Tras agardar un tempo prudencial para ter unha maior información sobre os feitos acaecidos, o pasado 13 de agosto solicitamos aos presidentes de ambos comités e a todas as organizacións sindicais que os componen, unha Reunión urxente cun único punto na Orde do Día: – Resolución e accións a tomar por ambos Comités ante o accidente de Santiago de Compostela de 24 de xullo. Todos os demais sindicatos teñen rexeitado a citada reunión, aludindo a que é demasiado cedo para nos pronunciar sobre os feitos sucedidos.
A nosa intención ao solicitar esta reunión, era que os comités, cumplindo coa súa responsabilidade, emitiran unha resolución e un pronunciamento público para manifestar o seu parecer sobre o ocurrido, como traballadores e traballadoras coñecedores da realidade das instalacións, dos trenes e a súa seguridade, ante as versións que con máis o menos acerto foron aparecendo. E aínda mais, ante os ataques que se produciron ao noso compañeiro por parte dos máximos responsables de ambas empresas e algúns medios de comunicación, sen que se teña saído na súa defensa.
Non podemos entender a actitude, do resto dos sindicatos con representación no ámbito provincial, impedindo que se celebrara esta reunión e mantendo ao comité nun clamoroso silencio cómplice coas empresas.
Na CGT creemos lamentable esta actitude e así o decimos, para eles é demasiado cedo e para nós é demasiado tarde.
Read More