Novas mobilizacións dos traballadores e traballadoras do telemarketing na Coruña

A Sección Sindicais da CGT da Coruña en Extel e Atento están a impulsar e traballar en novas mobilizacións e accións de loita dos traballadores e traballadoras do telemarketing.

extel_mani_web

Tanto Movistar como as súas contratas Extel e Atento, seguen sen atender as xustas reivindicacións dos traballadores e traballadoras que levan realizados xa tres paros dunha hora por quenda no primeiro trimestre do ano. Por iso, os comités de empresa de Extel e Atento na Coruña teñen decidido intensificar a loita e trasladar as nosas protestas máis alá de cada centro de traballo.
Movistar está dedicando moito esforzo publicitario en vender a imaxe dun traballador sorrinte, próximo e satisfeito do seu traballo para facer énfase nas bondades, calidade e satisfacción dos servizos de atención ao cliente. Pero a realidade laboral é ben distinta: despidos e sancións inxustos e miserables, cambios caprichosos e constantes de horarios; falta de formación, acoso diario, insalubridade e estado deficiente das instalacións, … En xeral, ameazas desprezables co ánimo de sementar o medo que provoque a submisión absoluta: calar e obedecer.
Por iso, os traballadores de Extel e Atento están convocados o vindeiro 7 de abril, a secundar un paro de dúas horas por quenda, de 11 a 13 e de 18 a 20 horas. Ese día de paros se celebrarán manifestacións, ás 11 e ás 18 horas, que partirán de cada centro de traballo para se xuntar diante da sé central de Telefónica (na rúa do marqués de Amboage, zona Catro Camiños). os compañeiros de Extel e Atento sairemos en manifestación, cada un dende o seu centro de traballo, para xuntarnos en perfecta Fusión diante do edificio de Movistar da rúa Marqués de Amboage (zona Cuatro Caminos. Como xa sucedeu no paro do pasado día 7 de marzo, todos os centros de traballo de Atento e Extel en España están convocados a secundar os paros. O Comité de Empresa de Telefónica na Coruña ten aprobado unha resolución na que amosan o seu apoio solidario aos paros convocados en Atento e Extel.
Previamente, os traballadores e traballadoras de estas empresas subcontratadas de Movistar, realizarán concentracións conxuntas en protesta pola situación laboral que están a padecer. Terán lugar diante da tenda de Movistar da praza de Pontevedra, o martes 1 de abril, ás 12:00 horas, e o xoves 3 de abril ás 19:00 horas.

 

26 M, Manifestación pola Sanidade Pública

A CGT de Pontevedra fai un chamamento a súa afiliación e á toda a poboación pontevedresa para participar na próxima Manifestación en defensa da Sanidade Pública, que terá lugar na nosa cidade, o día 26 de marzo, ás 20:00h, dende o Hospital Provincial, e denunciar a política de privatización, recortes, desinvestimentos e despidos na sanidade.

CGT Pontevedra – Comité Local

 

A CGT de Galicia estará en Madrid coas Marchas da Dignidade.

Cartel 22M gallegoDous centos de compañeiros e compañeiras da CGT de Galicia participarán o vindeiro sábado en Madrid na Manifestación de peche das Marchas da Dignidade 22M. Os militantes confederais, xunto con centos de persoas de diferentes colectivos, partirán na madrugada desde diferentes puntos da xeografía galega en varios trenes, autobuses, coches particulares, … para demostrar a vontade de loita da clase traballadora fronte ao «gravísimo deterioro das condicións de vida do pobo, provocado porque os poderes financieiros e os seus lacaios, os representantes políticos, están destruíndo as conquistas que tanto suor e mesmo sangue custaron«.

Milleiros de persoas encherán de dignidade e loita as rúas de Madrid nunha grande manifestación que a CGT de Galicia e mailo resto da Confederación Xeral do Traballo (CGT) ten impulsado e na que estará presente.

Mais información no blog da Plataforma Galega pola Marcha da Dignidade: Marchas da Dignidade 22M

 

Paros en Atento e Extel na Coruña

O vindeiro venres 7 de marzo, as traballadoras e traballadores subcontratados para os distintos servizos de atención telefónica de Movistar na Coruña continuarán as mobilizacións iniciadas en xaneiro contra os despedimentos, sancións, cambios constantes de horarios, quendas e xornadas, ameazas e presións aos que están a ser sometidos nos últimos meses. No centro de Atento na Coruña, o mércores 5, dous novos traballadores foron despedidos inxustamente e de xeito miserable. Dende setembro son xa once os despedimentos; deles, dez son traballadores dos que Atento xa intentara desfacerse en abril de 2013, nun proceso de despido colectivo que logo, tras varias xornadas de mobilizacións, deixou sen efecto.

extel_despedimentosA xornada de protesta consistirá en paros dunha hora, de 12 a 13 horas e de 19 a 20 horas. Ademais dos centros de Atento e Extel en Coruña, desta vez o paro laboral faise extensivo ao ámbito estatal nestas dúas empresas subcontratadas por Movistar. Durante os paros, os traballadores e traballadoras de Atento na Coruña farán visible a súa protesta diante do centro de traballo escenificando un enterramento simbólico das constantes agresións ás que estamos sometidos por Movistar e as súas contratas. En Extel se realizarán dúas manifestacións (ás 12 e ás 19 horas) polas rúas de Matogrande, partindo da sé da empresa na Coruña. Read More