Crónica da concentración contra a represión

Hoxe a CGT da Coruña fixo unha concentración diante da Delegación do Goberno para denunciar a represión sindical e social que se está a producir en todo o territorio español. A partir das 13:00 horas, unhas 30 persoas xuntáronse para protestar cunha pancarta alusiva. A continuación, entregaron un escrito da Delegación que dicía o seguinte:

Sr. Delegado do Goberno en Galicia
A Coruña

Queremos trasladarlle e, a través de vostede, ao Goberno que representa, o noso máis absoluto rexeitamento e indignación polas súas políticas de permanentes recortes de dereitos e liberdades á cidadanía, que están a empobrecer de xeito dramático á maioría da sociedade, xerando situacións de extrema necesidade que non estamos dispostos a consentir.

O incremento da represión policial e xudicial que están vostedes levando a cabo contra as persoas máis coherentes e activas da clase traballadora e dos movementos sociais, supón que no 2014 haxa máis de corenta procesos penais abertos contra manifestantes e folguistas, aos que se lles pide dende as fiscalías máis de cento corenta anos de cárcere e infinidade de multas económicas inasumibles, todo iso sen probar a súa implicación nin culpabilidade. Read More

 

Concentración contra a represión sindical e social

A CGT da Coruña convoca para o próximo martes, día 30 de setembro, ás 13:00 horas, unha concentración diante da Delegación do Goberno da Coruña (Praza de Ourense) unha concentración de protesta encontra da política de represión que o goberno está a levar a cabo con aqueles que protestan, criminalizando a disidencia e intentando amedrentar á poboación.

Nos últimos dous anos, se ven producindo a persecución de persoas que se mobilizan en contra deste sistema inxusto e desapiadado, por facer piquetes, por opoñerse a desafiuzamentos, por resistirse á arbitrariedade policial, por manifestarse contra as chamadas autoridades, etc. así, agora mesmo hai varios centos de persoas procesadas. No caso concreto da CGT, hai 52 persoas reprimidos en varios graos (peticións de prisión de ata 7 anos para algúns, de 2 e 3 anos para outros e multas de diversas contías para o resto). Para este sindicato, esta situación non se pode consentir e hai que denunciar a situación e opoñerse a ela, mostrando a solidariedade cos afectados e reclamando o desestimento da fiscalía deste sumarios e a paralisación destas políticas.

Comité Local da CGT da Coruña

 

 

Concentración de Zara Loxística diante da mutua La Fraternidad

huelga-zara-cgtOs compañeiros e compañeiras da CGT en Zara Loxística chaman a secundar a concentración convocada polo Comité de Empresa diante da sede da mútua La Fraternidad, na Avenida do Exército nº12 baixo, que terá lugar o vindeiro venres 12 de setembro, a partir das 10 horas.

A mobilización ven motiva polo reiterado comportamento ruín e indigno da mutua e algún dos seus «profesionais» que ven tratando de xeito miserable e inhumano aos traballadores e traballadoras. O Comité de Empresa, do que fai parte a CGT, chama a todos e todas a participar para demostrar que os traballadores e traballadoras non están dispostos a que se xogue coa súa saúde.

Sección Sindical da CGT en Zara Loxística

 

Concentración contra os despedimentos en Extel na Coruña

A Sección Sindical da CGT en Extel na Coruña ten convocado para o vindeiro mércores unha concentración en protesta polos despedimentos que esta empresa do telemarketing ten executado nos últimos días, con absoluta impunidade e desprezo aos traballadores e traballadoras, baixo a excusa de baixo rendemento.

extel_despedimentosOs compañeiros e compañeiras de Extel veñen sufrindo despedimentos, inestabilidade laboral, perda de incentivos, aumento das sancións, cambios de horarios, peores contratos, … mais a CGT non vai a queda calada ante estos ataques e chama a participar na concentración convocada o mércores 3 de setembro, entre as 15 e as 16 horas, diante da sé da empresa, no edificio Proa en Matogrande.

Cada despedimento é unha agresión, ningunha agresión sen resposta.

Mais info no Blog da Sección Sindical da CGT en Extel na Coruña