A Confederación Xeral do Traballo inicia na Coruña o seu XVII Congreso Confederal reivindicando o seu modelo alternativo fronte á institucionalización de CC OO e UGT e anuncia mobilizacións para a defensa das pensións e os dereitos laborais e sociais
A reivindicación dun modelo sindical combativo, fronte á política do Goberno e os recortes laborais e sociais, protagonizou a apertura do congreso confederal da CGT, que se desenvolverá ata este domingo no Paraninfo da Universidade da Coruña.
É a mensaxe que expresou hoxe o secretario xeral, Jacinto Ceacero, fronte a máis de 450 delegados e delegadas do sindicato chegados de todo o estado español. Así, a CGT representa un anarcosindicalismo alternativo, fronte á institucionalización e burocracia que representan os sindicatos ‘maioritarios’ CC OO e UGT.