La CGT de Pontevedra – Arousa se encuentra inmersa en un proceso de rechazo, reflexión y debate sobre todo lo ocurrido en torno al XVII Congreso (procesos pre-congresual y congresual). Read More
Manifestación en Madrid contra a destrución do ferrocarril público
O sábado, 30 de novembro, a CGT e o SF convocan unha manifestación en Madrid contra a decisión do goberno de segregar RENFE e dividr ADIF, nun proceso de desmantelamento do servizo público ferroviario cara a privatización definitiva deste servizo público, que terá como consecuencia a perda das condicións de traballo e a destrución do emprego.
A CGT de Galicia está a organizar o transporte para a asistencia á manifestación. Os interesados deberán poñerse en contacto coas sedes sindicais das distintas localidades.
9 de novembro, Xornada de Loita «Salvemos as pensións!»
Dentro da iniciativa conxunta que levan adiante as organizacións sindicais CGT, CUT, CNT, STEG, SF-INTERSINDICAL E COG en defensa do sistema público de pensións, o vindeiro sábado, día 9, celebraránse varias manifestacións e concentracións en distintas localidades galegas.
Dende a CGT facemos un chamado a secundar as mobilizacións convocadas nas distintas cidades baixo o lema «Salvemos as pensións».
Os actos convocados son os seguintes:
- Na Coruña: Manifestación dende a Praza de Portugal, ás 12:30 horas.
- En Ourense: Concentración ante a Subdelegación do Goberno (Parque de San Lázaro), ás 11:00 horas.
- En Compostela: Manifestación dende a Porta do Camiño, ás 11:30 horas.
- Na cidade de Vigo, a manifestación terá lugar o xoves 21 de novembro, con saída da Praza de Fernando o Católico, ás 20:00 horas.
CGT contra a mafia empresarial de Mercadona
A CGT de Pontevedra convoca, para este mércores, día 6 de novembro, ás 18:00h, unha concentración diante do Mercadona da Avenida de Vigo O motivo da concentración e a protesta polas prácticas antiobreiras desta empresa e o despedimento, en Málaga, de Fran, o Secretario da Sección Sindical da CGT recén constituida. Reproducimos o texto que a CGT de Pontevedra repartirá ante as portas de Mercadona este día. Read More
A CGT en Correos na Coruña denuncia o desmantelamento do servizo público postal
No ano 2013 Correos reducíu na Coruña o número de barriadas sin carteiro, chegando xá a 17 na cidade ; barriadas que os carteiros restantes tendrán que asumir. O martes dia cinco de novembro Correos iniciará na Coruña a segunda etapa de desmantelamento do servizo público , esta vez no centro da cidade herculina.
Efectivamente, os barrios do centro da cidade resultarán afectados, o eliminar Correos oito carteiros dos 46 que diariamente servían o centro da cidade, quedando pois reducidos a 38 traballadores; que, como bós profesionais, tentarán seguir levando un servizo público e de calidade. Obviamente esta pérda de oito traballadores ocasionarán bastantes inconvenientes e carencias que os coruñeses tendrán que reclamar a Correos, …dende Montealto ( eliminan 1 carteiro), a Cidade Vella, Pescadería ( eliminan 2 carteiros), … pasando polo Ensanche, zona comercial e resto ate os Mallos (eliminan 5 carteiros).
Manifestación contra o saqueo das pensións
Os sindicatos CUT e CGT convocan unha manifestación, dentro das mobilizacións unitarias pactadas para toda Galicia, en defensa do sistema público de pensións e en protesta contra os recortes que está levando a cabo o goberno actual, que non só recorta dereitos sociais aos pensionistas facéndolles pagar parte dos medicamentos e servizos médicos, senón que ten a intención de endurecer os requisitos para ter dereito a pensións e rebaixar, mediante o cambio dos sistema de cálculo, os importes iniciais da pensión. A isto lle temos que engadir o cambio no sistema de revalorización das pensións, que provocará unha rebaixa real e un deterioro das condicións de vida dos anciáns, xa baqueteados pola chamada crise.
A manifestación se celebrará o día 9 de novembro, sábado, e sairá ás 12:30 horas da Praza de Portugal e rematará diante da Delegación do Goberno.
Os sindicatos convocantes fan un chamamento ao pobo coruñés para que se sume a esta convocatoria e fagan chegar a súa protesta na rúa contra estas medidas inhumanas.
CGT da Coruña
Concentración contra as prácticas antiobreiras de Mercadona
A CGT da Coruña convoca, para o próximo mércores, día 6 de novembro, ás 18:00 horas, unha concentración diante do Mercadona da Avenida de Xeneral Sanjurjo, 152.
O motivo da concentración e a protesta polas prácticas antiobreiras desta empresa, caracterizada polo acoso aos traballadores e a represión de calquera iniciativa de defensa dos seus dereitos.
A última é o despedimento, en Málaga, de Fran, o Secretario da Sección Sindical da CGT recén constituida, tras abrirlle un expediente sancionador a toda velocidade.
Para a CGT, cada despedimento é unha agresión e non a vai consentir a impunidade do presidente de Mercadona, acostumado a manexar aos traballadores coma nunha prantación escravista.
CGT da Coruña
En defensa das pensións
Aos estragos que está a causar o goberno do PP no mundo do traballo e nos dereitos sociais, con continuos despedimentos e a perda de dereitos económicos e laborais, destrución de servizos públicos como educación, sanidade, dependencia, transportes, vivenda,… únese agora o ataque ao sistema de pensións, con recortes de prestacións e medidas que poñen en perigo a súa subsistencia.
Ante esta situación as organizacións sindicais CUT, CNT e CGT, están a manter reunións para organizar mobilizacións conxuntas nas principais cidades de Galiza, pola consecución dun sistema de pensións que garanta a xubilación dos traballadores e traballadoras en condicións dignas.
Estes sindicatos fan un chamamento a colectivos sociais e organizacións de traballadores/as para unirse a estas mobilizacións co fin de conseguir entre todos poñer freo a esta nova agresión á clase traballadora.
CGT de Galicia
Mobilizacións contra a privatización do ferrocarril na Coruña
A CGT da Coruña, fai un chamamento á participación nas mobilizacións que teñen sido convocadas en defensa dun ferrocarril público e social na comarca da Coruña.
O vindeiro venres, 25 de outubro, está convocada unha Concentración da Plataforma en defensa do tren da Coruña e as Mariñas en protesta polo plan de privatización do ferrocarril, que terá lugar ás 19:00 horas na estación de ferrocarril da Coruña.
Ademais,  a mesma Plataforma en defensa do tren da Coruña, na que a CGT da coruña participa, convoca unha Manifestación o domingo día 27 de outubro en Betanzos, dende a estación do tren de Betanzos Cidade ata a Praza do Vampo, onde terá lugar un acto reivindicativo. O punto de reunión será na estación da Coruña,  para irmos ata Betanzos no tren que sae da Coruña ás 11:00 da mañá.
Desde a Plataforma se rexeitan os recortes en materia ferroviaria, así coma a destrución e precarización do emprego no sector.
 Â
Remata o XVII Congreso Confederal da CGT na Coruña
O sindicato aprobou no seu Congreso Confederal que se celebra na Coruña non participar nos cursos de formación subvencionados, fronte ao modelo ‘burocratizado’ de CC OO e UGT
O próximo 24 de outubro, a Confederación Xeral do Traballo (CGT) sairá á rúa contra a reforma das pensións e pola defensa de pensións dignas e suficientes para todos/ás, nunha xornada de loita en todo o estado español. O mesmo día en que secundará a Folga Xeral convocada en todo o sector educativo, contra a LOMCE. Este mes de outubro, a CGT irá á folga ademais no ferrocarril, contra a división de Renfe e Adif, os días 28, 29, 30 e 31.
Trátase dunha serie de mobilizacións nas que o sindicato participa xunto a outras organizacións sindicais e sociais coas que comparte obxectivos fronte á agresión das políticas do Goberno e da Troika. Precisamente, a confluencia con estas organizacións afíns, tanto a nivel nacional como internacional, é un dos puntos que se debaten nesta segunda xornada congresual, onde se acordou rexeitar as subvencións por parte de organismos públicos nos cursos de formación. A CGT desmárcase así do modelo burocratizado dos sindicatos CC OO e UGT, na actualidade implicados en casos de corrupción, como os EREs en Andalucía. A xuíza Alaya admitiu finalmente a personación particular do CGT neste caso, que tamén compareceu no caso Bárcenas.
Neste XVII Congreso participaron uns/ás 450 delegados/ás da CGT de todo o territorio, que conta con máis de 80.000 afiliados/ás e uns cinco mil delegados/ás en todo o estado. O sábado seguiron debaténdose as liñas de acción sindical e social dos próximos catro anos. CGT convocou a mais de medio milleiro de persoas nunha Manifestación na Coruña baixo o lema ‘Construíndo a autoxestión’, como alternativa ás continuas agresións do capital. A marcha saiu ás 20 horas dende a praza de María Pita e rematou na de Pontevedra. Hoxe domingo, na clausura, elixiuse o novo secretario xeral, cargo para o que se presentou unha soa candidatura, a do representante sindical do sector ferroviario José Manuel Muñoz Poliz.