cambios de horarios, turnos, presión excesiva, despedimentos, sancións, .. e un longo etcétera de penurias que están a padecer os traballadores e traballadoras.

Durante os paros terán lugar concentracións nas portas de ambas empresas; no transcurso das mesmas, tanto en Atento como en Extel os traballadores e traballadoras formarán mosaicos cun lema de denuncia das condicións laborais que padecen.

 

Pontevedra, 1º Mayo anarconsindicalista

scale.phpUnas 200 personas acudieron a la manifestación del 1º de Mayo convocada por CGT y CNT en Pontevedra. Desde la 1 de la tarde hasta las 2 y media recorrieron las calles pontevedresas desde la Plaza da Ferrería hasta las puertas de la Sub delegación del gobierno, donde los representantes de CGT y CNT ofrecieron sendos discursos de cierre.

 

Crónica do Primeiro de Maio na Coruña

CIMG0432_webMáis dun milleiro de persoas manifestáronse hoxe entre a Praza de Pontevedra e a Praza do Humor, apoiando a convocatoria que fixo a CGT con outros sindicatos (CUT, STEG, SF e SE) en conmemoración do Primeiro de Maio. Baixo o lema «POLO REPARTO DA RIQUEZA E O TRABALLO, DIGNIDADE E LOITA», as rúas da Coruña enchéronse de berros, dignidade e ira contra este sistema explotador e inxusto que estamos a sufrir. Coreáronse lemas como «É indecente, xente sen casa e casas sen xente!», «Obreiro despedido, patrón colgado!», «Queremos traballar, non emigrar!», entre outros.

Ao final do percorrido, o acto rematou coa lectura do manifesto unitario das organizacións convocantes.

 

 

Actos do Primeiro de Maio da CGT de Galicia

A Confederación Xeral do Traballo (CGT) chama a participar o vindeiro Primeiro de Maio nos diferentes actos e mobilizacións que se teñen convocado en diferentes cidades galegas:

A Coruña:SKMBT_C22014042218200

  • Manifestación conxunta da CGT xunto coa CUT, o STEG, o SF e o Sindicato da Elevación. Sairá ás 12:30 horas da Praza de Pontevedra.
  • Xantar confederal de confraternización nos locais sindicais.

Ourense:

  • Manifestación do Bloque Crítico de Ourense, formado polos sindicatos CGT, CNT, CUT, SF, cartaz_mani_1maio2014_OUSTEG e outros colectivos e individualidades. Con saída ás 12 horas dende a caseta de turismo da Ponte Romana, cun recorrido casco vello da cidade para finalizar nos Xardíns do P. Feijoo onde terá lugar a lectura do comunicado conxunto.
  • Xuntanza de confraternización en Oira con xantar, postos alternativos, actividades paralelas, …

Pontevedra:

  • Manifestación conxunta da CGT e a CNT que sairá da Praza da Ferreiría, ás 13:00.

Vigo:

  • CARTEL_CGT_Vigo_1maio2014Manifestación unitaria que sairá ás 11:00 horas da Praza de Fernando o Católico (Urzaiz) e finalizará na Porta do Sol, convocada pola CGT xunto con outras organización sindiciais: CNT, CUT, Intersindical, Sindicato de Elevación, STEG, e Sindicato de Xornalistas.
  • Posteriormente, a partir das 14 horas, a CGT, xunto coa Oficina de Dereitos Sociais de Coia e a Rede Solidaria Popular, organizan os actos que se celebrarán na Plaza do Pobo – Cristo da Victoria de Coia: un xantar fraternal, con distintas actuacións musicais a partir das 15 horas, cos grupos Ostia Padre, Dr.Zaius, Dram, Perros Norteños e a Banda de Gaitas O Torreiro de Priegue (Nigrán), e un mitin coa intervención dun representante de cada sindicato e plataforma social presentes.

 

1º Maio en Pontevedra

O Primeiro de Maio, a CGT de Pontevedra-Arousa manifestarase polas rúas de Pontevedra, conxuntamente coa CNT.
A manifestación sairá ás 13:00h da Praza da Ferrería, seguindo o recorrido habitual ata a Alameda, diante da sub-delegación do goberno, onde terá lugar o acto-mitin de peche, coa intervención de representantes das dúas centrais sindicais anarcosindicalistas.

 

Manifestación do Primeiro de Maio na Coruña

SKMBT_C22014042218200O vindeiro Primeiro de Maio, a CGT volverá a saír en manifestarse polas rúas da Coruña. A manifestación este ano farase conxuntamente coa CUT, o STEG e o Sindicato da Elevación.
Para a CGT a situación que estamos a sufrir a clase obreira é ignominiosa e insostible. As enormes cifras do desemprego, a constante sangría de dereitos laborais e sociais, os ataques aos servizos públicos como ensino, sanidade, servizos sociais, etc., xunto coa ameaza constante ao sistema público de pensións, a pobreza, os desafiuzamentos, … fan preciso que, máis que nunca, os traballadores e traballadoras expresemos, clara e firmemente, o noso total rexeitamento e activa oposición esta situación para poñer fin a que, ás nosas costas, se siga negociando e xogando cos nosos dereitos e intereses.

Por isto, a CGT da Coruña convoca ao pobo traballador a que participe na manifestación que o próximo Primeiro de Maio sairá ás 12:30 horas da Praza de Pontevedra da Coruña e que rematará na Praza do Humor.

Comité Local da CGT da Coruña

 

Novas mobilizacións dos traballadores e traballadoras do telemarketing na Coruña

A Sección Sindicais da CGT da Coruña en Extel e Atento están a impulsar e traballar en novas mobilizacións e accións de loita dos traballadores e traballadoras do telemarketing.

extel_mani_web

Tanto Movistar como as súas contratas Extel e Atento, seguen sen atender as xustas reivindicacións dos traballadores e traballadoras que levan realizados xa tres paros dunha hora por quenda no primeiro trimestre do ano. Por iso, os comités de empresa de Extel e Atento na Coruña teñen decidido intensificar a loita e trasladar as nosas protestas máis alá de cada centro de traballo.
Movistar está dedicando moito esforzo publicitario en vender a imaxe dun traballador sorrinte, próximo e satisfeito do seu traballo para facer énfase nas bondades, calidade e satisfacción dos servizos de atención ao cliente. Pero a realidade laboral é ben distinta: despidos e sancións inxustos e miserables, cambios caprichosos e constantes de horarios; falta de formación, acoso diario, insalubridade e estado deficiente das instalacións, … En xeral, ameazas desprezables co ánimo de sementar o medo que provoque a submisión absoluta: calar e obedecer.
Por iso, os traballadores de Extel e Atento están convocados o vindeiro 7 de abril, a secundar un paro de dúas horas por quenda, de 11 a 13 e de 18 a 20 horas. Ese día de paros se celebrarán manifestacións, ás 11 e ás 18 horas, que partirán de cada centro de traballo para se xuntar diante da sé central de Telefónica (na rúa do marqués de Amboage, zona Catro Camiños). os compañeiros de Extel e Atento sairemos en manifestación, cada un dende o seu centro de traballo, para xuntarnos en perfecta Fusión diante do edificio de Movistar da rúa Marqués de Amboage (zona Cuatro Caminos. Como xa sucedeu no paro do pasado día 7 de marzo, todos os centros de traballo de Atento e Extel en España están convocados a secundar os paros. O Comité de Empresa de Telefónica na Coruña ten aprobado unha resolución na que amosan o seu apoio solidario aos paros convocados en Atento e Extel.
Previamente, os traballadores e traballadoras de estas empresas subcontratadas de Movistar, realizarán concentracións conxuntas en protesta pola situación laboral que están a padecer. Terán lugar diante da tenda de Movistar da praza de Pontevedra, o martes 1 de abril, ás 12:00 horas, e o xoves 3 de abril ás 19:00 horas.

 

26 M, Manifestación pola Sanidade Pública

A CGT de Pontevedra fai un chamamento a súa afiliación e á toda a poboación pontevedresa para participar na próxima Manifestación en defensa da Sanidade Pública, que terá lugar na nosa cidade, o día 26 de marzo, ás 20:00h, dende o Hospital Provincial, e denunciar a política de privatización, recortes, desinvestimentos e despidos na sanidade.

CGT Pontevedra – Comité Local

 

A CGT de Galicia estará en Madrid coas Marchas da Dignidade.

Cartel 22M gallegoDous centos de compañeiros e compañeiras da CGT de Galicia participarán o vindeiro sábado en Madrid na Manifestación de peche das Marchas da Dignidade 22M. Os militantes confederais, xunto con centos de persoas de diferentes colectivos, partirán na madrugada desde diferentes puntos da xeografía galega en varios trenes, autobuses, coches particulares, … para demostrar a vontade de loita da clase traballadora fronte ao «gravísimo deterioro das condicións de vida do pobo, provocado porque os poderes financieiros e os seus lacaios, os representantes políticos, están destruíndo as conquistas que tanto suor e mesmo sangue custaron«.

Milleiros de persoas encherán de dignidade e loita as rúas de Madrid nunha grande manifestación que a CGT de Galicia e mailo resto da Confederación Xeral do Traballo (CGT) ten impulsado e na que estará presente.

Mais información no blog da Plataforma Galega pola Marcha da Dignidade: Marchas da Dignidade 22M

 

Paros en Atento e Extel na Coruña

O vindeiro venres 7 de marzo, as traballadoras e traballadores subcontratados para os distintos servizos de atención telefónica de Movistar na Coruña continuarán as mobilizacións iniciadas en xaneiro contra os despedimentos, sancións, cambios constantes de horarios, quendas e xornadas, ameazas e presións aos que están a ser sometidos nos últimos meses. No centro de Atento na Coruña, o mércores 5, dous novos traballadores foron despedidos inxustamente e de xeito miserable. Dende setembro son xa once os despedimentos; deles, dez son traballadores dos que Atento xa intentara desfacerse en abril de 2013, nun proceso de despido colectivo que logo, tras varias xornadas de mobilizacións, deixou sen efecto.

extel_despedimentosA xornada de protesta consistirá en paros dunha hora, de 12 a 13 horas e de 19 a 20 horas. Ademais dos centros de Atento e Extel en Coruña, desta vez o paro laboral faise extensivo ao ámbito estatal nestas dúas empresas subcontratadas por Movistar. Durante os paros, os traballadores e traballadoras de Atento na Coruña farán visible a súa protesta diante do centro de traballo escenificando un enterramento simbólico das constantes agresións ás que estamos sometidos por Movistar e as súas contratas. En Extel se realizarán dúas manifestacións (ás 12 e ás 19 horas) polas rúas de Matogrande, partindo da sé da empresa na Coruña. Read More